Calendario
Info da proba

Rianxo

11/06/2023 10:30 - 14:00
Regulamento Artigo 1.
A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo,
organiza a quinta edición do TRAIL SUBIDA PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO,
coa finalidade de promover esta modalidade deportiva. Paralela ao Trail, e co fin de
fomentar hábitos saudables, terá lugar unha andaina non competitiva cun percorrido similar
ao do Trail. O evento non é federado.
Artigo 2.
A proba celebrarase o domingo 11 de xuño de 2023. A distancia é de aproximadamente
22 km cun desnivel acumulado de 671 m.
Artigo 3. Sedes e Programa
Sede 1.
Pavillón polideportivo de Taragoña
• 8 h. Entrega de dorsais andaina e servizo de gardarroupa.
• 9 h. Saída da andaina.
• 9 h. Entrega de dorsais e servizo de gardarroupa.
• 10:30 h. Saída do trail.
• 14 h. Fin da proba
Vestiarios, duchas, avituallamento final e entrega de trofeos
Sede 2.
Alto do Pico Muralla
• Punto intermedio e avituallamento
Sede 3
Alto do Castro Barbud
Artigo 4. Participación e categorías
Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para poder optar a algún
dos premios será condición indispensable ter rematado a carreira.
Trail: as categorías serán as seguintes (teranse en conta os anos cumpridos o día do
trail).
• Sénior masculino e feminina: 18-40 años.
• Veteranos/as 1 : 41-55 años.
• Veteranos/as 2 : 56 e maiores.
Andaina: categoría única. Poderán participar persoas a partir dos 14 anos (teranse en
conta os anos cumpridos o día da andaina). Entre os 14 e 18 anos precisarase
autorización por escrito dos proxenitores.
Non se permite levar animais de compañía.
Artigo 5. Inscricións
Prazo:
Ata o mércores 7 de xuño de 2023 ás 22 h. Non se aceptarán inscricións fóra de
prazo ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo:
Andaina: 3 €.
Trail: 8 €.
Límite prazas: 250 prazas para o trail e 250 para a andaina.
Artigo 6. Clasificación e trofeos
As reclamacións aos resultados oficiais da carreira deberán formularse verbalmente á
Organización, non máis tarde de 10 minutos despois da súa publicación. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en
vigor para cada caso. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o
descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Serán motivo de descualificación:
• Correr co dorsal doutra persoa.
• Non estar inscrita na proba e participar nela.
• Realizar a inscrición alterando os datos.
• Non atender as indicacións da organización.
• Manifestarse con conduta antideportiva e/ou contra o medio ou se reitere en
protestas ante a organización.
• Toda participante que non realice o percorrido completo.
• O acompañamento das participantes con vehículos de apoio.
A organización do evento está facultada para retirar, durante a proba, a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico por indicación do servizo médico.
Recibirán trofeo :
1. Os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta.
2. Os tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
3. A primeira e primeiro corredor/a local.
4. A corredora e corredor máis veteranos.
Os premios son acumulables, podendo levar mais dun trofeo unha mesma persoa
participante.
Para a andaina non se fará clasificación nin haberá trofeos.
Artigo 7. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Vestiarios e duchas
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Publicación dos resultados
Taboleiro anuncios pavillón polideportivo municipal de Taragoña
emesports.es
Artigo 8. Información
• emesports.es
• concelloderianxo.gal
• facebook do servizo de deportes do Concello de Rianxo
• facebook de Trail Pico Muralla
Para máis información ou calquera dúbida relacionada coa organización do evento,
poderán chamar aos teléfonos 629 869 217 (Barbantia Roda) ou no 981 866 381 (Servizo
de Deportes do Concello de Rianxo).
Artigo 9. Outras consideracións
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes coas
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
A proba conta cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico.
A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade (alerta
laranxa, IRDI -Índice diario de risco de incendio-. No caso de suspensión buscarase unha
nova data e non se devolverán os cartos da inscrición.
As persoas participantes que, durante o transcurso da carreira/andaina, circulen por fóra do
espazo delimitado polos vehículos de sinalización/monitores para a carreira ou andaina,
considéranse a todos os efectos usuarias normais da vía.
Toda persoa que corra/ande sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do tórax, e non se poderá
facer nel ningunha modificación.
A organización e as persoas colaboradoras non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen as participantes na carreira.
Artigo 10. Aviso Legal
L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA
Mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos á organización para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
clasificacións da proba. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a
interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición mediante escrito ou correo electrónico á organización.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA e
RFEA.