Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2023 10:00 - 11:30
Regulamento XIV CARREIRA PEDESTRE DE OUTES
REGULAMENTO
A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XIV Carreira Pedestre
de Outes, que terá lugar o mércores 17 de maio de 2023 a partir das 10:00, con saída e
chegada na Praza de Galicia, na localidade de A Serra de Outes.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA DE SAÍDA
1OK
VETERANOS C de 1963 e anteriores 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS B de 1973 ata 1962 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS A de 1983 ata 1972 10.000 metros 10:00 horas
SENIOR de 1984 ata 2000 10.000 metros 10:00 horas
PROMESA 2001-2005 10.000 metros 10:00 horas
3K
ABSOLUTA 2005 E ANTERIORES 3.000 metros 11:30 horas
XUVENIL 2006-2007 3.000 metros 11:30 horas
CADETE 2008-2009 3.000 metros 11:30 horas
1K
INFANTIL 2010-2011 1.000 metros 12:00 horas
ALEVÍN 2012-2013 1.000 metros 12:00 horas
MENORES (CAMPO MUNICIPAL DE O CONCHIDO)
BENXAMÍN 2014-2015 450 metros 12:20 horas
PREBENXAMÍN 2016-2017 225 metros 12:25 horas
PITUFOS 2018-2019 100 metros 12:30 horas
CHUPETES 2020 e posteriores 50 metros 12:35 horas
INSCRICIÓNS
Ata as 23:59 h do domingo 14 de maio a través da web de championchip
(www.championchipnorte.com).
Para as categorías participantes na carreira de 10km e Carreira Absoluta de 3Km a
inscrición terá un custo de 4 euros para os non propietarios de chip (2 euros alugueiro + 2
euros de inscrición + 5 euros de fianza que serán devoltos na mesma tarxeta ca que se
realizou o pago unha vez procesados e comprobados os chips. ), e de 2 euros para os
propietarios de chip amarelo. As persoas da carreira absoluta (10 Km e 3km) que
marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.
Para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto
correspondente na inscrición.
Os nenos das categorías de chupetes, pitufos, prebenxamín e bexamín tamén
deberán inscribirse a través de championchip (si quedan fóra do prazo de inscrición
poderán participar igual na carreira inscribíndose o mesmo día no lugar de recollida de
dorsais que terá lugar no Pavillón Polideportivo de A Serra de Outes). Nestas categorías
todos os participantes inscritos pola web recibirán premio por chegar a meta.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de
championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico
consulta@championchipnorte.com.
DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade,
Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), enderezo electrónico de contacto (se o ten),
Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se está
empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios locais (non vale estar
vivindo en Outes, hai que estar empadroado).
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de
10 Km como as carreiras curtas de 3Km e 1Km, non serán admitidas.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo de A Serra de Outes, dentro do campo de fútbol,
poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na
que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais
nin chips fóra dese prazo. Na Praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas
carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450
metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
PREMIOS
Medallas (medallóns de chocolate) para todos os participantes nas categorías chupetes,
pituf@s, prebenxamins e benxamíns. Estas categorías non recibirán premios por
categoría
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás chupetes, pitufos,
prebenxamins e benxamíns (nestas categorías todos levarán medalla).
Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral de 10 Km e para a carreira absoluta de
3Km.
• Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral de 10 Km e na carreira absoluta de
3Km. (Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós
premios locais, é preciso estar empadroados).
Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: alevín, infantil, cadete e xuvenil.
Trofeo para os tres primeiros clubs na carreira absoluta 10K (puntuando os 4 mellores
tempos, tendo que ser polo menos un destes na categoría feminina).
Trofeo para o club con máis participantes.
Non haberá premios económicos. Os trofeos non serán acumulativos.
CONTROL DA CARREIRA
As condutas que se considerarán antirregulamentarias do/a atleta polas que poden
ser descualificados son as seguintes:
• Non levar o dorsal perfectamente colocado.
• Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
• Non realizar o percorrido da carreira completo.
• Non atender as indicacións dos membros da organización.
• Entrar fóra da hora prevista pola organización.
• Realizar a inscrición alterando os datos de maneira maliciosa.
• Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe
electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal
antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón.
Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao
rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na
mesa de entrega de dorsais ou a chegada na liña de meta onde se colocarán unhas
caixas para a súa recollida).
• Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser
considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
• O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non
autorizados será motivo de descualificación.
CLÁUSULAS ADICIONAIS
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan
responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a
outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con
motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
- É obrigatorio devolver o chip.
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba.
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na
metade do percorrido.
- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de
que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- A entrega de trofeos está prevista para as 12:50 h dentro do pavillón polideportivo de
Outes.
- Os corredores poderán utilizar os vestiarios do pavillón e os vestiarios do campo de
fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase segundo estime a organización.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que
presencien a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público,
organización e a proba en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.