Calendario
Ver carrera

Bueu

11/11/2023 19:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción XXVI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO
BUEU 2023
1) PRESENTACIÓN.
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do servizo de deportes do concello de Bueu
organiza o sábado 11 de novembro a XXVI Carreira Pedestre de San Martiño.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó. En
primeiro lugar, a partir das 17:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e
posteriormente, ás 19:00 horas disputarase a carreira de 6 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).
● Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías.
● Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e soamente se tomará a
referencia dos tres primeiros clasificados.
Categorías:
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2018 a 2021
MINIBENXAMÍN 2016 a 2017
BENXAMÍN 2014 a 2015
ALEVÍN 2012 a 2013
INFANTÍL 2010 a 2011
CADETE 2008 a 2009
Categorías e horarios
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Alevín feminino 700 metros 17:00 h
Alevín masculino 700 metros 17:10 h
Infantil masculino/feminino 1000 metros 17:20 h
Benxamín feminino 500 metros 17:35 h
Benxamín masculino 500 metros 17:45 h
Cadete masculino/feminino 2000 metros 17:55 h
Minibenxamín masculino 300 metros 18:15 h
Minibenxamín feminino 300 metros 18:25 h
Chupete (conxunta) 100 metros 18:35 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
**Ver percorridos ó final do regulamento
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “F”).
● Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km. de percorrido (1 Km. ida e 1 Km.
volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) ó que se darán 3 voltas, para así
completar os 6 Km. dos que consta a proba absoluta.
● Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Massó
● Poderán participar tódalas persoas maiores de 15 anos que o desexen. O corredor/a debe
estar ben preparado fisicamente para a carreira, gozar de boa saúde xeral, sen padecer
ningunha enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación
en dita proba.
● O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física,
psíquica e deportiva.
Categorías absolutas
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2006 a 2007 (DE 16 A 17 anos*)
SENIOR 1984 a 2005 (DE 18 A 39 anos*)
VETERÁN “A” 1983 a 1979 (DE 40 A 44 anos*)
VETERÁN “B” 1978 a 1974 (DE 45 A 49 anos*)
VETERÁN “C” 1973 a 1969 (DE 50 A 54 anos*)
VETERÁN “D” 1968 a 1964 (DE 55 A 59 anos*)
VETERÁN “E” 1963 a 1959 (DE 60 A 64 anos*)
VETERÁN “F” 1958 e ANTERIORES (65 E SUPERIORES*)
*Anos cumpridos a 31 de decembro de 2023.
Horarios
CATEGORÍA DISTANCIA HORARIO**
Absoluta 6000 metros 19:00 h
**Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
2.3.- NORMATIVA PARA TÓDALAS CARREIRAS.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
● Disporase de servizo de duchas no pavillón municipal Pablo Herbello.
● A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
● Quedará descualificado/a desta proba toda persoa que:
o Non complete a totalidade do recorrido.
o Deteriore ou ensucie o entorno.
o Non leve o seu dorsal ben visible.
o Desatenda as indicacións da organización.
o Non cumpra o presente regulamento
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por causas de forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización,
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
● A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como
dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de
toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
● Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un
seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición
figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
3) INSCRICIÓNS.
● As inscricións faranse na web https://ccnorte.com/cun costo de 6€ por participante
para a categoría absoluta de 6 Km. que inclúe o dorsal, camiseta conmemorativa
(para aquelas inscricións feitas antes do xoves 2 de novembro ás 23:59), froita e
bebidas.
● As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da
mesma páxina. Excepcionalmente aceptaranse inscricións na categoría chupete ata
30 minutos antes de comezar a proba.
● A data límite de inscrición será o 7 de novembro.
● Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
● A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta
non puidera participar.
4) PERCORRIDO
● Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km de percorrido . (1 km ida e 1
km. Volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar).
5) ENTREGA DORSAIS
● Dende as 16:00 do mesmo día da carreira no entorno de meta/saída e ata 30
minutos antes de cada proba.
6) ENTREGA DE PREMIOS.
● Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
● Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non
acumulativos)
● Absoluta: Recibirán os seguintes premios en metálico, tanto na categoría feminina
como masculina:
1º Clasificad@: 100€
2º Clasificad@: 75€
3º Clasificad@: 50€

[ Go Back ]