Calendario
Ver carrera

Negreira

05/11/2023 11:00 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
ARTIGO 1.- PARTICIPANTES
Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados
ou non. A proba negreiresa está inscrita no calendario INTERNACIONAL II de
carreiras en ruta.
ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes na XLII CARREIRA POPULAR DE
NEGREIRA quedará aberto dende o venres 28 de setembro ata ás
22:00 h. do mércores 1 de novembro. A partir da citada data non se
admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba,
teñen a obriga de inscribirse neste enlace. (soporte técnico: 654 285
692 – Email: soporte@emesports.es).
*IMPORTANTE:
Para participar na 1ª Carreira (DENDE CADETE ATA SUPERVETERANOS)
5.000 m. (Homologada) e a 2ª Carreira (DENDE XUNIOR ATA
SUPERVETERANOS) 10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar
a cantidade de 8 €/participante unha vez que fagan a solicitude de
inscrición, dende o 28/09/2023 – 13/10/2023, e 10
€/participante dende o 14/10/2023– 01/11/2023.
Nota: Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa
carreira (5 K. ou 10 K.)
Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e está incluída no
Calendario Oficial da FGA, estando rexida polo Comité Galego de Xuices.
e mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que os
seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de
nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), serán enviados á RFEA
para a xestión das licencias de día, resultados e ranking. A posesión da
licencia garantiza que o corredor participa cuberto por un seguro de
responsabilidade civil e de accidentes.
En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o
interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito o correo electrónico ó
programa Carnet Corredor da Real Federación Española de Atletismo.
Avda. de Valladolid, 81 – 28008 Madrid. E-mail: rfea@rfea.es
ARTIGO 3.- DORSAIS
Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, que o teñen que
recoller no Patio do C.E.I.P. O Coto (na liña de saída) dende as 8:30 h. ata
½ hora antes de cada proba ó día da Carreira. Tamen poden recollelo o
dia anterior na PRAZA DO CONCELLO na CARPA DA CARREIRA en
horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
Os dorsais e o chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocado
o dorsal no peito sen manipular nin doblar. Os xuices da proba e a
organización reservaranse a facultade de descalificar o infractor que,
comprobará calquera irregularidade por algún corredor, non leve visible
o seu dorsal, ou manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos facilitados
á organización ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu
D.N.I. ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, non
facilite á Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do
seu correspondente clube, puidendo ser sancionados en caso contrario.
A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo
Colexio Oficial de xuices e cronometradores da F.G.A. polas
circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas
as reclamacións deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A.
ARTIGO 4.- CATEGORÍAS
• Chupete F/M: Nados/as en 2018 e posteriores.
• Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2016 e 2017.
• SUB 10 – Benxamín F/M: Nadas/os en 2014 e 2015.
• SUB 12 – Alevín F/M: Nadas/os en 2012 e 2013.
• SUB 14 – Infantil F/M: Nadas/os en 2010 e 2011.
• SUB 16 – Cadete F/M: Nadas/os en 2008 e 2009.
• SUB 18 – Xuvenil F/M: Nadas/os en 2006 e 2007.
• SUB 20 – Xunior F/M: Nadas/os en 2004 e 2005.
• SUB 23 – Promesa F/M: Nadas/os en 2001, 2002 e 2003
• Senior F/M: Nadas/os en 1989 ao 2000.
• Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o dia
da proba.
• Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o dia
da proba.
• Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o dia
da proba.
• Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o dia
da proba.
• Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.
ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO (Carreira 10 K.)
Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse
co seu D.N.I. ou Pasaporte. (Mesma cantidade tanto homes como
mulleres)
PREMIOS ABSOLUTA
1 – 900 €
2 – 500 €
3 – 300 €
4 – 200 €
5 – 100 €
6- GranTrofeo
ATLETAS GALEGOS * Deben ser atletas nacidos en Galicia (acumulable)
(Mesma cantidade tanto homes como mulleres)
1 – 200 €
2 – 100 €
3 – 50 €
ATLETAS LOCAIS
1 – 100 €
2 – 50 €
3 – 40 €
* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía
EQUIPOS FEDERADOS
1º – 400 €
2º – 200 €
3º – 100 €
CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES
1.- 300 € (en material escolar*)
*O material deberá ser mercado en establecementos de Negreira.
ARTIGO 6.- TROFEOS E REGALOS
• Na 2ª Carreira 10 K. (DENDE XUNIOR ATA
SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros
clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres.
Os 6 primeiros homes clasificados na xeral tamén obterán trofeos,
así como as 6 primeiras mulleres na xeral.
Todos os participantes que cheguen á meta, recibirán unha BOLSA DE
CORREDOR*.
• Na 1ª Carreira 5 K. (DENDE CADETES ATA
SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros
clasificados da categoria Cadete e Xuvenil e Absoluta así como os
locais tanto en homes como en mulleres. Todos os participantes
obterán unha BOLSA DE CORREDOR*.
• Na 3ª Carreira (ALEVÍN-INFANTIL) : Todos os participantes
recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
• Na 4ª Carreira (BENXAMÍNS) : Todos os participantes recibirán
unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
• Na 5ª Carreira (PREBENXAMÍN) : Todos os participantes recibirán
unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
• Na 6ª Carreira (CHUPETES) : Todos os participantes recibirán unha
medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
*BOLSA DE CORREDOR: Composta por Bolsa de Polyester, Camiseta
Técnica, Pastel, Batido, Bebida isotónica.
ARTIGO 7.- PREMIOS ESPECIAIS
Haberá un premio para o corredor de maior idade, participante na
Carreira 10 K., que chegue a meta dentro do tempo límite (home e
muller).
ARTIGO 8.- SISTEMA DE PUNTUACIÓN E
CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo,
dándolle 1 punto o 1º, 2 puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos
teña será o vencedor. O empate resolverase según o disposto no
regulamento da IAFA.Para poder optar ó premio os equipos federados,
no momento da inscrición, deberase presentar o certificado da
federación, acreditando os membros do equipo.
ARTIGO 9.- PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan
a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de
comunicación e ou internet. Mediante a súa inscrición, o corredor
consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola
organización (RFEA e Concello de Negreira) para comunicacións sobre
as suas actividades. En todo caso, e tal e como establece a Lei de
Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico ao Departamento de Deportes do Concello de Negreira, Rúa
san Mauro, 11 s/n. 15830 Negreira;
culturadeportes@concellodenegreira, ou ben a RFEA.
ARTIGO 10.- CLASIFICACIÓNS E FOTOGRAFIAS
As clasificacións e fotografías, publicaranse en diferentes medios de
comunicación da provincia así como en revistas especializadas e páxinas
de Internet como:
http://www.concellodenegreira.gal
http://www.correrengalicia.org/
http://www.atletismogalego.org/
http://www.carreraspopulares.com/
http://www.emesports.es
Na paxina oficial de facebook da Carreira:
Carreira Popular Negreira
ARTIGO 11.- ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a 6ª carreira, a entrega de premios será no C.E.I.P. O Coto (nas
proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.
ARTIGO 12.- RECLAMACIÓNS
As posibles reclamacións serán presentadas ante o Comité de Competición, quen
resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.
ARTIGO 13.- DESCALIFICACIÓNS
– Por deterioro físico do atleta.
– Por abandono do circuito delimitado para a proba.
– Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a sua extensión
(no peito durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
– Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por
participar con máis dun dorsal ou chip.
– Por realizar a inscrición con datos alterados.
– Por no atender as indicaciones da Organización ou xuices.
– Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos
definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós
participantes.
Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa
o que figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta
situación, o atleta será descalificado automáticamente.
Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos
que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación
destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o
presentes Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da
Organización.
COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira
COMITÉ DE COMPETICIÓN: Real Federación Española de Atletismo e Federación
Galega de Atletismo.
ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
1.- Caixóns de saída por marcas ( dorsais por cores ).
2.- 3 globos (lebres ) -40´ – 45´ -50´ (Carreira 10 K.)
3.- Servicio de cronometraxe por chips – Emesports
4.- Bolsa do corredor (bolsa, camiseta técnica, batido, pastel, bebida
isotónica).
5.- Fotografía profesional.
6.- Servizo de gardaroupa.
7.- Servizo de gardería.
8.- Servizo de duchas ( autobús dende a liña de Saída/Meta )
9.- Avituallamentos líquidos ( Km. 3,5 e 8,5 ) e en META ( froita , etc…)
10.- Avituallamento en Meta : Bolsa do corredor , froita e auga.
11.- Kilómetros marcados.
12. – Carreira 10 K. e 5 K. CON DISTANCIAS HOMOLOGADAS

[ Go Back ]