Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Lugo - Cáncer
25/04/2026
19:30 - 20:30
[
Go Back
]
Descripción
LUGO EN MARCHA CONTRA O CANCRO
5K E ANDAINA
1. ORGANIZA: Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
O sábado 25 de abril de 2026 a partires das 18:00h terá lugar a VII Edición Lugo En
Marcha Contra o Cancro, 5k e Andaina.
Evento lúdico-deportivo organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en
Lugo, no que se recadarán fondos para mellorar a vida das persoas con cancro e as
suas familias, e para impulsar a investigación oncolóxica.
O evento consiste nunha Marcha/Andaina para todas as idades, polo adarve da
Muralla romana. Ademais, haberá outras competicións (5K e varias carreiras para
menores) para todas as idades e niveis.
2. LUGAR: Praza da Horta do Seminario – Avenida Ramón Ferreiro.
3. HORARIOS, DISTANCIAS E ANOS DE NACEMENTO POR COMPETICIÓN:
Os horarios están publicados na web oficial e poderán ser modificados en función da
participación e o nivel**.
En todo caso os horarios finais non variarán moito, e serán oficiáis, as 19:00h, do venres
24 de abril.
Horarios provisionáis:
➢ 18:00h ANDAINA TODAS AS IDADES
➢ 19:00h SUB14 (2013-2014) e SUB16 (2011-2012) MASC e FEM 2000m
➢ 19:15h SUB10 (2017-2018) e SUB12 (2015-2016) MASC e FEM 1000m
➢ 19:25h PITUF@S MASC e FEM
➢ 19:30h 5K MASC e FEM
➢ 20:00h ENTREGA DE PREMIOS
4. INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DOS RECORRIDOS:
➢ PERCORRIDOS CORTADOS AO TRÁFICO.
➢ TODOS OS PERCORRIDOS ESTARÁN DEBIDAMENTE SINALIZADOS.
➢ * Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici nin de
ningún xeito agás na proba de PITUFOS.
➢ Pódense consultar planos e tracks na WEB OFICIAL: lugocontraocancro.es
➢ TODAS AS PROBAS CON SAÍDA E CHEGADA Á PRAZA DA HORTA DO
SEMINARIO.
Asociación Española Contra o Cancro en Lugo
982 25 08 09 asociacióncontraelcancer.es
5. INSCRICIÓN E PREZOS:
O prazo de inscrición será ata o mercores 22 de abril.
➢ www.lugocontraocancro.es/
➢ www.ccnorte.com
➢ A inscrición para as categorías menores terá un custo de 5€
➢ A inscrición para a carreira ABSOLUTA , será de 10€ mais 1€ de aluguer a os non
propietarios de chip amarelo
➢ A inscrición para a ANDAINA, terá un custo de 10€, e menores 5€
➢ Tamén haberá unha inscrición solidaria (sen posibilidade de participar en ninguna
proba). Esta inscrición é para aquelas persoas que non poden asistir o día da carreira
e queren axudar cun donativo para a asociación española contra o cancro.
➢ Haberá inscrición o día da carreira (con dereito a camiseta ata esgotar existencias
e tamén incluirá a participación co dorsal correspondente), para tódalas
competicións absolutas cun custo de 10€, e 5€ para a categoría de menores ata
esgotar dorsais de incidencias. Faranse nas carpas habilitadas na Praza da Horta do
Seminario en horario de 15 a 18 horas.
6. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETAS:
A entrega de dorsais e camisetas dos inscritos pola Web realizarase na sede da Asociación
en Lugo, Calle Carril dos Loureiros 17 27002, o venres 24 de abril, de 16:00 a 19:30h e
sábado 25 de abril (día do evento) en horario de 11:00 a 13:30h e de tarde xa na Horta
do Seminario de 15:00 a 18:00h.
7. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA:
➢ Carreiras menores:
• Pitufos: medallas para todos os chegados
• Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría.
➢ Carreira Adultos:
• Trofeo 3 primeir@s absolutos.
• Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría.
Asociación Española Contra o Cancro en Lugo
982 25 08 09 asociacióncontraelcancer.es
CATEGORÍAS PROBAS MENORES POR ANO DE NACEMENTO:
➢ PITUFOS 2019 e POSTERIORES MASCULINA E FEMININA.
➢ SUB-10 2017/2018 MASCULINA E FEMININA.
➢ SUB-12 2015/2016 MASCULINA E FEMININA.
➢ SUB-14 2013/2014 MASCULINA E FEMININA.
➢ SUB-16 2011/2012 MASCULINA E FEMININA.
CATEGORÍAS PROBA ABSOLUTA:
➢ SUB-18 2009/2010 MASCULINA E FEMININA.
➢ SENIOR MASCULINO Y FEMININO dende 2008 ata 34 anos.
➢ VETERAN@S A MASCULINO Y FEMININO 35 a 44 anos.
➢ VETERAN@S B MASCULINO Y FEMININO 45 a 54 anos.
➢ VETERAN@S C MASCULINO Y FEMININO 55 a 64 anos.
➢ VETERAN@S D MASCULINO Y FEMININO 65 anos en diante.
OUTRAS DISPOSICIÓNS:
➢ Poderán participar atletas federados e non federados.
➢ Se eres propietario do chip amarelo debes competir con el.
➢ É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
➢ Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici agás na proba
de Pitufos.
➢ É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP DE ALUGUER AO REMATAR A CARREIRA.
➢ Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do evento
[
Go Back
]