Calendario
Ver carrera

Lugo - Milagrosa

23/02/2025 11:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO CARREIRA POPULAR SOLIDARIA CPR LA MILAGROSA LUGO
O Colegio Plurilingüe A Milagrosa organiza a primeira edición da Carreira Solidaria
que se celebrará o día 23 de Febreiro a partires das 11 da mañá nas inmediacións do
noso centro educativo na nova praza do Ferrol.
Trátase dun proxecto desenvolvido polo equipo directivo do centro coa
colaboración de Champion Chip Norte no que promover a actividade física e
saudable para as familas dos nenos do colexio pero tamén de fora del cun obxectivo
solidario: ”Tus pasos su alimento”. Dedicado ao comedor San Froilán de Lugo
Programa de actividades:
 Andaina solidaria: para todas as idades, tratarase dunha actividade non
competitiva que consistirá en dar 1 volta á muralla saíndo e chegando ao colexio.
 Carreiras de promoción para nenos en idade escolar:
o Carreira de pitufos: Carreira non competitiva para os máis pequenos,
poderán ir acompañados polos seus pais ou correr solos. Os que
participen solos estarán controlados en todo momento pola organización
ata que os recollan os pais ou titores na postmeta,
o Carreiras para as categorías menores: Competicións e distancias para as
diferentes categorías en idade escolar.
 Carreira para adultos: Competición para o resto de categorías
 Carreira inclusiva.
 Dorsal solidario: Poñerase a disposición de todo aquel que non poida participar
a posibilidade de comprar un dorsal solidario para colaborar coa nosa causa….
PERCORRIDOS
A Saída e a Meta estarán ubicadas diante do centro. Estableceranse catro tipos de
volta para configurar as diferentes distancias de cada categoría (mini, pequena,
mediana e grande) que discorrerán polas inmedacións do centro.
Os percorridos estarán debidamente sinalizados e controlados por voluntarios da
organización, policía e protección civil debidamente identificados.
Todas as carreiras estarán encabezadas e pechadas polas bicis da organización
Ver plano racemapp provisional
CATEGORÍAS, IDADES E ANOS DE NACEMENTO
Establecerase unha categoría por cada sexo
 PITUFOS: Nad@s en 2018 e posteriores
 SUB10: Nad@s en 2016 e 2017
 SUB12: Nad@s en 2014 e 2015
 SUB14: Nad@s en 2012 e 2013
 SUB16: Nad@s en 2010 e 2011
 SENIOR: Nad@s dende 2009 ata 34 anos
 VETERANS 1: de 35 a 44 anos
 VETERÁNS 2: de 45 a 54 anos
 VETERÁNS 3: de 55 a 64 anos
 VETERÁNS 4: de 65 en adiante
 INCLUSIÓN.
HORARIOS, COMPETICIÓNS, PERCORRIDOS EN DISTANCIAS
 11:00 SUB14 e SUB16: 2400m, 2 voltas medianas
 11:15 SUB12: 1200m, 1 volta mediana
 11:20 SUB10: 800m, 1 volta pequeña
 11:25 PITUFOS: 250m, 1 volta mini
 11:30 ABSOLUTA: 4000m aprox: 4 voltas grandes
 12:00 ENTREGA DE TROFEOS
INSCRIPCIÓNS, PREZOS e PRAZOS
 Ao formalizar a inscrición todos os participantes aceptan o presente
regulamento
 Recaudaremos para axudar ao comedor San Froilán
 Donativo voluntario: Para todo aquel que queira doar algunha cantidade a
maiores do plantexado pola organización poderá facelo no procedemento
de inscrición
 A inscrición inclúe: Seguro de accidentes, seguro de RC, servicios médicos,
avituallamento final, dorsal, cronometraxe e agasaio
As inscricións realizaranse do seguinte xeito:
 Pola web www.ccnorte.com
 Datos necesarios: NIF, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, TALLA,
CLUBE (se o ten)
Prazos e prezos
 Ata 19 de Febreiro
o Carreira pitufos 2,00€
o Carreiras menores 5,00€
o Andaina e Carreira adultos 7,00€
CAMBIOS, DEVOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS
Política de devolucións: Dado o carácter solidario do evento, unha vez feita a
inscrición non se devolverá o importe baixo ningún concepto
Cambios na inscrición: Poderánse cambiar un participante por outro abonando 1€,
non se permitirá ningún cambio a partires do día 20 de Febreiro inclusive
Cancelación do evento: No caso de que o evento se cancelara de forma definitiva
por causas de forza maior alleas a organización, ésta non terá a obriga de devolver o
importe da inscrición.
SECRETARÍA e ENTREGA DE DORSÁIS
A secretaría estará ubicada no propio centro, poderanse recoller os dorsais nos
seguintes horarios:
 Viernes 21 de febrero de 18h a 20h
 Domingo 23 de febreiro dende as 9h ata as 10:30
INFO IMPORTANTE PARA OS PARTICIPANTES
 Deben recoller o dorsal e chip nos horarios establecidos, non se entregará
material fora de ese horario
 Deberán estar preto da saída 5 minutos antes da súa hora oficial de saída
 Os propietarios de chip amárelo de championchip deben correr co seu chip
 Os que non teñen chip en propiedade deben devolvelo ao rematar a súa
competición
 Deben respetar as sinalizacións e voluntarios, policías e persoal de
organización
 Serán descalificados en caso de non completar o percorrido ou non respetar
as indicacións de calqueira persoa vinculada a organización
TROFEOS e PREMIOS
 PITUFOS
o Medallas para todos os pitufos, entregaranse ao chegar a meta
 CARREIRAS MENORES
o Trofeo para o primeiro de cada categoría e medallas para segundo e
terceiro
 CARREIRA ADULTOS
o Os trofeos son acumulativos
o Trofeo para o primeir@ de cada categoría e medallas para segund@
e terceir@
 Premios colexio
o Primeiro e primeira de cada competición.
OUTROS SERVICIOS
 Avituallamiento
 Ambulancias
 Seguro de accidentes
 Servicios de voluntarios e control da proba.

[ Go Back ]