Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Carnota
23/02/2025
10:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DA X CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA
DATOS XERAIS
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de Atletismo
Carnota Runners e o Club O Jerreiro, organizan o domingo 23 de febreiro a
X Trail Viquinga do Concello de Carnota, con dúas distancias aproximadas,
unha longa de 24 km, cun desnivel positivo aproximado de 1200 m e unha
curta de 12 km, cun desnivel positivo aproximado de 800 m.
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen, tanto
nenos/as como adultos/as.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se
presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da
celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida
automaticamente.
NORMATIVA XERAL
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
Chupete Mixta
2023 e
posteriores 50 m (aprox.) 11:30 horas
Pitufo Mixta 2018 – 2022 200 m (aprox.) 11:30 horas
Cativos I Masculina 2014 – 2017 1.000 m (aprox.) 11:15 horas Feminina
Cativos II Masculina 2010 – 2013 3.000 m (aprox.) 10:45 horas Feminina
Sénior
curta
Masculina 1976 – 2009 12.000 m (aprox.) 10:35 horas Feminina
Sénior
longa
Masculina 1976 – 2009 24.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminina
M50 curta Masculina 1975 e
anteriores 12.000 m (aprox.) 10:35 horas Feminina
M50 longa Masculina 1975 e
anteriores 24.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminina
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. Haberá dous percorridos para maiores de 16 anos, unha distancia curta
de aproximadamente 12.000 m, e unha distancia longa de 24.000
metros, aproximadamente. Para os Chupetes, 50 metros; para os
Pitufos, 200 metros; para os Cativos I, 1.000 metros e para os Cativos
II, 3.000 metros.
3. A saída estará situada no Pavillón Municipal de Lamas de Castelo.
4. O comezo da carreira das categorías Sénior e M50 será ás 10:30 h,
aproximadamente.
As categorías base correrán mentres se leva a cabo a carreira das
categorías Sénior e M50. Os Cativos II comezarán a súa carreira ás
10:45 horas, os Cativos I ás 11:15 e os Pitufos e os Chupetes ás 11:30
horas, aproximadamente.
5. A Organización da proba resérvase o dereito a modificar os horarios ou
o percorrido, así como a aprazar ou suspender a carreira, se así o estima
oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade.
6. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do
espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de
carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.
Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade
e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se
admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita a
aceptación do Regulamento xeral da proba. O Concello de Carnota non
se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione
a participación nesta carreira. Os aspectos non recollidos neste
Regulamento resolveranse segundo o criterio da comisión organizadora,
cuxas decisións serán inapelables.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
10. A Organización porá á disposición das persoas participantes un servizo
de ambulancia para os/as atletas que presenten algún síntoma ou
lesión durante a proba.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para os corredores e corredoras
que o precisen.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira o
Pavillón Polideportivo Municipal de Lamas de Castelo para que se poidan
asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 2:00 h, a partir da
entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir dese
momento, os corredores e as corredoras que permanezan en ruta
deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá dous postos de avituallamento intermedio, para o Trail longo
e un posto de avituallamento intermedio para o Trail Curto, no que se
habilitarán papeleiras para tirar os residuos.
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No
avituallamento haberá servizo de recollida de desperdicios.
17. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados
pola Organización.
18. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
19. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou
parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou
calquera outro medio de difusión.
20. Os/as participantes acompañados de animais non contará na
clasificación xeral para a obtención premios.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
INSCRICIÓNS
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado na
páxina web www.magmasports.es
2. Termos e prezos das inscricións:
As inscricións efectuaranse na páxina www.magmasports.es e
poderanse facer ata o xoves 20 de febreiro ás 23:59 h.
A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade
deberá ir acompañada dunha autorización paterna/materna, segundo
o modelo establecido pola organización. O dito modelo, que se pode
descargar na páxina web www.magmasports.es ou na páxina web do
Concello (www.carnota.gal), deberá imprimirse e presentarse
debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal ou no
Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
O prezo de cada inscrición será de 10€.
A inscrición para os/as atletas menores de idade será gratuíta.
Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
Este ano temos a opción de contratar a comida post carreira. O seu
prezo é de 10€ para o/a participante e de 15€ para as persoas
acompañantes.
O menú consta de callos e carne ao caldeiro, bebida (viño, auga,
cervexa e refresco), café e postre
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas no Pavillón Polideportivo
de Lamas de Castelo e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do
inicio da proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,
etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no regulamento,
dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non
poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
1. Establécense os seguintes premios:
Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas da
categoría Sénior e M50.
Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
Medalla para todas as persoas participantes nas categorías base. Na
categoría Pitufos levarán medalla todos/as os/as participantes. Nas
categorías Cativos I e Cativos II, levarán medalla todos/as os/as
participantes, e subirán ao podio os/as tres primeiros/as de cada
unha destas categorías.
Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes na
carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de
www.magmasports.es
UBICACIÓN E PERCORRIDOS
UBICACIÓN
https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9
SÉNIOR E M50
O percorrido e o track das categorías Sénior e M50 poderase consultar na
páxina web de www.carnota.gal ou en www.magmasports.es
[
Go Back
]