Calendario
Ver carrera

Monte Comado

13/10/2024 9:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
TRAIL 12km - TRAIL 26km
VIII TRAIL MONTE COMADO 2024
https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/
__________________________________________
1- EDICIÓN:
 Trail: Oitava
2- ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros.
COLABORAN:
Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa Elena Turismo Rural -
Taxi Valea - Pinturas Centeno - Agrupación Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Trail 12km e trail 26km:
- Senior: Persoas nacidas dende 2008 a 1980, ambos incluidos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1979 ou antes.
3-LUGAR E DATA
Domingo 13 de outubro: Trail 12 km + Trail 26 km
Trail 26 km:
 Saída e meta na praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, ás 9:30h.
 Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída e meta ( praza do
Souto).
Trail 12 km:
 Saída e chegada na praza do Souto de San Miguel deReinante-Barreiros-Lugo, ás 10:30h.
 Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída ( praza do Souto),
ata media hora antes do comezo da proba.
Peches de control:
Trail 12 km: 13:20 horas en meta.
Trail 26 km: 12.30 horas no 3º avituallamento en Comado, 13:30h. en meta.
Entregas de premios:
Trails: 13.15. h. na zona de meta (Praza do Souto San Miguel de Reinante)
4-PERCORRIDO
TRAIL 12km:
 Saída dende a praza do Souto de San Miguel de Reinante (a carón da Estrada Nacional 634),
percorreranse pistas e camiños forestais polas faldas do Monte Comado en Reinante e San Miguel de
Reinante.
 Distancia aproximada 12km. e un desnivel acumulado de 700m. positivos.
TRAIL 26km:
 Saída dende a praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, dende onde se percorreran
pistas e camiños forestais polos montes de San Cosme de Barreiros, San Pedro de Benquerencia, San
Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.
 Distancia aproximada de 26km e un desnivel acumulado de 1400m. positivos.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen.
6- CRONOMETRAXE
Adultos con chip a través da empresa Championchipnorte. https://ccnorte.com/
7-INSCRICIÓN
 Esta carreirass están incluidas no circuito maiskmbarreiros
Proba 5 do circuito: Trails 12k e 26k 13 de outubro
 A inscrición realizarase a través das páxinas: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
https://ccnorte.com/
 Prazo: estará aberto ata o 10 de outubro de 2024 ás 23:59h.
 Coste da participación:
Trail 12km: 13 € ata o 01/10/2023 – 18 € dende 02/10/2024 ata o 10/10/2024.
Trail 26 km: 18 € ata o 01/10/2023 - 23€ dende 02/10/2024 ata o 10/10/2024.
Os que non son propietarios de chip amarelo terán un coste a maiores de 1€ en concepto de alquiler
de chip, e depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez
procesados os chips devoltos.
 Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
 Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste
regulamento por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos
como da súa imaxe, ben nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en
calquera outro medio que a organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O
descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
8- AVITUALLAMENTO
 TRAILS:
 Trail 12 km: Dous avituallamientos. O primeiro en Comado km 6,5 (liquido e sólido), 2º avituallamento
en meta (líquido e sólido).
 Trail 26 km: Catro avituallamentos. 1º,en Penabor km 6,5, líquido; 2º na louseira da Insúa, km 13,1
líquido e sólido; 3º en Comado, km 20,4, líquido e sólido; 4º en meta, líquido e sólido.
 Recoméndase o uso de cinto portabidóns ou mochila con auga (especialmente se fai calor).
9- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante
a posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
10-PREMIOS
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a
gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
11-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
 A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
 A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude
antideportiva ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
 A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil
e servizos de protección civil.
 Servizo de duchas nos vestiarios do campo de fútbol das Valgas (preto da meta).
 Ao remate da carreira a organización ofrecerá pinchos para as persoas participantes e acompañantes.
 Contacto:
praias.de.comado@gmail.com (preferentemente)
Tfno. 653 68 46 15
Tfno. 661 82 74 11
Tfno. 649 57 13 60

[ Go Back ]