Calendario
Ver carrera

Pontecesures

02/02/2025 11:00 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción Reglamento
REGULAMENTO
1. LUGAR
As probas disputaranse na data sinalada a partir das 11:00 horas da mañá na localidade de
Pontecesures nun circuíto urbano con saída e chegada na Prazuela.
A entrega de dorsais realizarase a partir das 9:30 horas na mesma praza (en caso de chuvia, no
Centro Social).
Concello de Pontecesures
Páxina 2
2. CATEGORÍAS E HORARIOS
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
Biberón 2020 e posteriores +/- 150 m. 12:40
Pitufos/as 2018-2019 +/- 450 m. 12:30
Benxamín (sub10) 2016-2017 +/- 1.000 m 12:15
Alevín (sub 12) 2014-2015 +/- 1.000 m 12:00
Infantil (sub 14) 2012-2013 +/- 1.500 m 11:45
Cadete (sub 16) 2010-2011 +/- 1.500 m 11:45
Junior (sub 18) 2006-2009 4K/8K 11:00
Senior 1990-2005 4K/8K 11:00
Máster A 1980-1989 4K/8K 11:00
Máster B 1970-1979 4K/8K 11:00
Máster C Anteriores a 1970 4K/8K 11:00
No momento de inscribirse, os/as atletas de categoría JUNIOR ou superiores poderán elixir entre
participar no circuíto 4K ou 8k; significando isto que o tempo que se terá en conta para as
clasificacións será aquel que o/a atleta obteña no percorrido para o que estea inscrito/a.
O resto de categorías escolares realizarán circuítos deseñados para cada unha segundo o ano de
nacemento.
As persoas participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes da hora prevista para o comezo
de cada proba segundo categorías.
3. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
O control das carreiras estará a cargo da empresa EmesportsEventse a cronometraxe das diferentes
probas levarase a cabo de xeito electrónico mediante chips (excepto biberóns e pitufos/as) que serán
entregados a todas e todos os corredores inscritos xunto cos dorsais.
As/os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización e deberán colocalos
na parte anterior do corpo e de xeito visible.
Poderás consultar a clasificación e os teus tempos na páxina web de Emesports;www.emesports.es.
4. INSCRICIÓNS
Todas as persoas que desexen participar no 24 aniversario do evento deberán facer a súa inscrición
ata o 22 de xaneiro de 2025 ás 23:59 no sitio www.emesports.es, onde deberán cubrir os datos do
formulario de inscrición dun xeito moi sinxelo e, mediante a modalidade de pago por
tarxeta,efectuar o pago, se corresponde.
PREZOS:
-JUNIOR a MÁSTER – 6 euros; os cales serán doados integramente a Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
Concello de Pontecesures
Páxina 3
-BIBERÓNS a CADETE – as categorías escolares poderán correr de balde, aínda que deberán
formalizar a súa inscrición da mesma maneira no sitio www.emesports.es.Non obstante, estas
categorías, e tódalas persoas que o desexen poderán colaborar.
-DORSAL SOLIDARIO – As persoas que, por calquera circunstancia, non poidan correr pero desexen
colaborar coa causa, terán a opción de inscribirse na carreira e obter un dorsal solidario
personalizado por 6 euros, que serán doados integramente a Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA). Tamén haberá un posto da asociación o día da carreira onde se poderá colaborar.
No momento de formalizar a inscripción, todas as persoas participantes terán a opción de facer un
donativo a título personal incrementando o prezo da inscripción.
Poderás coñecer o estado da túa inscrición entrando na listaxe de inscritos na web da carreira en
www.emesports.es
Non se aceptarán inscricións no mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Para calquera dúbida, poderás poñerte en contacto no mailsoporte@emesports.es
5. PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de premios será ás 13:00 horas na Prazuela, ou no Centro Social en caso de choiva.
CAMISETAS:
Todas e todos os participantes inscritos/as na proba recibirán unha camiseta técnica no momento de
recoller o seu dorsal.
MEDALLAS:
-3 primeiros/as de cada categoría escolar establecida neste regulamento, agás nas categorías Biberón
e Pitufo/a, onde se entregará medalla a cada participante.
-3 primeiros/as de cada categoría das probas absolutas.
TROFEOS:
-3 primeiros/as na clasificación xeral do 4K
-3 primeiros/as na clasificación xeral do 8K
-Á persoa participante de máis idade que logre concluír a proba polos seus propios medios para as
modalidades 8K e 4K.
-Ao primeiro cesureño e primeira cesureña en chegar á liña de meta na modalidades 8K e 4K.
PREMIOS PARA CLUBS (*)
1º Clasificado — 300€ e trofeo
2º Clasificado — 200€ e trofeo
3º Clasificado — 100€ e trofeo
*A clasificación de clubs establecerase a través dos 8 primeiros clasificados do mesmo club pola
suma dos seus postos na clasificación xeral das probas absolutas. Os clubs deberán estar compostos
por polo menos 8 homes e/ou mulleres, que logren cruzar a liña de meta.
Os premios non serán acumulables en ningún caso.
Concello de Pontecesures
Páxina 4
6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
i).- A celebración do evento queda suxeita a posibles cambios por circunstancias que requiran a toma
de medidas extraordinarias.
A ORGANIZACIÓN PODERÁ SUSPENDER OU ADIAR A PROBA DEBIDO A CIRCUNSTANCIAS
METEREOLÓXICAS ADVERSAS, DEBENDO FACELO PÚBLICO POLOS CANAIS QUE CONSIDERE
OPORTUNOS (PRENSA, RRSS, …)
ii).- Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao circuíto
de toda persoa allea á carreira.
iii).- A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste
Regulamento.
iv).- Haberá servizo de duchas na Piscina Municipal, no Pavillón Polideportivo Municipalde
Pontecesures e no Club Náutico de Pontecesures.
v).- ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e os organizadores da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.

[ Go Back ]