Calendario
Ver carrera

Carballedo

04/05/2024 17:00 - 18:30

[ Go Back ]

Descripción I.-NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA PROBA
• Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
• A saída e a meta estará situada na Praza do Concello (V. Portomeñe)
• Non estrá permitido o acompañamento de participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumplir esta normal implicará a descalificación dos
atletas acompañados.
• O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor, sen
poder facer ningunha modificación nel.
• Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
subministrado pola organización, excepto para os propietarios do chip, que
poden utilizar o seu. Este deberá estar atado a zapatilla ou ao cello, mediante
unha cinta.
• Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación da súa
imaxe, nas redes sociais do Concello de Carballedo e na publicidade que, con
ocasión de celebración da proba poda levarse a cabo.
• A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
• A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
• Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
• O percorrido estará debidamente sinalado en todos os cruces e camiños mediante
cintas, spray e/ou persoal voluntario.
• Os participantes obedecerán as instrucións dos membros da organización e dos
controis de paso, tanto no inicio da ruta, como nos cruces e nas estradas
comarcais e locais.
• Deberase prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e
informar o control máis próximo.
• Non se poderá obstaculizar voluntariamente a un corredor.
• En caso de abandono, é obrigatorio avisar a un membro da organización e facer
enrtega do dorsal.
• Será obrigatorio a recollida de dorsais antes da hora de peche do stand habilitado
para facelo.
• E obrigatorio que cada corredor deposite o lixo nos lugares sinalados pola
organización, co fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que transcorre o
itinerario.
• A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
• O descoñecemento deste reglamento non exime do seu cumprimento.
II.-CATEGORIAS
CATEGORIA DE MENORES
Dispuntaranse a partires das 16:00h da tarde nos arredores da Praza V. Portomeñe (A
Barrela). Establécense as seguintes categorias (masculinas e femeninas) coas distancias
(aproximadas) correspondentes:
CHUPETES 2019 e posteriores 100m 16:00 (0-5 anos)
INFANTIL (2014-2018) 400m 16:15 (6-10 anos)
XUVENIL (2009-2013) 800m 16:30 antes 800 (11-15 anos)
CATEGORIA ABSOLUTA (10.000m)
PROMESA nados/as entre 2004 e 2008 (16 a 20 anos)
SENIOR 1985 a 2003 a (21 a 39)
MASTER 40 a 54
MASTER +55 en diante
III.- ANDAINA POPULAR
Terá lugar unha andaina popular con saída a partir das 17:05 con un recorrido de
10000m aprox
IV.-INSCRICIÓNS
Todas as inscricións serán gratuítas e deberanse levar a cabo de forma on-line na
páxina: www.championchipnorte.com
O prazo de inscrición remata o mércores 1 de maio as 23:59h
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Localidade
-Teléfono de contacto
-Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto , non deixalo participar na proba
Nesta VI edición da Carreira Popular de Carballedo establecese un límite de 500
participantes no total das categorias (menores e absoluta) e 500 participantes da
andaina.
Os corredores empadroados en Carballedo deben deixar constancia disto (no momento
de facer a inscrición) para entrar na categoría de corredor local.
V.-PERCORRIDO
A saída estará situada na Praza V Portomeñe, seguiremos dirección Grupo Escolar para
logo adenrarnos en
camiños rurais de terra
polos que transcorrerá a
maior parte do traxecto,
para voltar á vila e alcanzar
a meta despois dun
percorrido de 10.000m
VI.-ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
De maneira presencial o dia da proba (4 de maio) nas inmediación do Concello de
Carballedo de 15:00 a 16:00h necesario DNI ou outro documento acreditativo.
VII.- PREMIOS
• CATEGORIA DE MENORES
-Todos os participantes recibirán unha camiseta (suxeito o tallaxe dispoñible) e unha
bolsa/mochila/outro agasallo (según disponibilidade).
-Haberá trofeo para os tres primeiros atletas de cada categoría (masculina e femenina).
-Trofeo para o corredor de menor idade.
• CATEGORIA ABSOLUTA
Todos os participantes recibirán unha camiseta (suxeito o tallaxe dispoñible)
PREMIOS AO/Á MELLOR CORREDOR/A: (absoluta)
1º(150€) 2º(100€) 3º (75€) masculino
1º(150€) 2º(100€) 3º (75€) femenino
PREMIOS AO/Á MELLOR CORREDOR/A
Trofeo e agasallo para o 1º, 2º e 3º atleta clasificado (masc e fem) en cada categoria.
PROMESA nados/as entre 2004 e 2008 (16 a 20 anos)
SENIOR 1985 a 2003 a (21 a 39)
MASTER 40 a 54
MASTER +55 en diante
PREMIOS AOS/ÁS DEPORTISTAS LOCAIS
Trofeo e agasallo para os deportistas locais (empadroados en Carballedo) que acaden o
1º posto en masculino e femenino.
PREMIOS AO/Á CORREDOR/A DE MAIOR IDADE
Trofeo para o/a corredro/a de maior idade.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Estarán a disposición dos corredores as duchas do polideportivo municipal, a carón das
piscinas municipais. Contarán con avituallamento durante a carreira todos/as os/as
atletas.
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com

[ Go Back ]