Calendario
Info da proba

Ferrol

20/05/2023 21:00 - 22:00
Regulamento Artigo 1: Organización:
A II CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA, organizada polo concello de Ferrol co
control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo,
terá lugar o sábado 20 de maio de 2023 a partir das 20:00 horas as categorías
de menores e das 21.00 h as categorías absolutas. A proba está suxeita ás
seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 900
atletas absolutos e 500 atletas de categorías de menores, federados ou non,
sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón
de unha condición física suficiente para rematar a proba. A Organización ten
subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos
os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que
realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido da proba absoluta será de 5.000 metros aproximadamente, e
discorrerá polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas
proximidades da Praza de Armas.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a
este regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal
do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do
percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación
dos corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán
seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización,
que irán debidamente identificados.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá
os correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.
7.- Categorías : Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
II CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA . ABSOLUTA. 21:00 horas
Sub 20: Nacidos/as no ano 2004 e 2005
Sub 23: Nacidos/as no ano 2003 – 2002 - 2001
Sénior Nacidos/as no ano 2000 ata o 1988
Master A Nacidos/as en 1987 ata 1982
Master B Nacidos/as en 1981 ata 1973
Master C Nacidos/as en 1972 ata 1963
Master D Nacidos/as 1962 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
II CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA .CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2007 - 2006 20:45 2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2009 - 2008
Sub 14 Nacidos/as no 2011 - 20010 20:30 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2013 - 2012
Sub 10 Nacidos/as no 2015 - 2014 20:15 800 mts
Sub 8 Nacidos/as 2016 – 2017 - 2018 20:00 250 mts
Peques Posteriores o 2018 * despois da saída
da absoluta
(21:00)
50 mts
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de
peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será
avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a
carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de
continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e
sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a
organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer
(Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais.
Inscricións. O custo será de 5 euros para maiores de 18 anos, e de balde para
resto das categorías.
Establecerase o “dorsal 0” para todas aquelas persoas interesadas en
colaborar e que non poidan acudir o evento.
As inscricións poderán efectuarse a partir do día 2 de maio ata as 22.00 h do
día 16 de maio a través da páxina www.carreirasgalegas.com ou ata o fin de
dorsais.
Poranse a disposición das persoas interesadas un máximo de 900 dorsais para
as categorías absolutas e 500 para as de menores.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, marca en 10k (para organizar as quendas de saída)
concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club.
Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un
teléfono e persoa de contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso
facilitarase o número de licenza e o club.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a
autorización da inscrición da carreira do menor.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no
momento da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da
discapacidade recoñecida. Os atletas da categoría de invidentes, deberán
proporcionar os toda a información citada anteriormente da persoa que
actuará como guía.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Retirada de Dorsais. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar
ao longo do venres 19 de 16:30 a 20:30, o sábado 20 de 9.30 a 13.30 no Pavillón
polideportivo da Malata así como o sábado tarde dende as 16:00 horas na
Praza de Armas.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da
participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha
inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que
deleguen.
Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados
masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores
agás a categoría peques. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a
carreira. Estimase sobre ás 22:15 h.
Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que
se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia
ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición
ou desde o mesmo.
Artigo 9: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender
e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do
regulamento, a decisión quedará en mans da organización. Dado o espírito
estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o
regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
1. Non respectar as indicacións dadas pola organización.
2. Non realizar todo o circuíto da carreira.
3. Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
4. Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
4 -Cadeiras de rodas e handbike. As cadeiras deberán ter un mínimo de 2
rodas grandes e 1 pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de
rodas de paseo, que non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores
toquen o chan durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme
ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante
toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor
sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
5,- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar
cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola
organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a
organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía
deberá estar por detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser
dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben
correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa
ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo
de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor
poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle
impulso. A infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se
empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en
ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
6- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan
responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes
nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas.
7.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que
discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de
decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste
regulamento.
8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e
a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De
igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente
que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións
respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de
carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo
electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de
Armas s/n, 15402 Ferrol, .
Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega
de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular
de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico
á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13- 15008 A Coruña .
Artigo 9: Servizos para os participantes: Non se disporá de gardarroupa e
servizo de duchas.