Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Rianxo
01/11/2024
12:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a X Carreira Popular Concello de
Rianxo, o 1 de novembro de 22024. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación
Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos, rexidos polas seus respectivos regulamentos, que
complementan ao presente:
● X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da
Coruña.
● VII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa 2024, promovido e organizado
polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa: Boiro,
Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
1. Xoubas H/M: 2021-2020-2019. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.
2. Sardiñas H/M: 2017-2018.
3. Sub 10 H/M 2015-2016.
4. Sub 12 H/M 2013-2014.
5. Sub 14 H/M 2011-2012.
6. Sub 16 H/M 2009-2010.
7. Sub 18 H/M 2007-2008.
8. Sub 20 H/M 2005-2006.
9. Sub 23 H/M 2002-2003-2024.
10. Sénior H/M de 2001 ata 1990.
Este documento asinado por medios electrónicos pode ser cotexado co seu orixinal co Código de Verificación Dixital (CVD) que
se indica á marxe na Sede Electrónica do Concello de Rianxo https://sede.concelloderianxo.gal (artigo 27.3.c da Lei 39/2015).
doc. 662.863 exp. 2024/D002/000019
11. Máster 1 H/M de 1984 ata 1989.
12. Máster 2 H/M de 1974 a 1983.
13. Máster 3 H/M de 1964 a 1973.
14. Máster 4 H/M 1963 e anteriores.
15. “Sapatilla” inclusiva. Categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.
Artigo 4. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
● Percorrido amarelo: 100 m.
● Percorrido verde: 500 m.
● Percorrido azul: 750 m.
● Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 5. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo - 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde - 500 m. 1
Sub 10 1.000 m. 11:10 h. Verde - 500 m. 2
Sub 12 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2
Sub 14 2.250 m. 11:40 h. Azul - 750 m. 3
Sub 16 e
“Sapatilla
inclusiva”
6.600 m.
12:00 h.
Vermello -3.333 m. 2
Sub 18, Sub 20,
Sub 23, Sénior e
Máster
10.000 m. Vermello -3.333 m. 3
Artigo 6. Inscricións
Lugar e prazo:
En emesports.es ata o luns 28 de outubro de 2024 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fora
de prazo ou con datos incompletos.
Prezo inscrición:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a sub 16 e “sapatilla inclusiva”.
• 6 € nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta (de Sub 18 a Máster).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais.
Retirada de dorsais:
● Xoves, 31 de outubro, na oficina do servizo de deportes, de 8:30 a 14:30 h.
● O mesmo día da proba nas seguintes localizacións:
Praza Castelao: a partires das 9 h. e ata o inicio de cada proba.
Os participantes no Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa 2024, terán que recoller un
dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal terán que competir.
Deberán dirixirse á zona de retirada de dorsais para recoller o dorsal e o agasallo de
participación.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip integrado no dorsal.
Artigo 8. Premios
O acto da entrega dos premios comezará unha vez que o/a ultimo/a participante na proba dos
10.000 metros cruce a liña de meta, sempre despois da entrega á organización dos resultados
polos xuices da proba, do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A clasificación, premios e trofeos do circuíto regúlanse nos artigos 5 e 7 do Regulamento do VII
Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa.
Na X Carreira Popular “Concello de Rianxo” outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas,
Sardiñas, Sub 10, 12, 14 e 16.
Trofeos
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina establecida
no presente regulamento
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes na proba.
Os premios serán acumulativos.
Premios Económicos
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta, tanto categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
● 1º/1ª - 150 € 2º/2ª - 100 € 3º/3ª - 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías “sapatilla inclusiva”, Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e
máster recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Participación de atletas de outras federacións autonómicas e
estranxeiros.
A proba está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, co cal a
participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase polo disposto
no regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode
consultar na seguinte ligazón:
https://atletismo.gal/documentos/regulamentos/
Artigo 10. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo (homes) e Piscina Municipal (mulleres).
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas inmediacións
da zona portuaria.
Publicación Resultados:
● emesports.es
● carreirasgalegas.com
● concelloderianxo.gal
Artigo 11. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de apoio.
A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais
que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o importe
da inscrición.
[
Go Back
]