Calendario
Ver carrera

Castro Trail

25/05/2025 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán desde o parque da Liberdade da Valenzá, no concello de Barbadás:
https://maps.app.goo.gl/aVoP6sy8qKfLjkcP6
Artigo 2. Horarios e distancias.
O Castro Trail Extrem 2025 terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:00 h Trail Longo 27,6 km aprox 1550 m + aprox 2007 e anteriores ABSOLUTA 250
09:45 h Trail Curto 9 km aprox 510 m + aprox. 2011 e anteriores
ABSOLUTA e
PROMOCIÓN 200
10:00 h Trail Medio 14,5 km
aprox.
765 m + aprox 2011 e anteriores
ABSOLUTA E
PROMOCIÓN 200
10:02 h Andaina 14 km aprox 700 m + aprox. 2013 e anteriores ABSOLUTA 150
Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de chamadas ata
10 minutos antes da saída. Os participantes do Campionato de Galicia deberán de identificarse con DNI.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade de Trail e Andaina.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, pecharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2007 ate 34 anos
MASTER 1 MASC / FMNO De 35 anos ata 1980
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1979 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL MEDIO E CURTO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2006 – 2007
SUB 18* 2008 – 2009
SUB 16* 2010 – 2011
SENIOR 2005 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
*Só en Trail curto
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2013 e anteriores.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os participantes nas distancias confluíntes co Campionato de Galicia por Clubs bonificarán
x10 a súa puntuación no Ranking Galego Classic segundo a súa posición absoluta en meta.
Proba Longa: Ranking Classic Absoluto, Sub23 e Másters
Proba Curta: Ranking Preclassic Sub 18 e Sub 16
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING,
polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da
súa correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de
día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
A partir do 5 de abril a organización fará públicos tódolos tracks oficiais de
competición:
PROBA DISTANCIA DESNIVEL
POSITIVO HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
Trail Longo 27,6 K 1550 m. 09:00 h 5h
Trail Medio 14,5 k 765 m. 10:00 h 3,5h
Trail Curto 9 k 510 m. 09:45 h 2h
Andaina 14 K 700 m. 10:02 h 3,5h
6.1 A proba longa e media realízase en semi-autosuficiencia debendo portar o
participante o material necesario e soamente abastecerse nos puntos de axuda
(abastecementos) que a organización dispón. O material auxiliar que se empregue
deberá portarse durante toda a proba (exemplo bastóns).
6.2 As proba curta realízase en total autosuficiencia xa que é de formato “mountain
classic” polo que non está permitido o uso dos abastecementos tendo que portar de
saída ata meta o material que o deportista precise para completala.
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com. As inscricións
a campionato realizaranse desde a intranet federativa nos prazos que recolla a circular da
competición. Para ter dereito á bolsa do corredor e servizos post-carreira é requisito estar
inscrito/a no evento popular.
APERTURA DE INSCRICIONS: venres 31 de xaneiro de 2025
PECHE DE INSCRICIONS: luns 19 de maio de 2025 ás 23:59 h.
PREZOS DA INSCRICION:
✓ TRAIL CURTO: 15 €
✓ TRAIL MEDIO: 20 €
✓ TRAIL LONGO: 30 €
✓ ANDAINA: 12 €
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 24 de maio: de 16:00 a 18:30 horas nas instalacións do pavillón municipal
https://maps.app.goo.gl/kCiRNxV68W1LDqte9
• Domingo 25 de maio: a partir das 07:30 horas e ate 15 minutos antes do comezo de cada
proba na secretaría da proba ubicada na saída/meta do evento.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
▪ Premios ESPECIAL Lurbel ós vencedores do Trail longo tendo que baixar de 2h 27
minutos en homes e 3h 6 minutos en mulleres.
▪ AGASALLO técnico especial para tódolos inscritos
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente na
praza de disposición de meta, no parque da Liberdade.
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios nas instalacións
deportivas habilitadas polo Concello de Barbadás no polideportivo municipal
https://maps.app.goo.gl/kCiRNxV68W1LDqte9
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Puntos de abastecemento no Trails Longo, medio e andaina; e na meta das tres
modalidades. Será responsabilidade do deportista portar sistema de hidratación para facer
uso dos mesmos.
Tódolos abastecementos serán completos, con líquido e sólido.
UBICACIÓNS:
TRAIL LONGO: 5,3K 11,8K 16,6K 19,2K 21,2K
TRAIL MEDIO: 6,2K 8,3K
ANDAINA: 6,2K 8,3K
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido abandonar o
abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as posibles ‘codias’ de froita como
poden ser mondas de plátano ou laranxa.
ARTIGO 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido na cámara de chamadas.
Na distancia de Campionato Galego farase control obritatorio en saida e meta, sendo
responsabilidade do atleta chegar con suficiente antelación ó mesmo.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación (só Trails longo e medio)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos ou chaqueta impermeable
Tubular ou gorra.
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello de Barbadás e o Club Castro Trail publicarán a información de accesos para
tódolos participantes facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de
paso intermedias. Tamén se facilitará a información de transporte público.
A proba contará con retransmisión en video, accesible desde as distintas plataformas
habilitadas ó seu efecto.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumprir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Castro Trail garantiza un uso
responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta distribución
de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuíz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e
WORLD ATHLETICS para probas de Trail Running.

[ Go Back ]