Calendario
Ver carrera

Coruña 21

09/02/2025 9:30 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción Art. 1 – DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 9 de febreiro de 2025 na Coruña o
XVII Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada pola Real Federación Española de Atletismo de
21.097,50 metros.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto
totalmente urbano.
Art. 2 – HORARIO
A proba comezará ás 09.30 horas A.M. e a liña de saída estará situada á altura do Obelisco, no Cantón Grande.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre unha distancia de 21.097,50 metros. O percorrido estará medido e
homologado pola Real Federación Española de Atletismo e transcorrerá sobre asfalto na súa totalidade.
A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os puntos quilométricos. A carreira realizarase
pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, agás as zonas peonís sinalizadas como circuíto. Está
prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas, e todo o que exceda os
límites do circuíto sinalizado.
Incumprir esta norma, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas
infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
O circuíto publicarase de xeito previo á realización da proba na web de inscricións www.carreirasgalegas.com
e no portal web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares
ART. 4 – CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará baixo o control técnico do Comité Nacional de Xuíces da RFEA e do Comité Galego de Xuíces
da FGA.
Todas as reclamacións deberán serlles feitas verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba como límite ata 30
minutos despois da publicación dos resultados oficiais.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá varios puntos de control de chips ao
longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán
ser descualificadas e como consecuencia non aparecerán nos resultados finais.
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chip integrado son persoais, intransferibles e exclusivos desta carreira e deben colocarse na
parte anterior do corpo, de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen dobreces. Así deberá levarse
durante o transcurso da proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers) poderán
consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste sistema.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen este dorsal-chip.
Impediráselles ter acceso á proba respectando os dereitos daquelas persoas regulamentariamente inscritas.
Non se permitirá a participación co dorsal-chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun
dorsal-chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficialmente entregado pola organización.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización
reservarase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos e naturais, sen axudas externas
físicas ou materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas da World Para Athletics. Calquera dúbida a respecto diso
deberá consultarse coa organización antes de facer a inscrición a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados
destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha persoa
con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade trasladarse polos
seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante sempre a persoa que empurra
o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando copia da
tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de xeito que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal sen chip, será
gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
A organización resérvase a facultade de retirar da proba a/o atleta que manifeste un mal estado físico, que
non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, as e os corredores que non respecten as
indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización
debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar a persoa infractora que non leve visible o seu
dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto
aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra
norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e WA para probas en ruta.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche de control da carreira farase 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Ademais, establecerase
un tempo límite de 1 hora e 15 minutos para o paso polos 10 km.
Ao se cumprir estes tempos, tanto para o primeiro tramo da carreira como para a distancia total, todas as
persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Serán consideradas
“fóra de carreira” e “non figurarán nas clasificacións”. Se deciden continuar, estarano facendo
exclusivamente baixo a súa responsabilidade, e deberán cumprir en todo o momento coa normativa de
tráfico e seguridade viaria.
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20: nadas/os en 2006 e 2007
- Sub 23: nadas/os en 2003, 2004 e 2005
- Sénior: nadas/os desde 2002 ata a categoría Máster
- Máster 1: de 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
- Máster 2: de 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
- Máster 3: de 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
- Máster 4: de 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
- Máster 5: de 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
- Máster 6: de 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
- Máster 7: a partir de 65 anos cumpridos no día da proba
- Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2007 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas: que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden
a impulsar estas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á
roda. Non está permitida a participación en handbike.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual
C) Persoa con discapacidade intelectual
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar
na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías deberá serlle remitida, dentro do prazo de inscrición
da proba, unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, concretamente, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para
participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas
con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, de
atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo, no correo
electrónico info@carreirasgalegas.com, así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os/as guías
das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíta, para o cal deberán
contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade será necesario inscribirse nesa categoría.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que terá
unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A inscrición realizarase a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do martes 4 de febreiro de 2025.
Cota e prazos de inscrición:
 Prazo ordinario: ata o domingo 26 de xaneiro: 20 €
 2.º prazo: desde o luns 27 de xaneiro ata o domingo 2 de febreiro: 30 €
 Prazo extraordinario: desde o luns 3 de febreiro ata o martes 4 de febreiro: 40 €
Ojo morado Inscrición presencial:
Os/as atletas serán debidamente informados das datas e da localización da dita zona de inscrición.
c) Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas
desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que
se entenderá realizada no momento no que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de
inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega
de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico a
info@carreirasgalegas.com
 Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
 Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
 Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo
Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de
desemprego.
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 23.59 horas do 26 de xaneiro do
2025, coincidindo coa fin do prazo ordinario de inscrición.
d) Devolución da inscrición: devolverase a cota de inscrición só no caso de lesión e/ou enfermidade,
sempre e cando se presente un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con polo menos 10 días
de antelación a celebración da proba, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com.
Art. 12 – ENTREGA DE DORSAIS
Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de
inscrición. Serán os días previos ao desenvolvemento da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que
se poderán recoller os dorsais. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de
aglomeración.
Art. 13 – SAÍDA
Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados no formulario de inscrición (sempre en probas
homologadas).
Art. 14 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: estarán a disposición aseos portátiles situados na zona de saída, na meta e nos puntos de
avituallamento do trazado de Coruña21.
DUCHAS: especificaranse debidamente a súa localización e o horario.
GARDARROUPA: especificaranse a súa localización e o horario.
Art. 15 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Seguindo as normas de competición da FGA, RFEA e WA, haberá avituallamento líquido a partir do
quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros. A organización publicará o plano co detalle dos puntos
quilométricos onde estarán localizados.
Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á organización ata
unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico
no que quere atopalo.
No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a
súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá
estar acreditada pola organización. Calquera avituallamento realizado fóra da zona marcada para tal efecto,
poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
Ademais, haberá colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigado, polo
que as e os atletas que non os utilizaren poderían ser descualificados.
Art. 16 – SERVIZOS MÉDICOS E SEGURO
A proba disporá dos servizos médicos obrigatorios e recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas
as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real decreto
849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal indicando os
datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se
está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 17 – CONTROL ANTIDOPING
Será obrigatorio o control de dopaxe cando este sexa requirido pola Axencia Española de Protección da Saúde
no Deporte (AEPSAD) ou solicitado pola organización da proba ou outros organismos competentes.
Art. 18 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións publicaranse unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización destinadas
para ese efecto.
Art. 19 – PREMIOS ECONÓMICOS
Clasificación Xeral:
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º 1500 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
2º 1000 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
3º 750 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
4º 500 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
5º 350 € Realizar 1 h 05:00 ou menos Realizar 1 h 15:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable)(1):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º español/a 600 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
2º español/a 400 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
3º español/a 200 € Realizar 1 h 08:00 ou menos Realizar 1 h 18:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
Atletas galegas e galegos (premio non acumulable) (2):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º galego/a 600 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
2º galego/a 400 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
3º galego/a 200 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 20:00 ou menos
No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún concello de Galicia. Para poder recibir
o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou
documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal .
Atletas coruñesas e coruñeses (premio non acumulable) (3):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º coruñés/a 300 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
2º coruñés/a 200 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
3º coruñés/a 150 € Realizar 1 h 15:00 ou menos Realizar 1 h 30:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o
premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou
documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
C21 2025_ Regulamento_pág. 10
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable):
A/o atleta que gane a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (1 h 01’ 40’’) como
na feminina (1 h 11’ 16’’) obterá un premio económico de 1.000 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. No caso de duplicidade,
aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios, será necesario xustificar documentalmente o
ano de nacemento das persoas participantes por medio do DNI as/os españois, ou do documento legal en
vigor (pasaporte) as/os estranxeiras/os. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da
competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa
resolución oficial.
Art. 20 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de
cada unha das categorías indicadas no artigo 10 deste regulamento.
O horario da entrega de trofeos será unha vez que conclúa o derradeiro participante nela. As/os atletas
deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio
do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o
dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o
trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non estea
presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar agardas
innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde
se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a
eles.
Toda a información da proba poderá ser consultada a través do portal web municipal
www.coruna.gal/carreiraspopulares, e das páxinas www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com .
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chip integrado son persoais, intransferibles e exclusivos desta carreira e deben colocarse na
parte anterior do corpo, de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen dobreces. Así deberá levarse
durante o transcurso da proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers) poderán consultar
os seus rexistros de forma instantánea, a través deste sistema.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen este dorsal-chip.
Impediráselles ter acceso á proba respectando os dereitos daquelas persoas regulamentariamente inscritas.
Non se permitirá a participación co dorsal-chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun
dorsal-chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficialmente entregado pola organización.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización
reservarase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos e naturais, sen axudas externas
físicas ou materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas da World Para Athletics. Calquera dúbida a respecto diso
deberá consultarse coa organización antes de facer a inscrición a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados
destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha persoa con
discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade trasladarse polos seus propios
medios físicos), entendendo nestes casos como participante sempre a persoa que empurra o carro (dentro
da categoría que lle corresponda), e non a persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando copia da
tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de xeito que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal sen chip, será
gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
5k 2025 Regulamento_ 4 | 9
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
A organización resérvase a facultade de retirar da proba a/o atleta que manifeste un mal estado físico, que
non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, as e os corredores que non respecten as
indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización
debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar a persoa infractora que non leve visible o seu
dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto
aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra norma
contemplada nas normas da FGA, RFEA e WA para probas en ruta.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche de control da carreira farase 40 minutos despois de súa saída.
Ao se cumprir este tempo todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á
zona peonil. Serán consideradas “fóra de carreira” e “non figurarán nas clasificacións”. Se deciden continuar,
estarano facendo exclusivamente baixo a súa responsabilidade e deberán cumprir en todo o momento coa
normativa de tráfico e seguridade viaria.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 16: nadas/os en 2010 e 2011
- Sub 18: nadas/os en 2008 e 2009
- Sénior/Máster: nadas/os en 2007 e anteriores
-Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2007 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas: que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda.
Non está permitida a participación en handbike.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual
C) Persoa con discapacidade intelectual
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar
na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías deberá ser remitida, dentro do prazo de inscrición da
proba, unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, concretamente, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para
participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas
con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, de
atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo no correo electrónico
info@carreirasgalegas.com, así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os/as guías das persoas
corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíta, para o cal deberán
contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade será necesario inscribirse nesa categoría.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que terá unha
normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A inscrición realizarase a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do martes 4 de febreiro de 2025.
Cota e prazos de inscrición:
 Prazo ordinario: ata o domingo 26 de xaneiro de 2025: 4 €
 2.º prazo: desde o luns 27 de xaneiro ata o domingo 2 de febreiro: 6 €
 Prazo extraordinario: desde o luns 3 de febreiro ata o martes 4 de febreiro: 8 €
Ojo morado Inscrición presencial:
Os/as atletas serán debidamente informados/as das datas e da localización.
c) Devolución da cota de inscrición: devolverase a cota de inscrición na súa totalidade, só no caso de lesión
e/ou enfermidade, sempre e cando se presente un xustificante no que non aparezan datos de saúde,
con polo menos 10 días de antelación a celebración da proba, enviando un correo electrónico a
info@carreirasgalegas.com.
Art. 12 – ENTREGA DE DORSAIS
Os/as atletas serán debidamente informados/as dos horarios e da localización. Serán os días previos ao
desenvolvemento da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que se poderán recoller os dorsais.
Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Art. 13 – SAÍDA
Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados na inscrición.
Art. 14 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: estarán á disposición das persoas participantes aseos portátiles localizados na zona de saída
e meta.
DUCHAS: especificaranse debidamente a súa localización e o horario.
GARDARROUPA: especificaranse a súa localización e o horario.
Art. 15 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
Ademais, haberá colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigado, polo
que as e os atletas que non os utilizaren poderían ser descualificados.
Art. 16 – SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos obrigatorios e recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas
as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real decreto
849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal indicando os datos
do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está
baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 17 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións publicaranse unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización destinadas para
ese efecto.
Art. 18 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas das
categorías sub 16, sub 18 e Sénior/Máster (feminina e masculina).
Informarase do horario da entrega de trofeos a través do portal web municipal,
www.coruna.gal/carreiraspopulares, e das páxinas web www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se
faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías (masculina
e feminina).
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o
dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo
a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente
que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde
se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a
el.
Art. 19 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puideren causar ou causarse as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas. A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que
realiza o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba,
e exime a organización da dita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubrirá os incidentes inherentes
á proba.

[ Go Back ]