Calendario
Ver carrera

A Baña

06/10/2024 9:45 - 13:45

[ Go Back ]

Descripción TRAIL DA BAÑA
O Clube BJ SPORTS TEAM organiza xunto co Concello Da Baña a VII edición do TRAIL DA BAÑA 2024 ,
o domingo 6 de outubro de 2024 a partir das 9.45 horas, constando de dúas pobas de carreira
oficiais para o Ranking Galego.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos
desputarase sobre 3 distancias de Trail: 28, 16 e 8 km aprox.; estando aberta a proba de 8 km
a categorías inferiores a partir de 14 anos cumpridos contando tamén cunha andaina de 10
km aprox. parcialmente coincidente con esta última distancia.
A proba rexirase polo seguinte regulamento:
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas terán a súa saída e chegada dende o Pavillón municipal de deportes
https://www.google.es/maps/search/pabellon+polideportivo+de+a+ba%C3%B1a/@42.9
607089,-8.7647751,17z?entry=ttu
Artigo 2. Horarios e distancias.
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL + ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:45 h LONGO 28 km aprox.
1000 m aprox 2006 e anteriores ABSOLUTA 200
09:55 h CURTO 16 km aprox.
650 m aprox. 2010 e anteriores ABSOLUTA
200
10:00 h PROMESAS 8 km aprox.
400 m aprox. 2010 e anteriores
ABSOLUTA E
PROMOCIÓN 200
10.05 h Andaina 10 km aprox. 200 m aprox Desde os 12 anos
NON
COMPETITIVA
150
Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de
chamadas ata 10 minutos antes da saída. Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba
sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade de Trail e Andaina.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL LONGO e TRAIL CURTO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2006 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1989 e 1979
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1978 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL PROMESAS
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2005 – 2006
SUB 18 2007 – 2008
SUB 16 2009 – 2010
SENIOR/MASTER 2004 e anteriores*
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
* Categoría Senior/Máster no Trail promesas sen premiación
ANDAINA (NON COMPETITIVA): A partir de 12 anos.
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir
acompañados en todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de
participación será de 14 anos.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os participantes federados optarán á bonificación correspondente como proba G1 dentro
do ranking galego de Trail running nas seguintes modalidades:
DISTANCIA 28K: Ranking Classic Sub 23, Absoluto e Master
DISTANCIA 8K: Ranking Preclassic Sub 20, Sub18 e Sub 16.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
PROBA DISTANCIA DESNIVEL TEMPO
MÁXIMO
LONGO 28 km aprox.
1000 m + aprox 4h
CURTO 16 km aprox.
650 m + aprox. 3h
PROMESAS 8 km aprox.
400 m + aprox. 2h
Andaina 10 km aprox. 350 m+ aprox 3h
Tempo de corte: Establécese segundo a táboa anterior. A maiores, a organización determinará
e publicará na web oficial de inscricións da proba o lugar e tempo de corte nos puntos
intermedios de cada proba atendendo a criterios de proporcionalidade e seguridade dos
deportistas participantes.
As indicacións da organización respecto de tempos de corte, retiradas ou calquera situación de
diversa índole serán de obrigado cumprimento para tódolos participantes.
As andainas estarán auxiliadas por membros da organización no percorrido, e nunca se poderá
abandonar dito percorrido se non está autorizado polo responsable organizativo, xa que hai
partes comúns coas outras probas e pode xerar confusión ou accidentes.
É responsabilidade de cada participante seguir na ruta correcta da etapa, para o cal a
organización sinalará con todos os medios dispoñibles os enclaves conflictivos de cada unha
de las eserá motivo de descalificación non seguir o trazado designadoou saltarse os
controis de paso, así como detectar recortes no percorrido. A organización reservase a
posibilidade de cancelación por causa xustificada e tamén o cambio de datas e lugares de
celebración, o cal será sempre comunicado con antelación, salvo que se teña que suspender o
mesmo fin de semana por causas climatolóxicas ou xustificadas, neste último caso no habrá
dereito a devolución da inscrición.
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
APERTURA DE INSCRICIONS: martes 6 de agosto de 2024 ás 14:00 h
PECHE DE INSCRICIONS: martes 1 de outubro de 2024 ás 23.59 h
PREZOS DA INSCRICION:
LONGO – 28K: 18 €
CURTO – 16K :15 €
PROMESAS – 12K :12 €
ANDAINA: 9 €
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Andaina como para as modalidade de Trail poderán recollerse o día do
trail a partir das 08.15 horas na praza do Concello da Baña, San Vicente.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
• Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento.
• Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail Longo.
• Premio ao clube máis numeroso no Trail (abrangue tódalas distancias competitivas).
• Premio aos primeiros/as clasificados/as como locais do Val de Barcala (Negreira – A Baña)
Agasallo técnico pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina
(poderán recollelo xunto o dorsal de competición)
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente No
pavillón municipal de deportes
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas na instalación do pavillón de San
Vicente
https://www.google.es/maps/search/pabellon+polideportivo+de+a+ba%C3%B1a/@42.9
607089,-8.7647751,17z?entry=ttu
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Tanto os puntos de abastecemento como o percorrido serán publicados 1 mes antes da
celebración da proba
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará
permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido
abandonar o abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as
posibles ‘codias’ de froita como poden ser mondas de plátano ou laranxa.
ARTIGO 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación (só Trail classic)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos ou chaqueta impermeable
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material obrigatorio
definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da meteoroloxía prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello Da Baña publicará a información de accesos para tódolos participantes
facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso intermedias.
Tamén se facilitará a información de transporte público.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.

[ Go Back ]