Calendario
Info da proba

Cospeito

07/05/2023 11:00 - 12:45
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización
O Concello de Cospeito organiza a II Carreira Popular Concello de Cospeito. A proba organizarase o
vindeiro domingo 7 de maio, con saída en Muimenta e discorrerá por vías asfaltadas e de terra, a meta será
no núcleo poboacional de Feira do Monte.
Artigo 2: Participación
A proba estará aberta a todo atleta, federado ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios
O circuíto percorrerá vías asfaltadas e de terra, e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados
pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización e estará sinalizado en cada
punto quilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Muimenta, dende a Praza Maior, e a meta estará no núcleo de Feira do
Monte, diante da Casa do Concello. A organización porá a disposición dos participantes da proba un
servizo de autocares para trasladar ós deportistas dende a zona de meta á saída.
O servizo de autocares comezará ás 10h, sendo o último servizo ás 10:30h
CATEGORÍAS ANO DE
NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
(APROX)
PITUFOS (2017 e posteriores) 12:30 H 150m
PROMOCIÓN (2014 - 2016) 12:35 H 600m
SUB 12 (2012 - 2013) 12:40 H 1.500m
SUB 14 (2010 - 2011) 12:40 H 1.500m
PROMESA (2006 - 2009) 12:40 H 1.500m
SUB 20-23 (2001 - 2005) 11:00 H 14.500m
SENIOR (1989 - 2000) 11:00 H 14.500m
MASTER A (1984 - 1988) 11:00 H 14.500m
MASTER B (1979 - 1983) 11:00 H 14.500m
MASTER C (1974 - 1978) 11:00 H 14.500m
MASTER D (1973 e anteriores) 11:00 H 14.500m
Artigo 4: Peche de control
O control da chegada na proba absoluta pecharase 90’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de participación
• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo.
• A inscrición pecharase o xoves 4 de maio ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o día da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.”
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en
man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
• Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o dorsal ou manipular o mesmo.
 Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo. Os dereitos
de inscrición na proba de menores serán GRATUÍTOS, na carreira de adultos terás un custe de 3 euros,
a contía recadada irá destinada á Asociación Española contra o cancro AECC.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello
de empadroamento, telefono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberá sinalarse se corre como popular
ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 7: Retirada de dorsais
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización diante da Casa do Concello, ata
45’ antes da saída de cada proba, de onde sairán os buses cara a saída da proba absoluta.
Artigo 8: Premios
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos coma femininos.
• Trofeo ao primeiro atleta empadroado en Cospeito, tanto de categoría masculina como feminina.
• Na categoría PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos nin se farán
clasificacións nesta categoría.
• Nas carreiras de menores darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros
clasificados, tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será diante da Casa Consistorial, aproximadamente ás 13:00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes.
As persoas participantes gozarán dos seguintes servizos.
• Aparcadoiro gratuíto, ata a ocupación das prazas existentes.
• Baños na zona de saída e de chegada.
• Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un
vehículo transportará ata a liña de meta.
• Servizo de autocares. A organización poñerá a disposición das persoas participantes na proba un
servizo de autocares para trasladar ás persoas participantes dende a zona de meta á saída.
• O servizo de autocares realizará o primeiro servizo ás 10h, sendo o último servizo ás 10:30h. Prégase
a todas as persoas participantes que non agarden ao último servizo posto que poderán ir abrigados e
despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
• Recollida de dorsais, imperdibles e chips.
• Vestiarios e duchas no pavillón municipal en Feira do Monte.
• Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
• Avituallamento líquido no km 5 e no km 10 para a carreira de adultos.
• Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores, para que os pais e nais poidan gozar
da carreira.
• Os participantes poderán degustar un pequeno convite ao rematar as carreiras mentres se realiza a
entrega de premios.
• Ambulancia con médico. Todos os accidentes acontecidos durante o desenvolvemento da proba
deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose
necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio coa compañía de seguros que
corresponda.
Artigo 10: Seguro
Todas as persoas participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar de
competición ou desde o mesmo.