Calendario
Ver carrera

Arteixo

27/10/2024 8:30 - 14:30

[ Go Back ]

Descripción 1. TIPO DE PROBAS
1.1 Distancia Longa (VI Proba da Copa da FGM):
Modalidade competitiva cunha distancia de 28,5 km .
Desnivel positivo aproximado de 2.050 m e un desnivel acumulado de 4.100 m.
Dificultade física: alta Dificultade técnica: alta
Hora de saída: 08:30 Lugar de saída: Praza cuberta das festas
Avit. Líquido km 6.5 (desvío cadetes)
3 Avituallamentos (líquido+ sólido) Km 8 / Km 16 / Km 22.2 / + Fonte Km 21 +Avituallamento
en Meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participante deberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación 500 cc polo menos. Roupa e calzado
adecuado. Manta térmica. Silbato.
*Podería aumentar en función da climatoloxía.
PUNTOS DE CORTE :
A/ KM 8 Avit 2. Santa Leocadia (primeiro paso). Tempo límite 1h 40 min dende a saída.Opción retirada
ou continuar por trayecto do corto.
B/ KM 16 Avit 3. Carretera de Boedo. Tempo límite 3 h 10 min dende a saída.C/ KM 21 Val
de Loureda . Tempo Límite 4h10min dende a saída
1.2 Distancia Curta (Open e Copa Da FGM Xuvenil e Junior) :
Modalidade competitiva cunha distancia de 14.6 km
Desnivel positivo aproximado de 920 m. e un desnivel acumulado de 1.840m.Dificultade
física: media Dificultade técnica: media
Hora de saída: 10:00 Lugar de saída: Praza cuberta das festas
Avituallamento líquido (desvío cadetes) Km 6 //
Avituallamento líquido e sólido km 8 (inicio e fin bucle do largo)
Avituallamento meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participantedeberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Roupa e calzadoadecuado. Manta
térmica. Silbato.
*Podería aumentar en función da climatoloxía.
1.3 Distancia cadete (só cadetes federados) Última proba Copa Cadete FGM
Modalidade competitiva cunha distancia de 10.5 km
Desnivel positivo 450m e un desnivel acumulado de 900 m.
Dificultade física: media-baixa Dificultade técnica: media-baixa
Hora de saída: 10:00 Lugar de saída: Praza cuberta das festas
Avituallamento km 6 coincidindo coa separación das outras distancias.Líquido, con algo de
sólido específico para esta distancia.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Roupa e calzado adecuado. Manta
térmica. Silbato.
*Podería aumentar en función da climatoloxía.
TODOS OS RECORRIDOS PODERÁN SUFRIR MÍNIMOS CAMBIOS DE SER NECESARIO POR
CAUSAS DE FORZA MAIOR OU DECISIÓN ORGANIZATIVA
2. PROGRAMA
Domingo 27 de Outubro de 2024
07:45 Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Praza cuberta das festas)
08:15: Apertura cámara de chamadas e control material distancia longa.08:30 Saída
proba Longa
09:30 Apertura cámara de chamadas e control de material trail curto e cadetes10:00 Saída
proba Curta e Cadete.
11:10 Chegada prevista dos primeiros corredores.13:30
Apertura recollida comida
14:30 Peche de Meta
Entrega de trofeos o rematar as probas
3. PARTICIPACIÓN E DECLARACIÓN DE SAÚDE
3.1 . Como participante son consciente de que este tipo de actividades, o desenrolarse no medio
natural, en lugares de difícil control e acceso, conlevan un risco adicional paraos participantes. Por iso,
asisto de propia vontade e iniciativa asumindo íntegramente osriscos e consecuencias derivadas da míña
participación.
3.2 . Declaro que dispoño de capacidade física, destreza técnica e recursos de supervivencia suficientes
como para garantizar a miña propia seguridade, baixo as condición nas que se desenrola a proba.
Igualmente, dispoño do material deportivo e deseguridade exisidos pola organización e comprométome
a levalo durante toda a proba. Declaro tamén que domino e comprométome a cumplir as normas e
protocolos de seguridade establecidos pola organización, así como a manter un comportamento
responsable que non aumente os riscos para a miña integridade. Seguirei as instrucciónse acatarei as
decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade.
3.3. Participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na proba. Por consiguinte,
exonero ou eximo de calquer responsabilidade á organización, colaboradores, patrocinadores e outros
participantes, por calquer daño físico ou materiale, por tanto, RENUNCIO a interpoñer denuncia ou
demanda contra os mesmos.
3.4 Comprométome a seguir as pautas xerais de seguridade e respeto ó medio ambienteque se
relacionan a continuación:
• Transitar con prudencia por pistas e carreteras abertas ó tráfico.
•Non circular por fora do recorrido sinalado para a proba.
•Non deteriorar os recursos naturais, xeolóxicos, culturais e, en xeral, da paisaxe.
•Non verter nin abandonar obxetos ou residuos fora dos lugares habilitados para arecollida dos
mesmos
A realización da inscripción implica que os corredores leeron, entenderon e aceptan as condicións do
presente Regulamento
3.5 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva, pintura, carteis
indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade decada participante localizar a
sinalización e seguila.
3.6 Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algúnmomento si se
cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estestramos non estarán cortados ao
tráfico rodado, debendo os participantes respectar as normas de tráfico e indicacións da Organización.
3.7 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a
suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan. En caso de suspensión da proba
por advertencias climatóloxicas ou outroseventos axenos a organización que obriguen a suspensión
devolverase unha parte proporcional adecuada o momento da cancelación.
4. INSCRIPCIÓN E DORSAIS
4.1 A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos odía da proba
para o longo e 16 para o corto , previa autorización dos pais). O límite de participantes será de 250 prazas
para Trail Curto , 25 para Cadete, e 125 prazas para Trail longo. Se antes da data de peche de inscripcións ,
se chegase a dito número, non seadmitirán mais participantes.
A organización resérvase o dereito a cancelación da proba ante o posible caso dunnúmero de
participantes inferior o necesario para a viabilidade económica da proba.
4.2 As inscripcións poderanse realizar a partir do 14 de Julio a través de https://ccnorte.com/ cubrindo o
formulario habilitado a tal efecto e facendo o pagamentocorrespondente
Prezo da inscrición:
Trail Longo -27 € ata o 1/10/2024. 30 € ata Peche o 21/10/2024
Trail Curto - 22 € ata o 1/10/2024. 26 € ata Peche o 21/10/2024
Trail Cadete - 10 € ata o 1/10/2024. 10 € ata Peche o 21/10/2024
Pincho e bebida para acompañantes : 5 euros
4.3 A inscripción dá dereito a: dorsal con chip , seguro de accidentes, asistencia médicaen carreira,
regalo conmemorativo , avituallamentos , pinchos postcarreira
Unha vez realizada a inscripción, só se accederá a devolución do importe en caso de causa xustificada ,
lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certificadomédico mediante correo
electrónico ao seguinte enderezo electrónico : running@adjarnchas.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento e a renuncia a todos os
dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa
participación na proba. Unha vez realizada, baixoningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa
diferente á inscrita.
Recollida Dorsais:
O propio día da carreira a partir das 07:40 horas na zona de Saída e Meta.O día anterior en
Marathon Running Shop (clic para ubicación)
5. CATEGORÍAS E PREMIOS
TRAIL LONGO
•Absoluta masculino e feminina
• Veterán A masculino e feminina. De 40 a 49 anos
• Veterán B masculino e feminina. Mais de 50 anos
TRAIL CURTO
• Categoría xuvenil: 17-18, é dicir, que non cumpra os 19 anos o ano de referencia.
• Categoría júnior: 19-20, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia
•Absoluta masculino e feminina
• Veterán A masculino e feminina. De 40 a 49 anos
• Veterán B masculino e feminina. Mais de 50 anos
TRAIL CADETE (SÓ CADETES)
• Categoría cadete: 15-16 anos , é dicir, que non cumpra os 17 anos o ano de referencia
6. MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Non pasar polos puntos de control establecidos.
Non realizar o recorrido completo.
Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
Entrar na meta sen dorsal.
Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das zonas deavituallamentos
e control).
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
7. RETIRADA E ABANDONOS
7.1 Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo ao control máis
próximo ou ao persoal da Organización e entregando o dorsal. Se por caso de accidente ou lesión o
corredor queda inmobilizado e non pode chegar ata un punto decontrol, terá que avisar ao corredor máis
próximo ou esperar ao vehículo “escoba”.
Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
7.2 A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes que teñan problemas
físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa
saúde, ou aqueles que teñan minguadas as súas condiciónsfísicas para continuar en carreira.
7.3 Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aquelesque o requiran.
8. DUCHAS
Campo de futbol de Arteixo Duchas pincha aquí ou Pabillón .
Concretaremos nos días seguintes.
Aroximadamente a 400 metros da línea de Saída, meta e pinchos
9. OUTRA INFORMACIÓN RELEVANTE
9.1 Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros
concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan comoconsecuencia directa do
desenvolvemento da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia,
inobservancia das leis e do articulado deste
Regulamento, así como os producidos nos desprazamentos ou e desde o lugar no que sedesenvolve a
carreira.
9.2 A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba.
9.3 Dereitos de Imaxe: A aceptación de este regulamento implica obrigatoriamente que oparticipante
autoriza a organización a gravación total ou parcial da sua participación, presta o seu consentimento para
que poida ser utilizada a súa imaxe na na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede
tódolos dereitos relativos a súa explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno.

[ Go Back ]