Calendario
Ver carrera

Ribeiras do Tambre

23/02/2025 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Artigo 1. DATA, HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
Data: domingo, 23 de febreiro de 2025. O VI Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes
horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
10:05 h ANDAINA 15 km aprox. Ponte Maceira Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda, Concello de Ames)
10:00 h TRAIL LONGO 16 km aprox. Ponte Maceira Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda, Concello de Ames)
10:25 h TRAIL CURTO –
CAMPIONATO
8 km aprox. Praia Fluvial
Tapia
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda, Concello de Ames)
Os participantes tanto na ANDAINA como nos TRAILS LONGO e CURTO serán trasladados en autobús
desde o Real Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda – Concello de Ames) ate os puntos de
SAÍDA en Ponte Maceira e na praia de Tapia respectivamente, a partir das 8:15 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
ANDAINA
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir acompañados en
todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación será de 12 anos
cumpridos no ano en curso.
TRAILS LONGO E CURTO: CATEGORIAS INDIVIDUAIS
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
TRAIL LONGO
SENIOR MASC/FMNO Desde 18 anos ata 34 anos
MASTER 1 MASC/ FMNO De 35 a anos 40 anos cumpridos o día da proba
MASTER 2 MASC/ FMNO De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
MASTER 3 MASC/ FMNO De 50 anos e superiores
TRAIL CURTO
SENIOR MASC/FMNO Nados/as en 2007 e anteriores
SUB 16 MASC/ FMNO Nados/as en 2010 e 2011
SUB 18 MASC/ FMNO Nados/as en 2008 e 2009
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Tódolos participantes tanto
nos Trails como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas
federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia.
Para o resto de participantes subscribirase un seguro licenza de día.
GALICIA TRAIL RUNNING SERIES, proba oficial:
Os/as atletas das categorías sub 16, sub 18 e sub 20 no Trail Curto sumarán os puntos da súa
clasificación no ranking das súas respectivas categorías.
II CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE TRAIL RUNNING PRECLASSIC:
Todos/as os/as atletas que participen no Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic
deberán realizar a súa inscrición a través do ligazón https://atletismorfea.es/user/login-registro .
Se desexan optar aos premios da proba popular deberán inscribirse tamén na web
www.carreirasgalegas.com .
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
❖ DISTANCIAS:
Andaina: 15,00 km aprox.
Trail longo: 16,00 km aprox.
Trail curto: 8,00 km aprox.
❖ DESNIVEL POSITIVO:
Andaina: 550 m aprox.
Trail longo: 550 m aprox.
Trail curto: 400 m aprox.
Artigo 5. TEMPOS DE CORTE E ASISTENCIA
Establecerase un tempo de corte tanto para o Trail Longo como para a Andaina na Praia Fluvial de
Tapia (km 8 aproximadamente).
Os tempos de corte serán os seguintes:
- Trail longo: 11:15 horas (1 hora e 15’ desde a saída);
- Andaina: 12:05 horas (2 horas desde a saída).
Os/as participantes que chegado ese tempo non superen o tempo de corte serán retirados da
competición e trasladados ao punto de meta.
Artigo 6. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
❖ PÁXINA WEB: www.carreirasgalegas.com
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: venres 10 de xaneiro de 2025 ás 10.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: mércores 19 de febreiro de 2025 ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION: TRAIL LONGO: 11 €
TRAIL CURTO: 7 €
ANDAINA: 7 €
Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Andaina como para os Trail poderán recollerse o día do evento partir das 08.15
horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Artigo 8. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA
Tanto na Andaina coma nos Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real
Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:
Artigo 9. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/ás 3 primeiros/as clasificados “absolutos/as” dos trails longo e curto.
▪ Premios aos/ás 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento.
▪ Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail Longo e do Trail Curto.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes nos Trails como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
▪ Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún atleta poderá percibir 2 premios.
▪ A PREMIACIÓN DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA ESTÁ RECOLLIDA NA CIRCULAR DO
PROPIA CAMPIONATO PUBLICADA NA WEB www.atletismo.gal .
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 12:45 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
PREMIOS A CLUBS: Daranse premios aos 3 primeiros equipos federados nos Trail Longo e Curto.
Deberán inscribirse coa mesma denominación e competir coa mesma indumentaria. Para elo
tomarase como referencia os/as 6 primeiros/as clasificados/as de cada equipo no Trail Longo, e
os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada equipo no Trail Curto.
A clasificación farase coa suma dos seus postos; gañando aquel equipo con menos puntuación (no
caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo no Trail Longo e o
6º/ª mellor clasificado/a do equipo no Trail Curto). Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub.
O Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais, saída dos autobuses e lugar de meta das probas
(Ameixenda, San Mamede de Piñeiro, Ames) é o seguinte:
https://www.google.es/maps/dir/''/Carretera+Santiago+Carballo,+Km+11,+15871+Ames,+A+Coru%C3
%B1a,+A+Coru%C3%B1a/data=!4m5!4m4!1m0!1m2!1m1!1s0xd2e54f19c047bd3:0xea3401619359780
6?sa=X&ved=0ahUKEwiPh_7vicXKAhWK5xoKHYTUCKoQiBMIFDAA
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Haberá 2 puntos de abastecemento tanto no Trail longo como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na
meta). Será obrigatorio portar sistema de hidratación para facer uso dos abastecementos líquidos.
Non está permitido sair do abastecemento con ningún residuo orgánico ou inorgánico. Situación:
ABASTECEMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
ABASTECEMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e DIRECCIÓN
ANDAINA A partir das 08.15 horas Saída dos autobuses das instalación do Real
Aeroclub en Ameixenda – Ames en dirección a
TRAILS A partir das 08.15 horas Ponte Maceira e Praia Fluvial de Tapia
Os participantes no Trail Curto realizarano en autosuficiencia, non estando permitida a asistencia
externa en ningún punto do percorrido. Terán abastecemento na liña de meta.
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As reclamación
aos resultados oficiais realizaranse ao Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’ despois da
publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e WA para probas
de Trail Running.

[ Go Back ]