Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vigo
26/11/2023
10:15 - 13:45
[
Go Back
]
Descripción
44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través
Regulamento:
1º - O Comesaña Sporting Club organizará en Vigo o próximo día
26 de novembro,
patrocinio do Concello de Vigo, máis a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, o “44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en
San Andrés de Comesaña, “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.
(Participación exclusivamente con licenza federativa pas persóas nadas no 2008 ou antes.)
Nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, celebrarase conxuntamente a“Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” clasificatoria para os Ctos. Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade.
2º-O control oficial das carreiras correrá a cargo do persoal da entidade organizadora e máis daquelas persoas que presten a súa voluntaria colaboración coa organización.
3º - O horario de saída das carreiras (metraxe aproximado) será o seguinte:
10:15 Sub-20/Sub-18 masculina (Nados anos: 2004/2005 e 2006/2007) 4.180 m.
10:40 Sub-20/ Sub-18 feminina (Nadas anos: 2004/2005 e 2006/2007) 3.121 m.
11:00 Sénior/ Sub-23 masculina (Nados anos: 2000 ou antes e 01/02/03) 8.750 m.
11:45 Sénior /Sub-23 feminina (Nadas anos: 2000 ou antes e 01/02/03) 7.040 m.
12:15 Sub-16 (Cadete) masculina (Nados anos: 2008, 2009 é 2010) 2.020 m.
12:35 Sub-16 (Cadete) feminina (Nadas anos: 2008, 2009 é 2010) 2.020 m.
12:50 Sub-14 (Infantil) masculina (Nados anos: 2010, 2011 é 2012) 1.530 m.
13:05 Sub-14 (Infantil) feminina (Nadas anos: 2010, 2011 é 2012) 1.530 m.
13:15 Sub-12 (Alevín) masculina (Nados anos: 2012, 2013 e 2014) 933 m.
13:25 Sub-12 (Alevín) feminina (Nadas anos: 2012, 2013 é 2014) 933 m.
13:30 Sub-10 (Benxamín) mascu. (Nados anos: 2014, 2015 e 2016) 667 m.
13:35 Sub-10 (Benxamín) femin. (Nadas anos: 2014, 2015 é 2016) 667 m.
4º -
As inscricións (indicando federado ou Xogade), faranse dixitalmente en: http://comesana.org/
pechándose as mesmas o 22 de novembro as 20:00 h.
Aqueles atletas que non teñan acceso ao sistema, poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Nestas inscricións farán constar: Nome do club, (si non é independente), nome e apelidos, ano nacemento, sexo é número de licenza federativa, pechándose por estes medios o día 21 de novembro.
5º - Para admitir as inscricións (estranxeiros incluidos), deberase ter dilixenciada
licenza federativa para a tempada 2023
.
Sub-16(Cadetes) e menores, alomenos, estar dados de alta para a tempada 2023/24, en Campo a Través do Programa Xogade.
6º - En tódalas carreiras haberá unha clasificación por clubs, establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, contabilizando os de menos de catro por club e independentes). En caso de empate, este resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado.
7º - Realizaranse clasificacións individuais
Sénior-Sub-23
(nadas no ano 1999 ou antes, consideraranse coma Sénior), e das categorías:
Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub- 14 (Infantil), Sub-12 (Alevín) é Sub-10 (Benxamín).
8º - Nas carreiras Sénior/Sub-23 de ámbolos dous sexos, outorgaranse os correspondentes trofeos, e compensacións en metálico en concepto de gastos de desprazamento e estancia, aos cinco primeiros postos (
400, 250, 125, 75 e 50 €
), trofeos tamén aos primeiros (alomenos cinco) nas categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil), Sub-12 (Alevín) é Sub-10 (Benxamín). Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.
9º - Todos os números que no abdomen portarán correctamente os atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respetar a publicidade impresa.
10º - Para poder participar, en tódalas carreiras, deberán pasar por Cámara de Chamadas ata 15 minutos antes da hora de saída fixada para a súa carreira.
11º - As reclamacións sobre a competición, verbales ou por escrito, deberán ser presentadas á organización ata 30 minutos logo da publicación dos resultados.
12º - Todo atleta participante estará cuberto, de acordo á reglamentación vixente, polos obrigados Seguros de Accidentes e de Responsabilidade Civil.
13º - O non previsto neste Regulamento, resolverase de acuerdo coas vixentes Normas de Competición de World Athletics.
14º - O feito de inscribirse neste 44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.
[
Go Back
]