Calendario
Info da proba

Cangas

02/06/2023 22:30 - 23:30
Regulamento Artigo 1. INFORMACIÓN XERAL
A “Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico” ADICAM, coa colaboración
do Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra organizan a Carreira/andaina “Luces de
ADICAM ”, o venres 2 de xuño de 2023 ás 22:30 da noite.
“Luces de ADICAM” consiste nunha carreira e nunha andaina en conxunto (correndo e
camiñando), non competitiva, aínda que daremos uns premios aos tres primeiros postos, de modo
simbólico, nas dúas categorías de carreira (feminina e masculina).
O percorrido será polo centro urbano de Cangas e terá un total de 5,3 quilómetros
aproximadamente. É unha ruta sinxela de baixo nivel para que poida acudir toda a familia. En
base a isto, calcúlase que se tarda arredor dunha hora, camiñando, en facela.
Artigo 2. DATA, LUGAR E RUTA
Levarase a cabo o Venres 2 de xuño de 2023. A SAÍDA será ás 22:30 da noite e a CHEGADA
estimase ás 23:30. A ruta será a que segue, sendo o punto de partida na Avenida 25 de Julio, PO551 (á altura do semáforo da praza de abastos) dirección á rotonda da ondiña, onde se dará a
volta pola Avenida 25 de Julio (invadirase a calzada), pasaremos pola Estación de Autobuses e
polo paseo marítimo ata o Peirao de Ojea. A continuación pasarase por detrás do Concello e irase
camiñando polo paseo marítimo por toda a praia de Rodeira ata a “garita” (sen invadir a calzada).
Despois disto, damos volta na Garita e imos ata a praza de San Xoán, Avenida Félix Ozámiz (sen
invadir a calzada) e iremos pola carreteira na avenida Méndez Núñez, avenida de Castelao e
Eugenio Sequeiros. A continuación chegaremos á Casa da Bola que é onde se atopa a META.
Artigo 3. OBXECTIVO
O Obxectivo do evento e promover unha actividade saudable, en familia e sensibilizar á poboación
sobre o Cancro de mama e xinecolóxico e a importancia de colaborar de xeito altruísta para poder
axudar ás mulleres diagnosticadas por esta enfermidade.
ADICAM é unha Asociación que axuda ás mulleres diagnosticadas de cancro de mama e
xinecolóxico ofrencéndolles servizos gratuítos de psicoloxía, asesoramento en traballo social,
nutrición e estética, fisioterapia, exercicio físico adaptado, orientación laboral, asesoramento
legal, servizo de préstamo de perrucas e podoloxía entre outros. Tamén promove a prevención
con hábitos saudables e a detección precoz.
O recadado irá integramente destinado á Asociación de Diagnosticadas de Cancro de
Mama e Xinecolóxico e empregarase en concepto de seguro de accidentes, dorsais,
imperdibles, bolsa de avituallamento e agasallos para todos os participantes. Ademais, utilizarase
como unha achega para manter a calidade e gratuidade dos servizos anteriormente descritos, así
como dar unha maior visibilidade ao noso labor.
Invitámosvos a colaborar e a participar nesta iniciativa solidaria, onde o pasaremos moi ben cunha
mestura de deporte, ilusión e altruísmo.
Artigo 4. REQUISITOS
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, maiores de idade e menores de idade
tutelados. As persoas participantes menores de idade deberán cumprimentar unha autorización
paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar, deberá facerse a través da páxina
web expresada no apartado inscricións. No caso de non presentar dita autorización na citada
páxina, non será posible a participación na proba.
PARA PARTICIPAR É OBRIGATORIO INSCRIBIRSE NA CARREIRA/ANDAINA.
Artigo 5. INSCRICIÓNS
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición abrangue dende o 26 de abril .ata o Martes 30 de Maio de 2023 ás 12:00 h
da mañá ou ata que se esgoten as prazas.
Modo de Inscrición
• En liña: Páxina Web, aportando os datos persoais na web da la Federación Galega de
Atletismo.
• O pago efectuarase na propia Páxina Web mediante tarxeta.
• Na nosa sede de Cangas facilitaremos a inscrición a través da Páxina Web a aquelas
persoas que non teñan facilidade ou aceso para facer este trámite.
• A inscrición implica a aceptación deste Regulamento e as súas condicións.
Prezo
• 5€ a andaina, para persoas maiores de 10 anos.
• 7€ a carreira, para persoas maiores de 10 anos.
• Menores de 10 anos, hai que inscribilos, pero a súa inscrición será gratuíta.
• Disporemos dun DORSAL CERO, para a xente que desexe COLABORAR cun DONATIVO e
que non poida participar.
• En tódalas categorías poderase doar voluntariamente unha cantidade maior á da cota.
Artigo 5. CATEGORÍAS
Establécense dúas categorías para os que se van presentar á carreira:
• Feminina.
• Masculina.
Artigo 7. AGASALLOS
Darase coa recollida do dorsal unha bolsa a cal contén, unha botella de auga, unha pulseira, un
alimento non perecedoiro e unha luz. Ademais, na metade da carreira, haberá un posto de
avituallamento.
Artigo 8. DORSAIS
Dorsais
A retirada dos dorsais efectuarase dende o Luns 29 de Maio ata o venres 2 de xuño na sede de
Adicam, sita na Rúa Valentín Losada nº1 1º en horario de mañá, de 10:00 a 15:00 e en horario de
tarde os Luns e Martes de 17:00 a 19:00. Ademais, no mesmo día da carreira, nas inmediacións da
“Casa da Bola”, habilitaremos unha mesa de 18:00 a 20:00 para este efecto.
Artigo 9. AVITUALLAMENTO
Haberá un posto de avituallamento na Garita da praia de Rodeira.
Artigo 10. CONSELLOS
Aconséllase levar roupa e calzado cómodo, actitude positiva e moitas ganas de pasalo ben.
Artigo 11. RESPONSABILIDADE
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes coas coberturas
mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993, de 4 de xuño, polo que se determinan as prestacións
mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo, subscritos pola Asociación ADICAM.
Artigo 12. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
A organización gardarse o dereito a modificar horarios e/ou percorridos, así como a aprazar ou
suspender o evento se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
No caso de que para o día da celebración do evento se decrete unha alerta laranxa, buscarase
unha nova data, adecuada para desenvolvela, polo que non se devolverán os cartos da inscrición.
As persoas que durante o transcurso da carreira/andaina circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización e/ou monitores da andaina, considéranse a todos os efectos
usuarias normais da vía, polo que non nos facemos responsables.
Toda persoa que participe sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non estará
amparada polos seguros do evento.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais
que así mesmos ou a outras persoas ocasionen as participantes no evento.
En calquera caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da
carreira/andaina aos participantes que non cumpran coas normas ou molesten a outros
participantes.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización, e non
está permitido o acompañamento das persoas participantes mediante o uso de vehículos de
apoio.