Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Costa Doce - Sada
08/02/2025
19:00 - 22:00
[
Go Back
]
Descripción
Reglamento
ÍNDICE
1 – ORGANIZACIÓN e VARIANTES
2 – ITINERARIO
3 – CONDICIÓNS
4 – CARACTERÍSTICAS DAS VARIANTES
4.1 – COMBINADA
4.2 – TRAIL NOCTURNO
4.3 – TRAIL LONGO
1.1 4.4 – TRAIL CURTO
Domingo 9 as 11:30
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles
a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 16 e 17 años anos cumpridos)
- Sénior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
Os trofeos non serán acumulables.
• Non se permite a participación de menores de 16 anos.
• Peche de carreira - 14:30 h.
• A entrega de trofeos terá lugar a partir das 14:30 o mesmo día da proba.
1.2 TRAILIÑO
4.5 – TRAILIÑO
4.6 – ANDAINA
5 – INSCRICIÓNS
6 – ENTREGA DE DORSAIS
7 – AVITUALLAMIENTOS
8 – MATERIAL OBRIGATORIO
9 – MATERIAL ACONSELLABLE
10 – SEÑALIZACIÓN
11 – SEGURIDADE
12 – METEOROLOXÍA
13 – OBRIGAS
14 – HORARIOS
15 – RECLAMACIÓNS
16 – CLASIFICACIÓNS
17 – ECORESPONSABILIDADE
18 - CÁMARA DE CHAMADAS
19 -MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
20 – DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E USO DE DATOS PERSOAIS
2. ORGANIZACIÓN e VARIANTES
1.1. O Trail Costa Doce está organizado polo Club de Atletismo Sada e o Concello de
Sada.
O IX TRAIL COSTA DOCE terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de febreiro do 2025 en
Sada, A Coruña.
1.2. Contará con seis variantes:
- Combinada: Trail nocturno + Trail longo
- Trail nocturno: SÁBADO 8 as 19:00h, 16,5 km aprox., con +575 é -575 metros
- Trail longo: DOMINGO 9 as 10:00h, 28,8 km aprox., con +850 é -850 metros
- Trail curto: DOMINGO 9 as 11:30h, 16,5 km aprox., con +575 é -575 metros.
- Trailiño : DOMINGO 9 as 12:00h, 10,5 km aprox., con +315 é -315 metros.
- Andaina : DOMINGO 9 as 10:05h, 16,5 km aprox., con +575 é -575 metros.
1.3. PARTICIPACIÓN INCLUSIVA
Se vas participar e tes algunha discapacidade, comunícanolo á organización antes de
facer a inscrición neste correo montana@clubatletismosada.com e adxunta o
certificado de discapacidade e poñerémonos en contacto contigo
3. ITINERARIO
Circuitos circulares que se desenvolve en terreo de monte prácticamente en todo o seu
percorrido. Os tramos que transcorren por asfalto son fundamentalmente en zonas peonís.
En ocasións cruzaranse estradas onde dispoñerase de persoal para regular o tráfico.
Facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web.
4. CONDICIÓNS
Os participantes corren baixo a súa propia responsabilidade. A organización non se fai
responsable dos accidentes ou danos que poidan recibir ou producir os participantes,
aínda que se dispoñerá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os
mesmos, estean ou non federados en montaña.
En caso de retirada, deberá avisarse ao persoal da organización. No suposto de lesión, ou
impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización
que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está
obrigado a cumprir as normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas
infraccións puidese cometer, e deberá respectar o paso de gandos, persoas e vehículos.
No caso de que as autoridades correspondentes diten medidas restritivas que afecten ao
normal desenvolvemento da proba, facilitarase a información necesaria a través de redes
sociais e web.
5. CARACTERÍSTICAS DAS VARIANTES
5.1 COMBINADA: Trail nocturno + Trail longo
• Establécese un premio especial á primeira e o primeiro corredor/a que
participen no TRAIL NOCTURNO e no TRAIL LONGO e que na suma dos dous
tempos fagan (computen) o menor tempo.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Sénior (participantes ata 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Non se permite a participación de menores de 18 anos.
• Os trofeos non serán acumulables.
• A entrega de trofeos terá lugar a partir das 14:30 o domingo 9.
5.2 TRAIL NOCTURNO
Sábado 8 as 19:00
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles
a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Inscricións máximas 350.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 16 e 17 años)
- Sénior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Non se permite a participación de menores de 16 anos.
• Os trofeos non serán acumulables.
• Aprox. na mitad do recorrido (1º avituallamento) haberá un corte.
• Peche da carreira 22:00
• A entrega de trofeos terá lugar a partir das 22:00 o mesmo día da proba
5.3 TRAIL LONGO
Domingo 9 as 10:00
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un
deles a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Sénior (participantes ata 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Non se permite a participación de menores de 18 anos.
• Os trofeos non serán acumulables.
• No 1º avituallamento haberá un corte.
• Peche de carreira - 14:30 h.
• A entrega de trofeos terá lugar a partir das 14:30 o mesmo día da proba.
5.4 TRAIL CURTO
Domingo 9 as 11:30
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles
a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 16 e 17 años anos cumpridos)
- Sénior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
Os trofeos non serán acumulables.
• Non se permite a participación de menores de 16 anos.
• Peche de carreira - 14:30 h.
• A entrega de trofeos terá lugar a partir das 14:30 o mesmo día da proba.
5.5 TRAILIÑO
Domingo 9 as 12:00
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles
a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Non é competitiva polo que non haberá premios
• Non se permite a participación de menores de 16 anos se non van acompañados
dun maior de idade.
• Peche de carreira - 14:30 h.
5.6 ANDAINA
Domingo 9 as 10:05
• Participasen de maneira individual, debendo completar cada un deles a totalidade
do percorrido.
• Peche de carreira - 14:30 h.
• Non é competitiva polo que non haberá premios.
• Non se permite a participación de menores de 16 anos se non van acompañados
dun maior de idade
6. INSCRICIÓNS
As inscricións poderanse realizar na páxina web ChampionChip Norte
(www.championchipnorte.com).
O prezo da inscrición será:
6.1 Ata o 31 Decembro (inclusivo):
COMBINADA: 35€
NOCTURNO: 18
LONGO: 25€
CURTO:18
TRAILIÑO: 12€
ANDAINA: 14€
5.2 Dende ó 1 de Xaneiro ata ó 16 de Xaneiro (a.i):
COMBINADA: 40€
NOCTURNO: 23€
LONGO: 30€
CURTO: 23€
TRAILIÑO: 17€
ANDAINA: 19€
5.3 Dende ó 17 de Xaneiro ata o 2 de Febreiro (a.i):
COMBINADA: 45€
NOCTURNO: 28€
LONGO: 35€
CURTO:28€
TRAILIÑO: 22€
ANDAINA: 24€
No trail nocturno hai un límite de inscritos de 350 participantes (computan tamén os
inscritos na Combinada). Nos outros trails e na andaina non existe límite de inscritos.
A organización reservarase un número de inscricións para os patrocinadores.
Último día de inscrición e pago será o 1 de Febreiro do 2025.
As anulacións de dorsal só poderanse realizar ata o día 01/02/2025 tendo un importe de
8€ en concepto de gastos de xestión.
Os cambios de dorsal poderanse realizar ata o día 26/01/2025, sen custo de xestión e
deben realizarse SEMPRE a través da organización (montana@clubatletismosada.com)
e NUNCA entre particulares directamente. Correr co dorsal doutra persoa significa, entre
outras cousas, non estar cuberto por ningún tipo de seguro.
A inscrición dá dereito aos avituallamentos correspondentes, asistencia sanitaria durante
e ao finalizar a proba, transporte ata o lugar de saída, transporte a meta dos participantes
que abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarroupa, avituallamento adicional en meta
e duchas.
A organización resérvase o dereito de impedir a inscrición, na presente e futuras edicións
da proba, nas seguintes circunstancias:
- Calquera persoa á que considere non capacitada, pola súa condición física ou que
poida ser prexudicial para o desenvolvemento da mesma ou da contorna onde se
desenvolve.
- Calquera persoa á que, polas súas accións ou palabras, considéreselle unha ameaza
para a seguridade da carreira, dos demais corredores, público, colaboradores,
patrocinadores, medios de comunicación, etc.
Calquera persoa que corra na presente edición sen acreditar a súa condición de rexistrado
6. ENTREGA DE DORSAIS
Poderase recoller os dorsais o Sábado 8 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 ata 30’ antes do inicio
da competición na Casa da Cultura "Pintor Lloréns , Avd. Do Porto S/N
O domingo da proba nas carpas habilitadas o efecto na Casa da Cultura ata 30’ antes do
inicio de cada competición. Recomendase chegar con antelación suficiente para evitar
colas de última hora.
Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou documento oficial
que acredite a identidade.
7. AVITUALLAMIENTOS
Os avituallamentos atóparanse en lugares visibles e sinalizados, informarase con
antelación da situación dos mesmos por medio de redes sociais e web.
Ademais, disporase dun líquido e sólido na chegada.
Co fin de minimizar o impacto ambiental non se facilitarán vasos, polo que os corredores
deberán levar o seu propio medio para beber (vaso, bidóns, mochila de hidratación).
Dispoñerase de contedores no avituallamento para residuos orgánicos e inorgánicos. Non
existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de avituallamento, sendo este
inicio e fin do mesmo.
Está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira
de calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o avituallamento
que cada participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas de avituallamento
establecidas pola organización.
Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de
envase ou envoltorio.
8. MATERIAL OBRIGATORIO
Dado que a organización non facilitará vasos de plástico nos avituallamentos, é altamente
recomendable portar algún sistema de hidratación propio (mochilas, bidóns, vasos
plegables…).
A organización, en función das condicións meteorolóxicas previstas para o día da carreira,
poderá modificar o material necesario que poderá ser revisado no momento da saída.
Isto anunciarase coa debida antelación por medio de correo electrónico, redes sociais e
web, e o corredor ou corredora que non o porte non poderá competir.
TRAIL NOCTURNO:
- Frontal (con baterías cargadas)
- Chaleco o roupa reflectinte
- Teléfono Móbil prendido (con batería cargada)
- Asubío
- Manta térmica
- Recipiente para transportar agua
TRAIL LONGO, CURTO e TRAILIÑO :
- Teléfono Móbil prendido (con batería cargada)
- Manta térmica
- Recipiente para transportar agua
9. MATERIAL ACONSELLABLE
- Roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira de monte no inverno, con
previsión probable de choiva.
- ANDAINA:
- Teléfono Móbil prendido (con batería cargada)
- Manta térmica
10. SEÑALIZACIÓN
Todo o percorrido atoparase balizado con cinta de cores facilmente visibles, que se
acompañarán con marcas e frechas en cruces de camiños. Estes sinais serán retiradas pola
organización durante o mesmo día da proba.
11.SEGURIDADE
A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os
participantes.
Haberá un servizo de Atención Sanitaria para casos de accidente ou necesidade de
evacuación do corredor.
Un corredor escoba da organización actuará como peche de carreira a un ritmo suficiente
para cumprir co horario previsto.
O corredor escoba ten potestade para descualificar a calquera corredor en calquera punto
de control ou avituallamento, retirándolle o dorsal, se considera que este incumpriu o
regulamento da proba ou non está en condicións de continuar en carreira.
Ao longo do percorrido, naqueles puntos que poidan resultar conflitivos, haberá persoal
da organización para orientar aos participantes.
Non está permitida a participación a menores de idade no Trail Longo.
12. METEOROLOXÍA

13.OBRIGAS
Os corredores están obrigados:
• A levar o dorsal facilitado pola organización. Este levará nun lugar visible e na
parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado.
• A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á
organización.
• A seguir as instrucións dos membros da organización, mostrándose respectuosos
con estes e cos demais corredores.
• A non saírse do itinerario sinalizado.
• A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal.
Neste caso, o corredor asume toda a responsabilidade desde que abandona
voluntariamente a proba ou é descualificado. Se decide continuar no percorrido
será baixo a súa absoluta responsabilidade.
• A levar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos orgánicos,
etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.
Será motivo de descualificación do corredor:
- Abandonar residuos fóra das papeleiras situadas nos avituallamentos.
- Non auxiliar a outros participantes no caso de que o necesiten.
- Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización.
- Non levar o dorsal visible.
- Atallar, saírse do itinerario sinalizado.
- Non pasar, ou non identificarse, polos controis de paso que determine a
organización.
- Non realizar o percorrido completo.
- Ter un comportamento non deportivo, irrespetuoso con corredores ou membros
da organización.
- Provocar un accidente voluntariamente
- Abandonar a carreira sen comunicación á organización, que conlevará a
imposibilidade de participar en futuras edicións da proba.
- Comportamento irrespetuoso ou temerario co medioambiente.
14. HORARIOS
SÁBADO 8
• Trail Nocturno - 19:00 h
• Peche da carreira – 22:00 h
• Entrega de trofeos – a partir das 22:00 h
Domingo 9
• Trail Longo - 10:00 h
• Andaina – 10:05 h
• Trail Curto - 11:30 h
• Trailiño – 12:00 h
• Peche de carreira - 14:30 h
• Entrega de trofeos – a partir das 14:30 h
15. RECLAMACIÓNS
Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 30 minutos
despois da súa publicación.
16. CLASIFICACIÓNS
A clasificación colgarase nun taboleiro de anuncios en Meta conforme vaian chegando os
corredores.
Aquilo non regulado neste regulamento rexerase polo Regulamento da FGDM.
17. ECORESPONSABILIDADE
O itinerario transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben seguir as
pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non
acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do
percorrido sinalizado,…en definitiva non deixar rastro da nosa actividade.
Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización. A
organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.
Lembramos aos corredores e corredoras que a organización non facilitará vasos de
plástico nos avituallamentos, polo que é obrigatorio portar algún sistema de hidratación
propio (mochilas, bidóns, vasos plegables…).
18. CÁMARA DE CHAMADAS
45 minutos antes do comezo da proba abrirase a cámara de chamadas, que se pechará 10
minutos antes do pistoletazo de saída.
Será OBRIGATORIO pasar por este control en todas as variantes do trail excepto na
andaina.
Todo corredor que non pase o control de chamadas non aparecerá nos resultados
oficiais sendo descalificado
19. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
45 minutos antes do comezo da proba abrirase a cámara de chamadas, que se pechará 10
minutos antes do pistoletazo de saída.
Será OBRIGATORIO pasar por este control en todas as variantes do trail excepto na
andaina.
Todo corredor que non pase o control de chamadas non aparecerá nos resultados
oficiais sendo descalificado
20. FACILIDADES
- Haberá duchas para uso dos participantes.
- Haberá gardarroupa na zona da saída.
21. DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E USO DE DATOS PERSOAIS
Cada participante coa inscrición, manifesta atoparse nunha forma física e mental que lle
permite afrontar o esforzo, e asume o risco desta práctica deportiva.
Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e aceptar
plenamente o presente Regulamento. En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non
reflectida no mesmo, prevalecerá o que dispoña para o efecto a Organización.
Autoriza ademais a que a Organización faga uso de fotos, vídeos e nomes na clasificación da
proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou
retribución algunha por este concepto, e a comunicarse a través do email e/ou teléfono
facilitados na inscrición, con fins unicamente relacionados con este evento deportivo.
[
Go Back
]