Calendario
Info da proba

Arteixo

01/05/2023 11:45 - 13:15
Regulamento REGULAMENTO XXIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO.
Ideoloxía:
A carreira popular do Concello de Arteixo ten por obxectivo seguir a fomentar a
práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis
saudable, a través desta nova edición.
Neste ano 2023, despois de catro anos de ausencia no calendario de carreiras
populares, a proba que se viña celebrando no Concello de Arteixo retoma a súa
andadura. Nesta edición colaborarase co banco de alimentos Rías Altas favorecendo
que todas as persoas que desexen axudar voluntariamente a esta entidade, podan
facelo doando o que considere cada quen, con alimentos non perecedoiros
preferentemente (leite, cacao, fariña, azucre, aceite, conservas, cereais para o
almorzo, salsa de tomate, leite infantil e potiños infantís) na carpa habilitada para tal fin
no día da carreira.
Todas as persoas que libremente estean interesadas, tamén poderán colaborar coa
Entidade Stop Leucemia, Fundación contra o Cancro Hematolóxico, dirixíndose á
carpa que terán situada preto da saída e meta.
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
HORARIO:
10.00 h Pre-benxamín 200 metros aprox.
10.30 h Benxamíns e Alevíns 960 metros aprox.
10.45 h Infantil-Cadete-Xuvenil 2.800 metros aprox.
11.30 h Categoría Especial (persoas con diversidade funcional) 200 metros aprox.
11.35 h Participantes en cadeira de atletismo e handbike 11.700 metros aprox.
11.45 h Sénior en diante 11.700 metros aprox.
LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes
CATEGORÍAS CARREIRA LONGA:
 Séniors (Masculino e feminino): nados entre 2005-1989 ambos incluídos.
 Veteranos/as A (Masculino e feminino): nados entre 1988-1973 ambos incluídos.
 Veteranos/as B (Masculino e feminino) : nados entre 1972-1959 ambos incluídos.
 Veteranos/as C (Masculino e feminino): nados en 1958 e anteriores.
RESTO DE CATEGORÍAS E PROBAS:
 Pre-benxamín: persoas nadas entre 2016-2018 ambos incluídos.
 Benxamín: persoas nadas nos anos 2014 e 2015 homes e mulleres.
 Alevín: persoas nadas nos anos 2012 e 2013 homes e mulleres.
 Infantil: persoas nadas nos anos 2010 e 2011 homes e mulleres.
 Cadetes: persoas nadas nos anos 2008 e 2009 homes e mulleres.
 Xuvenil: persoas nadas nos anos 2006 e 2007 homes e mulleres.
 Cadeiras de atletismo e handbike.
 Categoría especial, persoas con diversidade funcional, (persoas nadas en 2018 e
anteriores).
2
A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo organiza a XXIII Carreira
Popular Concello de Arteixo. Os percorridos das distintas categorías serán os seguintes:
Carreira de pre-benxamíns: Hora: 10.00 horas. Distancia 200 metros aprox.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de categorías.
 Percorrido: Dende a entrada no aparcadoiro do Campo de fútbol ata o IES Manuel
Murguía e volta.
 Non portarán chips.
 Está terminantemente prohibido o acompañamento ás persoas participantes por parte
doutras alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser
autónomas na realización do percorrido.
 Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha
proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos.
CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns) Hora: 10.30 horas. Distancia: 960 metros aprox.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
 Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.
 Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. A maiores
haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres de cada categoría, benxamín e alevín.
CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís): Hora: 10.45 horas Distancia: 2.800 metros aprox.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
 Percorrido: Ida e volta, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata a
primeira ponte pola que pasa a estrada xeral.
 Haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres, en cada categoría.
 Tempo límite para rematala 20´.
Carreira categoría especial. Hora: 11.30 h. Distancia 200 metros aprox.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de atletas.
 Percorrido: Dende aproximadamente a entrada do aparcadoiro do Campo de fútbol ata
o lugar de saída da carreira absoluta.
 A organización non dispón de persoal de atención directa ás persoas participantes,
debendo estas ser autónomas ou ter acompañante que axude no desenvolvemento da
proba.
 Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha
proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos.
CIRCUÍTO C (Sénior en diante e cadeiras de atletismo e handbike): cadeiras de atletismo e
handbike: 11.35 horas Distancia: 11.700 metros aprox. Sénior en diante 11.45h.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
 Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O
Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Ervedíns, Marciñado, O
Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e
chegada ao Pazo dos Deportes.
 Haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres, en cada categoría da carreira sénior.
 Haberá clasificación e trofeos para as tres primeiras persoas clasificadas en handbike e
as tres primeiras persoas clasificadas en cadeira de rodas, sen distinción de xénero.
 Tempo límite para rematala 90´.
3
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas
ou propoñer a modificación das bases, circunstancias que serán comunicadas ás persoas
participantes coa suficiente antelación, a través da web municipal e da web
www.championchipnorte.com
INSCRICIÓNS:
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, si ben tanto para entidades
deportivas como para centros escolares, existe a posibilidade de realizar inscricións grupais:
- Os centros escolares poden poñerse en contacto no correo:
consulta@championchipnorte.com para que se lles habilite a conta pertinente desde a
que realizar a inscrición.
- As entidades deportivas poden crear un usuario desde o que dar de alta aos
participantes na proba desde o seguinte enlace:
https://ccnorte.com/registro/club?next=/perfil/datos-deportivos/
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
 As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as
categorías.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, gratuitamente.
 MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o luns 24 de abril,
ás 23.59 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a
devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
 A persoa inscrita autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa
solicitude expresa por escrito no rexistro municipal en calquera dos medios recollidos
no artigo16.4 da Lei de Procedemento Administrativo 39/2015.
 Non se permitirá a participación en máis dunha proba.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
 O sábado 29 de abril en horario de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h e o domingo
día 30 de abril en horario de 10.00h a 14.00h, na piscina municipal de Arteixo.
 O mesmo día da proba ( 1 de maio) no Pazo dos Deportes dende as 8.30h ata media
hora antes do inicio de cada proba. Recoméndase chegar con antelación suficiente
para evitar colas de última hora.
 Unha vez finalizada a proba, as persoas participantes non propietarias de chip non
terán que devolver o chip xa que a organización facilitou o chip desbotable que
estará colocado no dorsal.
 Para a retirada do dorsal, a todas as persoas participantes, poderáselles solicitar que
acrediten a súa identidade á hora de recoller o dorsal, con calquera dos seguintes
documentos oficiais:
o Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial.
o Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.
CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte.
TROFEOS E PREMIOS:
 Recibirán trofeo as 3 primeiras persoas clasificadas da proba sénior longa, tanto en
homes como mulleres, ademais das tres primeiras persoas clasificadas das diferentes
categorías de veteranos, tanto en homes como en mulleres.
4
 Os trofeos non serán acumulativos. Os tres primeiros clasificados masculino e
feminina non recibirán trofeo, de ser o caso, na súa categoría específica.
 As 3 primeiras persoas clasificadas en categorías benxamín e alevín, tanto en homes
como mulleres recibirán trofeo e todos os participantes medalla conmemorativa.
 As 3 primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías na categoría InfantilCadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
 Trofeo ao corredor/a de maior idade que remate a proba.
 Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no
municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer
constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo
deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
 Recibirán trofeo as 3 primeiras persoas clasificadas en handbike e as tres primeiras
persoas clasificadas en cadeira de rodas, sen distinción de xénero.
 Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
 Farase entrega dos mesmos en dous bloques, o primeiro ao finalizar as probas de
categorías base e o segundo ao remate da proba da carreira sénior longa.
 Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
 As persoas participantes na proba pre-benxamíns recibirán unha medalla
conmemorativa.
 Todas as persoas participantes na categoría especial recibirán unha medalla
conmemorativa.
 Anunciarase por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de
cada carreira estean colocadas ao público.
 Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
poderán perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha
causa xustificada deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun
prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega
posterior do premio. Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo.
 A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.
CONDICIÓNS XERAIS:
 A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a
celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de
novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da
vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do
seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
 Os e as atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a
todos os efectos usuarios e usuarias normais da vía.
 É obrigatorio correr pola marxe dereita das rúas de Arteixo.
 A organización da proba resérvase o dereito de modificar os percorridos por causas de
forza maior, así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen
que exista dereito a reclamar ningunha compensación.
 Suspenderase a proba sempre e cando haxa unha alerta meteorolóxica en terra no
ámbito territorial da proba, de nivel igual ou superior a laranxa ou causa de forza maior.
 A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das
neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
 Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de
saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
 A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou
imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
 Non se permitirá o acompañamento de animais ás persoas participantes durante a
proba.
5
 Non se permitirá o acompañamento de cadeiras ou carros de bebés ou similar por
parte dos participantes durante a proba.
 Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións,
esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A
organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias
así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo
resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A
participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
 É obrigatorio levar o dorsal claramente visible durante todo o percorrido da carreira.
 Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento ás persoas
participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
 A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como
ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira o persoal sanitario seguirá o
desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus
servizos.
 A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de
persoas voluntarias de diversas entidades de Arteixo.
 Facilitarase servizo de duchas e gardarroupa, que estarán situadas no Pazo dos
Deportes.
 Estará a disposición das persoas participantes un servizo de fisioterapia.
 Haberá un “coche escoba” para quen non estea en condicións de finalizar a proba.
 Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas
webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno.
CATEGORÍA CADEIRAS DE ATLETISMO E HANDBIKE.
Poderán participar en handbike ou cadeira de atletismo, sendo estas categorías
independentes, todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos neste
regulamento e que sexan maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa
participación en esta modalidade. O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior
Deberán presentarse na carpa de control 60 minutos antes do inicio da proba para pasar o
control de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os
seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco,
chasis, bandeira de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.
DESCUALIFICACIÓNS: A descualificación na proba pode ser polos seguintes motivos:
o Por deterioro físico. Nestes casos a decisión será tomada pola organización da proba a
instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será inapelable.
o Non levar o dorsal visible durante todo o percorrido ata a súa entrada na meta.
o Non atender as indicacións da organización.
o Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo.
o Non inscribirse na proba.
o Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun chip. Serán descualificadas
ambas as persoas.
o Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
o Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
o Participar con acompañamento de cadeiras ou carros de bebés ou similar por parte dos
participantes durante a proba.
o Realizar a proba con acompañamento de animais.