Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Coruña Corre - Torre
15/03/2025
20:00 - 21:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO ESPECÍFICO DA CARREIRA POPULAR A TORRE DE HÉRCULES
Artigo 1. Data de realización
Sábado, 15 de marzo de 2025
Artigo 2. Inscricións e cotas
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 9 de marzo de 2025.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.
Artigo 2. Inscricións e cotas
Participación no circuíto e inscrición en cada una das carreiras, segundo o indicado no art. 4 do regulamento
xeral do Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre 2025:
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a través
da web www.coruna.gal/carreraspopulares.
Existen a seguinte posibilidade de inscrición:
1. Inscrición única ao Circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha
das carreiras, con necesidade de confirmar a participación de xeito individual para cada carreira. Esta
modalidade de inscrición é a única forma de puntuar para o circuíto e optar aos premios.
CIRCUÍTO: INSCRICIÓN ÚNICA E DORSAL ÚNICO
O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes Bases
na web municipal e rematará ás 23.59 h do domingo 4 de maio, data na que finaliza o prazo
de inscrición para a 3.ª carreira do circuíto, a XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de
Visma, que se realizará o 11 de maio de 2025.
2. Inscricións a cada carreira de forma independente. É obrigatorio inscribirse en cada carreira, desde a
apertura de inscricións de cada carreira ata as 23:59 h. do domingo anterior á data de celebración da
mesma.
Esta forma de inscrición non puntúa para o global do circuíto aínda que se participe en todas as
carreiras do mesmo.
COTA DE INSCRICIONS, segundo o indicado no art. 5 do regulamento xeral do Circuíto de Carreiras
Populares Coruña Corre 2025:
Extracto: (máis información equipos e outros no incluídos no cadro seguinte)
INSCRICIÓN AO CIRCUÍTO)
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos e Carné
Xove
Cota 12,00 € 7,00 €
Chip 12,00 € * 12,00€ *
Total 24,00 € 19,00 €
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
*Chip circuíto: Os participantes que merquen o chip para a presente edición poderán devolvelo ao remate da última carreira e
recuperarán a fianza de 5€
A cota de inscrición para participar ÚNICAMENTE nesta XIII CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES -
TROFEO J.A. VARELA CALVIÑO será de 3 € máis 2 € polo chip refugable (non reutilizable), coa excepción das
persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 2 € máis 1 € polo chip
refugable.
Artigo 3. Horarios de saída e distancia
HORA CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA
17:00 PEQUES* Que cumplan 8 anos ou menos, durante este ano. 150 m aprox.
17:30 SUB 10* Que cumplan 9 e 8 anos, durante este ano. 800 m aprox.
17:45 SUB 12* Que cumplan 11 e 10 anos, durante este ano. 800 m aprox.
18:00 SUB 14 Que cumplan 13 e 12 anos, durante este ano. 1.600 m aprox.
18:15 SUB 16 Que cumplan 15 e 14 anos, durante este ano. 2.400 m aprox.
18:30 SUB 18 Que cumplan 17 e 16 anos, durante este ano. 2.400 m aprox.
19:10 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES
20:00 ABSOLUTA 6.625 m aprox.
21:15 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
*Horarios orientativos en función da participación.
INSCRICIÓN A CADA CARREIRA (DE FORMA INDEPENDENTE))
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos e Carné
Xove
Cota 3,00 € 2,00 €
Chip refugable 2,00 € 1,00€
Total 5,00 € / carreira 3,00 € / carreira
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
Artigo 4. Lugar e recollida de dorsais
Frontón Curto da Cidade Deportiva da Torre
Paseo Alcalde Francisco Vázquez. 15003 A Coruña
Venres 14 de marzo, das 17.00 ás 21.30 horas
Sábado 15 de marzo, desde as 10.00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das
carreiras.
Artigo 5. Lugar de saída e meta (Ver circuíto na páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares.)
Saída: Paseo dos Menhires (zona da estatua de Breogán)
Meta: Torre de Hércules
Artigo 6. Peche de control da carreira absoluta
Ás 21.00 horas
Artigo 7. Servizo de duchas
Na Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas e vestiario será só para as persoas participantes na
categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 19.30 h.
Artigo 8. Servizo de gardarroupa
No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 19.00 a 21.30 h
Artigo 9. Uso e devolución do chip
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas deportivas ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip
amarelo das/os propietarias/os (non se devolve).
Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste).
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
Artigo 10. Avituallamento na meta
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías
no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Artigo 11. Clasificacións
Poderase consultar a clasificación da carreira a través do código QR do dorsal.
Artigo 12. Horario e lugar da entrega de premios
Horario
CATEGORÍAS INFERIORES: ás 19.10 horas (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18)
CARREIRA ABSOLUTA: ás 21.15 horas
Entregaráselles o Trofeo Varela Calviño ás persoas vencedoras absolutas, ao primeiro home e á
primeira muller da carreira absoluta.
Lugar
FRONTÓN DA CIDADE DEPORTIVA DA TORRE
Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán
poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, onde se custodiarán os trofeos non recolleitos durante
un prazo máximo de 15 días.
[
Go Back
]