Calendario
Info da proba

Cacheiras

06/05/2023 17:30 - 19:00
Regulamento CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2023 CONCELLO DE TEO
A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 6 de maio de 2023 en
horario de mañá e tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 202 3 - Concello de Teo.
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará, como na pasada edición, a tradición de
conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba
absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron
para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de
historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de
Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da
reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras.
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo (https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2023/05_ReglamentoCompeticion.pdf).
Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben
adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán
realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.
2. CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
PARTICIPANTES CON ACOMPAÑAMENTO (proba non competitiva)
SUB 6 (proba non competitiva): atletas nadas/os nos anos 2018 e posteriores
SUB 7 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2017
SUB 8 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2016
SUB 10 (benxamín) : atletas nadas/os nos anos 2014 e 2015
SUB 12 (alevín): atletas nadas/os nos anos 2012 e 2013
SUB 14 (infantil): atletas nadas/os nos anos 2010 e 2011
SUB 16 (cadete): atletas nadas/os nos anos 2008 e 2009
SUB 18 (xuvenil): atletas nadas/os entre 2006 e 2007
SUB 20 (jun.) - SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 2001 e 2005
SÉNIOR: atletas nadas/os en 2000 e ata máster 1
MÁSTER 1 H/M: atletas de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 2 H/M: atletas de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 3 H/M: atletas de 50 a 55 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 4 H/M: atletas de 56 ou máis cumpridos ata o día da proba
3. HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá o día sábado 6 de maio de 2023 no
lugar da Torre – Cacheiras. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais,
nais...). *Salvo a categoría SUB 6 (proba non competitiva) e excepcións pactadas coa
organización.
Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:
CARREIRA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
ESCOLARES
(Sábado 6 de
maio)
10.30
PATICIPANTES CON ACOMPAÑANTE
(PROBA NON COMPETITIVA)
150 m aprox.
(1 volta ao circuíto vermello)
10.40 SUB 6 (PROBA NON COMPETITIVA)
150 m aprox.
(1 volta ao circuíto vermello)
10.45 SUB 7 (prebenxamín) 300 m aprox.
(2 voltas ao circuíto vermello)
11:00 SUB 8 (prebenxamín) 300 m aprox.
(2 voltas ao circuíto vermello)
11.15 SUB 10 (benx) 1100 m aprox.
( 1 volta ao circuíto amarelo)
11:30 SUB 12 (alev) 1100 m aprox.
( 1 volta ao circuíto amarelo)
11:45 SUB 14 (inf) 1400 m aprox.
(1 volta ao circuíto verde)
12.05
SUB 16 (cad.) –
SUB 18 (xuv.) 2.800 m aprox. (2 voltas ao circuíto verde)
12.45 ENTREGA DE TROFEOS PROBAS ESCOLARES
ABSOLUTA
(Sábado 6 de
maio)
17:30 SUB 20 - SUB 23, SÉNIOR E MÁSTER 9000 m aprox.
19.00 ENTREGA DE TROFEOS PROBA ABSOLUTA
4. INSCRICIÓNS
* Todas as persoas participantes (ESCOLARES E ABSOLUTOS) nas carreiras deberán
correr cun dorsal-chip. *Excepto a categoría SUB 6 e a de participantes que necesitan
acompañante e que son non competitivas, de todas maneiras para participar nestas
dúas carreiras hai que anotarse igualmente cubrindo o formulario en liña.
 CARREIRAS ESCOLARES (de sub 6 ata sub 18) ata o mércores 3 de maio de 2023 ás
23:59 horas no formulario de inscrición en liña presente na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
 CARREIRA ABSOLUTA: (Júnior sub 20, promesa sub 23, sénior e máster) ata o mércores 3 de maio de 2023 ás 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA
PREZOS DE INSCRICIÓN:
 CARREIRAS ESCOLARES (nadas/os a partir do 2006): GRATUÍTA
 CARREIRA ABSOLUTA (sub 20 – sub 23 , sénior e máster): 6,00 €
A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web
www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881
978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.gal .
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE
PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE
INSCRICIÓN.
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
CAMISETA CONMEMORATIVA
Todas/os as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
 Probas escolares (sábado 6 de maio): a partir das 09.30 horas no lugar de saída e
ata 30’ antes da súa proba.
 Proba absoluta (sábado 6 de maio): a partir das 16.00 horas no lugar da meta (nave
de Augas de Teo en Montouto) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o
horario de autobuses establecido pola organización.
 Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea
debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será
automaticamente descualificado.
6. SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA:
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o
necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses:
Carreira absoluta: a partir das 16:00 h, o último sairá ás 17.00 h
Andaina: priemeiro autobús das 16,00 horas.
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta. (nave de Augas de Teo
en Montouto).
7. TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS:
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e
mulleres). Excepto as categorías SUB 6 e con acompañantes que son probas non
competitivas.
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos
seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír a
proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres,
(deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a
participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o
trofeos.
› Premios económicos de 300 €, 200 € e 100 € os tres equipos federados que rematen a
proba con máis participantes na liña de meta.
› Vale mensual para acceso á Piscina Municipal da Ramallosa ao primeiro e primeira
clasificado/a empadroado/a en Teo na proba absoluta.
› 3 invitacións de acceso á Piscina Municipal o/a primeiro/a clasificado/a empadroado/a en
Teo en cada categoría.
Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.
A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos
puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente
(imprescindible facer a inscrición como club). Haberá equipos masculinos e femininos nesta
clasificación.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas,
deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada
(santiago@atletismo.gal)
8. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto
no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA, por esta
orde, en vigor para probas en ruta.
9. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no pavillón dos Tilos.
10.DEREITOS DE IMAXE
O/a participante nas carreiras autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso
garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a participante
admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as participantes en
calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, dvd,
internet, carteis, medios de comunicación, etc.).
Todos os dereitos de imaxe pertencen á organización (Concello de Teo).