Calendario
Ver carrera

Barreiros

03/04/2026 11:45 - 12:55

[ Go Back ]

Descripción BASES “XII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”
ORGANIZA: Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto coa colaboración do Concello
de Barreiros
COLABORAN: Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia - Deputación provincial de Lugo -
Peña Barcelonista San Miguel - Agrupación Protección Civil de Barreiros
DATA: 3 de abril de 2026
HORA:
11:00 H. Probas infantiles
11:45 H. Proba adultos
10:30 H. Andaina
LUGAR: PRAIA COTO – BARREIROS – (LUGO).
SAÍDA CHEGADA DE TODAS AS PROBAS: Zona de Praia de Coto, Aparcadoiro Praia de Coto
RECOLLIDA DE DORSAIS:
Praia do Coto ata 15 minutos antes de cada unha das probas na mesa adicada a tal fin na caseta de
socorristas da praia de Coto.
CRONOMETRAXE: Adultos e menores con chip a través da empresa Championchipnorte.
INSCRIPCIÓNS: Inscripción e información a través da web e
https://carreirapopulardaspraias.jimdofree.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
A inscrición nesta carreira automaticamente inscribe a cada corredor/a no "CIRCUITO
+KMBARREIROS" na categoría correspondente do circuíto, podendo ser esta distinta á da carreira
PRECIO :
Carreira Adultos: 6 € ata o 22 de marzo e 10€ do 23 de marzo ata o 31 de marzo. Os que son
propietarios de chip amarelo terán que empregalo na proba.
Andaina: 6€ ata o 31 de marzo.
Nenos ata sub 16 gratuita. Os que son propietarios de chip amarelo terán que empregalo na proba.
O prazo remata o día 10 de abril.
Tfnos información, 653684615 (Iván) , 629783703 (Carlos), 699700200 (Marta)
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto,
e-mail.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2021 e posteriores / 80 m. Carreira non competitiva.
- SUB 8 : 2019 - 2020/ 150m. Carreira non competitiva.
- SUB 10 : 2017 – 2018 / 400 m.
- SUB 12 : 2015 – 2016 / 600 m.
- SUB 14 : 2013 – 2014 / 1.200 m.
- SUB 16 : 2011– 2012 / 1500 m.
CATEGORIAS ADULTOS – 7,5 KM Aproximadamente
- SUB 23: 2004 -- 2010
- SENIOR: 1992 – 2003
- MASTER A: 1982 – 1991
- MASTER B: 1972 – 1981
- MASTER C: Nacidos antes de 1972.
PREMIOS:
Serán premiados os tres primeiros absolutos masculinos e femininas.
Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como
feminino.
Os vencedores absolutos, masculino e feminina, terán un obsequio do patrocinador do circuito
“ASOPORCEL”, que tamén obsequiará ós vencedores desta proba na categoría de equipos.
A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento durante a proba e á chegada da mesma.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de de Coto, con varias distancias dependendo das
categorías.
Adultos e andaina: Saída e chegada no aparcadoiro da Praia de Coto, . En percorrido de ida e volta.
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este percorrido, os participantes na carreira pasarán pola maioría das praias do Concello de
Barreiros, Coto, Acantilado, Pena da salsa, Valea, Fontela, Lóngara e Curbeira onde haberá un paso
de control para despois voltar á praia de Coto.
E os participantes na andaina farán o percorrido de ida pola area , mentres que o de volta o farán
polo paseo marítimo.
VARIOS:
A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade
Civil e servizos de protección civil.
Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo do Concello de Barreiros.
Os propietarios do chip amarelo deberán empregalo nesta proba.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai
responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquera índole que poidan sufrir os
participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a
organización. En caso contrario poderán ser descualificados, coa conseguinte pérdida de dereitos. Os
participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto
dará lugar á descualificación do infractor. Os participantes poderán ser descualificados por
comportamento antideportivo ou outro tipo de acción que a organización considere non apropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á
publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer. A organización poderá
pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de lecer da praia de Coto.
Os circuítos poderanse consultar na web da carreira.

[ Go Back ]