Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Corre con Nós - Nocturna
18/01/2025
18:00 - 19:00
[
Go Back
]
Descripción
XXIII CIRCUÍTO LARSA
CORRE CON NÓS 2025
**REGULAMENTO 2025**
1.- CALENDARIO DE PROBAS 2025
O XXIII Circuíto Larsa Corre con Nós 2025, organizado pola Area de Alcaldía do Concello
de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes consta de 6 probas distribuidas no
seguinte calendario:
2.- CATEGORÍAS E DISTANCIAS DE CADA PROBA
1ª PROBA (ata 500 mt.)
CATG. MINI : 5 a 7 anos no 2025
SEN CHIP E SEN CLASIFICACIÓNS
2ª PROBA (entre 500 mt. e 800 mt.)
• CATG. SUB 10 : 8-9 anos no 2025
• CATG. SUB : 10-11 anos no 2025
3ª PROBA (entre 900 mt. e 2000 mt)
• CATG. SUB 14 : 12-13 anos no 2025
• CATG. SUB 16 :14-15 anos no 2025
CARREIRAS DATAS HORAS LUGAR
1ª CARREIRA SÁBADO 18 XANEIRO 2025 18:00 H NOCTURNA
(Avda Ramon Ferreiro)
2ª CARREIRA DOMINGO 16 FEBREIRO 2025 12:00 H IMPULSO VERDE
(C.C. As Termas)
3ª CARREIRA DOMINGO 16 MARZO 2025 12:00 H CORRE CON ELAS
San Fiz
4ª CARREIRA DOMINGO 20 ABRIL 2025 12:00 H **Por determinar
5ª CARREIRA SÁBADO 10 MAIO 2025 17:00 H RECINTO FEIRAL
(Parque Feira Exposicions)
6ª CARREIRA DOMINGO 08 XUÑO 2025 12:00 H FINAL CIRCUITO
(Parque de Frigsa))
4ª PROBA ( entre 3.000 mt. e 6.000 mt. )
• SUB 18 : 16 e 17 anos no 2025
• SUB 23 : 18 e 22 anos no 2025
• SENIOR (24 a 29 anos no 2025)
• VETERÁN/A +30 (30 a 34 anos no 2025)
• VETERÁN/A +35 (35 a 39 anos no 2025)
• VETERÁN/A +40 (40 a 44 anos no 2025)
• VETERÁN/A +45 (45 a 49 anos no 2025)
• VETERÁN/A +50 (50 a 54 anos no 2025)
• VETERÁN/A +55 (55 a 59 anos no 2025)
• VETERÁN/A +60 (60 a 64 anos no 2025)
• VETERÁN/A +65 (65 a 69 anos no 2025)
• VETERAN/A +70 (70 74 anos no 2025)
• VETERAN/A +75 (75 ou máis no 2025)
3.- PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN PARA O CIRCUÍTO
a) Inscricións para a primeira proba ata o Domingo 13 de Xaneiro de 2025 ás 23:59 h.
Despois da primeira proba do circuíto, poderanse inscribir tod@s aqueles/as que
non o fixeran, ata as 23:59 h do Martes da semana correspondente á celebración de
cada carreira.
c) Esta data poderá ser modificada previamente pola Organización e será anunciado
previamente pola mesma.
d) As inscricións faranse a través da páxina oficial do circuíto www.correconnos.com.
e) Tod@s @s menores de idade, deberan de inscribirse co consentimento expreso do
pai/nai ou titor legal.
4.- RECOLLIDA DORSAIS E CHIPS ATLETAS INSCRIT@S
a) Para a primeira proba do circuíto ( Nocturna 18 de Xaneiro ) a recollida inicial do
circuito:
a. Xoves 16 / Venres 17 / Sábado 18 de Xaneiro en horario de apertura
comercial en INTERSPORT LUGO (Edificio Pimentel en rúa Bispo Aguirre 3)
Para o resto de probas do circuito: Xoves (tarde) / Venres (mañá e tarde) / Sábado
(mañá) da semana da carreira en horario de apertura comercial en INTERSPORT
LUGO
a. SALVO NA PRIMEIRA PROBA DO 18 DE XANEIRO, NON SE ENTREGARÁN
DORSAIS O MESMO DIA DAS CARREIRAS POR CUESTIÓNS
ORGANIZATIVAS.
b. Se non tes CHIP AMARELO doutros anos, e o adquíreche por internet,
deberás de recollelo co teu dorsal.
5.- OBRIGATORIEDADE DE PORTAR O CHIP E O DORSAL EN CADA PROBA
a) Hai un ÚNICO dorsal para todo o circuíto que se recollerá unicamente na
primeira proba do mesmo na que se participe.
E OBRIGATORIO LEVAR O DORSAL EN TODAS AS PROBAS, e non alterar nin
manipular o mesmo tapando ou ocultando parte da publicidade impresa,
podendo no caso contrario a Organización descualificar ao/á corredor/a.
c) Para participar neste circuíto é OBRIGATORIO portar en cada carreira o chip
amarelo de Championchip para poder saír nas clasificacións ( se non o tes
poderalo adquirir ou facer a túa inscrición no circuíto na páxina de
www.correconnos.com ) e tamén portar o dorsal claramente colocado na
parte frontal da camiseta.
d) O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba e non
lle contará de ningún xeito para a clasificación final do circuíto.
e) O atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ó avituallamento final de
carreira e deberá desviarse da fila final o rematar a súa carreira, posto que non
poderá ser identificado pola organización como participante do circuíto Larsa
Corre con Nós, podendo chegar a ser descualificado se así o estima a
organización de carreira por non cumprir o regulamento.
f) Os CHIPS son persoais e intransferibles polo que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador
e do/a atleta que foi suplantado/a , anulando todos os dereitos adquiridos coa
inscrición no circuíto.
g) No caso de Perda do Chip, o/a atleta poderá mercar outro a través da páxina de
Championchip o mesmo prezo de 20 € adultos / 5€ menores (aluguer).
h) No caso de Perda ou Rotura de Dorsal, poderá solicitar un segundo dorsal
dentro dos prazos para novas inscricións indicadas para cada proba na
páxina do CCNOS na semana previa á carreira.
5.- USO DO CHIP POLAS CATEGORIAS MENORES : SUB 10 – SUB 12 – SUB 14 – SUB 16
a) Todas as categorías. exceptuando a MINI, terán que levar un CHIP Championchip
que alugarán no momento da inscrición, salvo que sexan propietarios de chip
amarelo, ou o merquen no proceso de inscrición.
Deberán de aboar unha FIANZA RESPONSABLE DE 5€ no momento da inscrición
por internet.
c) Na derradeira proba do circuíto (Frigsa) deberá de devolverse o CHIP
ALUGADO PARA MENORES
d) Unha vez finalice a mesma e feita a comprobación por parte de
ChampionchipNorte posteriormente a partires do 30 de xuño de 2025 seranlle
devoltos os 5 € da fianza que aportou polo mesmo sistema polo que os pagou a
todos/as os participantes que o entregaron dentro dese prazo.
e) A perda do chip levará á perda da fianza e o/a atleta terá que voltar a alugar un
novo chip por internet na páxina web do circuíto.
f) Os chips recolleranse xunto co dorsal antes da primeira proba que o/a atleta vaia
a disputar e seguindo os prazos marcados pola organización
6.- LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO CIRCUITO
a) CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS DE MENORES
a. Esta é a clasificación por CATEGORÍAS DE MENORES en cada unha das 6
probas.
i. Categorías SUB10-SUB12-SUB14-SUB16
1. Entrega de trofeos ó final de cada unha das probas
a. Trofeo para @s gañadoras/es de cada unha das
categorías Feminina/Masculina SUB10-SUB12-SUB14-
SUB16
b. Medalla de Prata para @ Segund@ clasificad@ de cada
categoría.
c. Medalla de Bronce para @ Terceir@ clasificad@ de cada
catego
ii. LIGA CAIXA RURAL DE MENORES :
1. CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS Fem. /
Mas.
a. SUB10-SUB12-SUB14-SUB16
i. Deberase Puntuar en 5 das 6 probas.
ii. Poderase descartar 1 proba non asistindo ou
automaticamente se eliminara o peor resultado.
iii. Trofeo para os 3 primeiros clasificad@s finais de
cada unha das categorías na derradeira proba.
CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS ABSOLUTAS
a. Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación
por categorías.
b. Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 5 das
6 probas que compoñen o circuíto para poder optar os premios finais para
os/as tres primeiros/as de cada categoría.
c. A puntuación alcanzada irá en función do posto categoría acadado en
cada unha das probas: 1º-1 pto / 2º - 2 ptos / 3º - 3 ptos...... de xeito que a
puntuación canto menor sexa significará mellor posición na clasificación
individual.
d. Se o/a atleta finaliza todas as probas descartará automaticamente o peor
posto puntuando cos seus mellores cinco resultados acadados.
e. Trofeo para as 3 primeiras Clasificadas de cada Categoría Absoluta.
f. Trofeo para os 3 primeiros Clasificados de cada Categoría Absoluta.
i. LIGA LARSA CATEGORIAS ABSOLUTAS
1. En función do posto por sexo acadado en cada unha das
probas):
a. CLASIFICACIÓN FINAL XERAL INDIVIDUAL
FEMININA
i. Trofeo para as 3 primeiras Clasificadas
Absolutas.
b. CLASIFICACIÓN FINAL XERAL INDIVIDUAL
MASCULINA
i. Trofeo para os 3 primeiros Clasificados
Absolutos.
c) CLASIFICACIONS GRUPAIS
a. CLASIFICACIÓN XERAL COCA COLA POR EQUIPOS ABSOLUTOS
i. Haberá Clasificación por Equipos nas diferentes categorías:
1. XERAL EQUIPOS MASCULINOS : puntúan 6 homes
2. XERAL EQUIPOS FEMININOS : puntúan 6 mulleres
3. XERAL EQUIPOS MIXTOS : puntúan 3 Homes + 3 Mulleres
a. O formar parte dun equipo Masculino ou Feminino
descarta o/a atleta para formar parte dun Mixto e
viceversa.
b. Para puntuar en cada carreira deberán de facelo cun
mínimo de atletas tal como se define.
c. O equipo deberá de puntuar nas 6 carreiras do
circuíto.
d. A través da plataforma de Championchip: EQUIPOS
CCNOS 2025
e. O/A atleta debera de seguir os pasos da plataforma
para darse de alta nun equipo sempre habéndose
dado de alta previamente como atleta en
Championchipnorte.com.
f. O equipo que figure ese dia na conta do atleta é o que
pasará a formar parte durante todo o circuíto sen
posibilidade de cambios nin rectificacións pois a
plataforma non o permitirá.
g. As/os atletas na súa inscrición deberán de reflexar o
mesmo nome de equipo para que se faga efectivo na
clasificación.
h. As atletas femininas puntúan por postos dentro da
xeral feminina e os atletas masculinos o mesmo na
xeral masculina.
i. Trofeo para os 3 primeiros Equipos Clasificados de
cada Categoría.
4. LIGA ESCOLAR INTERSPORT ( colexios do municipio de
Lugo)
a. CLASIFICACIÓN PARTICIPATIVA FINAL POR
COLEXIOS .
b. O/A atleta menor elixirá na súa inscrición ó colexio no
que actualmente cursa estudios.
c. Trátase dunha clasificación basicamente
PARTICIPATIVA.
d. Cada atleta sumará un punto para o seu colexio con
cada participación.
e. Trofeo para os 3 Primeiros Colexios clasificados
5. CLASIFICACIÓN FAMILIAR C.C. AS TERMAS
a. Para participar na clasificación por familias os atletas
deberán indicar na inscrición o nome da familia e o
dni e nome completo da persoa que actúe como
capitán ou cabeza de familia. Este último deberá
estar tamén inscrito ó circuíto e deberá haber unha
relación familiar de primeiro grao con el (fillos, pais e
irmáns en tódolos casos tanto naturais como
políticos ademáis conyugues).
b. Cada familia puntuará cos tres mellores resultados
por categoría en cada carreira, obtendo tantos puntos
como suma deses tres mellores postos acadados en
cada categoría. En caso de non finalizar un mínimo de
tres participantes o resultado descartarase para o
cálculo do global.
c. Para calcular a a puntuación global sumaranse as
cinco mellores puntuacións obtidas pola familia ó
longo do circuíto.
d. En caso de empate favorecerase á familia que mais
participacións individuais sume e, en caso de
persistir, a que mais quilómetros recorrera.
e. Trofeo para as 3 mellores familias clasificadas o final
do circuito.
7.- RESULTADOS DE CADA PROBA
a) Páxina Web www.correconnos.es
App Corre con Nós ( Play Store para Android / App Store para IOS)
c) Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.correconnos.com , e no
caso de que sexa posible, posteriormente publicaranse as clasificacións
xerais e por categorías na prensa escrita.
8.- CERIMONIA DE ENTREGA DE TROFEOS
a) Estará prevista unha Cerimonia Final de Entrega de Trofeos do
desenvolvemento da cal informaremos puntualmente no seu momento co
remate da derradeira proba do circuito.
9.- PREMIO INTERSPORT Á PARTICIPACION NO CIRCUITO
a) Tod@s @s atletas que finalizaran 5 ou 6 probas do circuíto Larsa Corre con
Nós 2025 terán como premio a súa participación un VALE DESCONTO en
INTERSPORT LUGO a recoller previa identificación d@ atleta no
establecemento .
Manteremos informad@s os/as atletas do procedemento chegado o
momento.
10.- OBSERVACIONS FINAIS
a) O FEITO DE INSCRIBIRSE NESTE CIRCUÍTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DO
REGULAMENTO e declara recoñecer e aceptar que a Organización poderá
facer uso das imaxes das probas con fins puramente informativos e
promocionais do evento.
Todos os participantes, estarán cubertos por un seguro da proba.
c) De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, da
protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu
dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma
parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo nas
direccións indicadas na ficha de inscrición.
d) Os organizadores e colaboradores das probas non se farán responsables dos
danos morais, materiais ou persoais que así mesmos e a outras persoas
ocasionen ós participantes das carreiras.
e) Dado o carácter estritamente deportivo e popular destas probas, non se admitirán
reclamacións sobre os resultados das carreiras.
f) A participación leva implícita a aceptación do Regulamento do circuíto CCNOS.
g) A partir da segunda proba poderán inscribirse todos/as os novos/as atletas que
queiran segundo as condicións anteriormente expostas no regulamento, e
sempre e cando haxa dispoñibilidade de dorsais e chips
[
Go Back
]