Calendario
Ver carrera

Monforte

26/04/2026 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción NORMAS DE PARTICIPACIÓN XVI CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MONFORTE – 2026
Primeira.- A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos organiza a décimo sexta edición da Carreira
Popular que terá lugar o 26 de abril de 2026
Segunda.- Establécense as seguintes categorías de participación tanto masculina como feminina.
 CATEGORÍAS MENORES:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría mini nados/as no ano 2022 e posteriores
Categoría Prebenxamín nados/as entre o ano 2019 e 2021
Categoría Benxamín nados/as entre o ano 2017 e 2018
Categoría Alevín nados/as entre o ano 2015 e 2016
Categoría Infantil nados/as entre o ano 2013 e 2014
Categoría Cadete nados/as entre o ano 2011 e 2012
 CARREIRA ABSOLUTA:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría Xuvenil nados/as entre o ano 2009 e 2010
Categoría Junior nados/as entre o ano 2007 e 2008
Categoría Senior nados/as entre o ano 1992 e 2006
Categoría Master 35 nados/as entre o ano 1987 e 1991
Categoría Master 40 nados/as entre o ano 1982 e 1986
Categoría Master 45 nados/as entre o ano 1977 e 1981
Categoría Master 50 nados/as entre o ano 1967 e 1976
Categoría Master 60 nados/as entre o ano 1966 e anteriores
Terceira.- Inscrición
A inscrición é gratuita en tódalas categorías.
As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través do
enderezo web: www.monforte10k.com ou www.ccnorte.com
Os escolares de Monforte poderán facer a súa inscrición, preferentemente, a través do seu centro educativo.
O peche das inscricións será o seguinte:
 Inscricións colectivas para colexios de Monforte: peche de inscricións o martes 14 de abril
 Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o martes 21 de abril
Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto,
non deixalo participar na proba.
Cuarta.- Utilización de dorsais e chips.
Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito totalmente visible durante o
transcurso da carreira, sen poder facer ningunha modificación neles.
Tanto a carreira absoluta como as carreiras de menores, agás a de categoría mini, están controladas por un sistema
de chips de cronometraxe.
No caso das carreiras de menores o chip de cronometraxe vai integrado no dorsal.
No caso da carreira absoluta, as personas non propietarias de chip amarelo levarán o chip de cronometraxe
integrado no dorsal. Os propietarios de chip amarelo deberán correr con él.
Non serán admitidos corredores que non estean inscritos previamente ou que corran sen dorsal e chip. Impedirase
que estes corredores teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
Quinta.- Avituallamentos.
Os participantes nas probas de categorías menores recibirán avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a
carreira.
Os participantes na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un avituallamento
sólido e líquido ó finalizar.
Dispoñeranse colectores de lixo para depositar os desperdicios do avituallamento.
Sexta.- Servizos sanitarios e de primeiros auxilios.
Durante a competición haberá unha ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calquera participante
que o precise.
Séptima.- Outros servizos.
A organización poñerá o servizo dos participantes gardarroupa e duchas.
As duchas están localizadas nas seguintes instalacións:
 Instalacións deportivas do Colexio Pais Escolapios. R/ Compañía Nº 50
 Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. R/ Duquesa de Alba s/n
Oitava.- Clasificacións
Realizaranse as seguintes clasificacións:
 Clasificacións individuais carreira absoluta e categorías menores:
 Clasificación xeral absoluta masculina e feminina.
 Clasificación por categorías masculina e feminina, excepto na carreira de categoría mini na que non
hai clasificacións.
 Clasificacións por equipos carreira absoluta: todas as persoas participantes que o desexen poderán
conformar un equipo que obrigatoriamente será mixto (50 % homes e 50 % mulleres) e que estará composto
pon un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (3 homes e
tres mulleres).
Para a clasificación terase en conta o tempo empregado polos dous primeiros homes e dúas primeiras
mulleres clasificados/as de cada equipo.
Os equipos poderanse constituír a través da plataforma ccnorte.com
A data límite para a constitución dos equipos é o mércores 22 de abril.
Novena.- Percorrido
A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
 Carreira Absoluta: consiste en percorrer unha distancia de 10 Km. dando dúas voltas a un circuito de 5.000
mts.
 Categorías Menores:
 Categoría mini: percorrido de 80 mts.
 Categorías prebenxamín e benxamín: percorrido de 700 mts.
 Categoría alevín: percorrido de 1.300 mts.
 Categoría infantil e cadete: percorrido de 2.000 mts.
Décima.- Entrega de dorsais e chips:
 Entrega de dorsais a colexios de Monforte: os centros educativos de Monforte que realicen inscrición
colectiva recibirán os seus dorsais e chips por adiantado co fin de facilitar o reparto dos mesmos. O Concello
fará entrega dos dorsais á persoa que o centro educativo designe para tal efecto e que será a responsable de
entregar o dorsal a cada un/unha dos/as atletas inscritos/as do centro.
 Entrega de dorsais para inscricións individuais e resto de grupos: as persoas inscritas de xeito
individual nalgunha das categorías deberán escoller, durante o procedemento de inscrición, o punto onde
recollerán o dorsal e o chip de cronometraxe, de entre as seguintes opcións:
 Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía s/n, Monforte), no seguinte horario:
 Venres 24 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
 Sábado 25 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
 Puntos de recollida fora da localidade: estableceranse puntos de recollida fora da localidade que
se poderán seleccionar no momento da inscrición.
 Envío a domicilio (con custe adicional)
Excepcionalmente as persoas que non recolleran o seu dorsal a través dos puntos sinalados anteriormente
poderán facelo o día da proba no punto habilitado para tal efecto a partir da 9:00 h.
Décimo primeira.- Horario das careiras:
 Carreira categoría mini: 11:00 h.
 Carreira categorías prebenxamín: 11:10 h.
 Carreira categoría benxamín: 11:20
 Carreira categoría alevín: 11:30
 Carreira categoría infantil e cadete: 11:40 h.
 Carreira Absoluta: 12:00 h.
Décimo segunda.- Premios:
 Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros/as clasificados/as de cada unha
das categorías establecidas no artigo segundo, excepto na categoría mini na que todos/as os/as atletas
participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e un agasallo.
 Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta, tanto en categoría
masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades:
 1º clasificado: 300 €
 1ª clasificada: 300 €
 2º clasificado: 200 €
 2ª clasificada: 200 €
 3º clasificado: 100 €
 3ª clasificada: 100 €
Os premios económicos entregaranse mediante transferencia bancaria ás persoas gañadoras polo importe
correspondente. Estas deberán presentar, a través do Rexistro Xeral do Concello de Monforte, presencial ou
telemático a copia do D.N.I. ou documenro identificativo persoal, e certificado de conta bancaria ao que se
realizará a transferencia.
 Premios especiais da carreira absoluta: establécense premios especiais para os/as 3 primeiros/as
clasificados/as locais (empadroados en Monforte) tanto en categoría masculina como feminina.
 1º clasificado: Trofeo + agasallo
 1ª clasificada: Trofeo + agasallo
 2º clasificado: Trofeo + agasallo
 2ª clasificada: Trofeo + agasallo
 3º clasificado: Trofeo + agasallo
 3ª clasificada: Trofeo + agasallo
 Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados
Todos os premios son acumulables.
Décimo terceira.- Reclamacións
Dado o espírito deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a
aceptación do regulamento da proba.
Décimo cuarta.- Responsabilidade.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou
a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras por imprudencias ou neglixencias dos mesmos.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubrirá as incidencias inherentes á
proba.
Décimo quinta.- Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

[ Go Back ]