Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ourense - San Silvestre
31/12/2024
16:30 - 17:30
[
Go Back
]
Descripción
IX SANSILVESTREOURENSÁ
SSVOU’24
Martes, 31 de decembro de 2024
REGULAMENTO
1.ORGANIZACIÓN
O Club Ourense Atletismo e o Consello Municipal de Deportes do Concello de
Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de
Atletismo organizan o sábado, 31 de decembro de 2024 a “IX Carreira Popular
San Silvestre Ourensá”.
2.PARTICIPANTES
Poderán participar nesta proba atletas populares e federados/as sempre que
estean inscritos/as nos prazos e formas establecidos ao efecto pola
Organización.
3.CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
o PITUFOS. Nados/as no ano 2017 e posteriores.
o SUB10. Nados/as nos anos 2015 e 2016.
o SUB12. Nados/as nos anos 2013 e 2014.
o SUB14. Nados/as nos anos 2011 e 2012.
o SUB16. Nados/as nos anos 2009 e 2010.
o SUB18. Nados/as nos anos 2007 e 2008.
o SUB20. Nados/as nos anos 2005 e 2006.
o SUB23. Nados/as nos anos 2002, 2003 e 2004.
2 de 5
o SÉNIOR. Nados/as nos anos 2001 e anteriores ata Máster.
o MÁSTER A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos.
D. >65.
o ABSOLUTA.
4.HORARIO
HORA CATEGORÍA CIRCUÍTO DISTANCIA
16:00 PITUFOS Rúa do Paseo 100 m.
16:15 SUB10 – SUB12 – SUB14 1 Volta Pequena 1,25 Km.
16:30 ABSOLUTA 2 Voltas Grandes 5,00 Km.
17:15 PECHE CONTROL
5.PERCORRIDO
5.1 Percorrido Carreira PITUFOS
A Carreira PITUFOS desenvolverase dende Rúa do Paseo, 1 ata a meta, sita
na Rúa do Paseo (fronte a Subdelegación de Defensa), 100 m.
aproximadamente.
Realizaranse quendas segundo a idade e asistencia dos/as participantes.
5.2 Percorrido Carreira SUB10 – SUB12 – SUB14
Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa) – Rúa Bedoya – Rúa Santo Domingo
– Praza do Ferro – Rúa da Paz - Rúa das Tendas – Praza Maior –Rúa Lamas
Carbajal– Rúa do Paseo.
5.3 Percorrido Carreira ABSOLUTA
O percorrido da Carreira ABSOLUTA transcorrerá por un circuito de 2,5 Km.
aproximadamente ao que haberá que dar dúas voltas (5 Km.
aproximadamente):
3 de 5
Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa)– Rúa Bedoya - Parque de San
Lázaro - Rúa Sto. Domingo – Praza do Ferro – Rúa Viriato - Rúa da Lúa –
Praza do Correxidor – Praza dos Suaves - Rúa Cardeal Cisneros – Praza do
Trigo -Rúa Hernán Cortés – Rúa Julio Prieto Nespereira – Rúa Lugo - Rúa Vilar
– Rúa PL. Herrería - Rúa Cervantes - Rúa Barreira – Praza Maior – Rúa Lamas
Carbajal – Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa).
O Organizador poderá modificar os percorridos, parcial ou
completamente, por motivos de seguridade ou por causa de forza maior.
6. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través de https://www.carreirasgalegas.com/
ata o 25 de decembro de 2024 ás 23:59 h.
Cota de inscrición só para os participantes na carreira Absoluta:
o Do 27 de novembro ao 08 de decembro de 2024: 5€
o Do 9 ao 25 de decembro de 2024: 7€
A organización poderá efectuar sorteos promocionais para fomentar a
participación.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
7.ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips serán entregados:
o domingo 29 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
o luns 30 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30.
o martes 31 de 10:30 a 13:30 .
en RUNMANIAK, Rúa Samuel Eiján,9 - baixo – 32003 Ourense.
Non se entregarán dorsais e chips, na saída o día da proba.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en
todo momento, sen dobrar nin ocultar, ben visible.
4 de 5
8.XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo polo que estará cronometrada e controlada polo ComitéGalego
de Xuíces da FGA.
9.DESCUALIFICACIÓNS
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal – chip visible por
diante ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de
identidade.
Os Servizos Médicos, o Xuíz Árbitro da competición e o persoal de
Organización, están facultados para retirar xustificadamente da carreira
a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
10. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
[
Go Back
]