Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ons
26/04/2026
11:30 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
PRESENTACIÓN.
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o
Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o domingo 26 de
abril a X Volta a Illa de Ons.
Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina, non competitiva. As probas, tomarán a
saída na zona do Igrexario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 para a andaina e
ás 11:30 para a carreira.
A competición da carreira serán de carácter popular e non se precisan posuír licenza
federativa.
CARACTERÍSTICAS DA CARREIRA E ANDAINA.
É unha carreira por pistas de terra, cunha distancia de 19 km, con saída e chegada na illa
de Ons.
A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 qm aprox).
O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con
bandeirolas con varilla de aceiro, ademais puntualmente nos cruces disporemos de frechas.
IMPORTANTE, SEGUIMOS COMO OBXECTIVO “PLÁSTICOS 0”, ASÍ QUE
RECOMENDAMOS A TODOS OS PARTICIPANTES LEVAR O SEU PROPIO RECIPIENTE
LIQUIDO PARA PODER ENCHER COS BIDÓNS DE LIQUIDO QUE PORÁ A
ORGANIZACIÓN, EXTRAORDINARIAMENTE DISPOREMOS DE VASOS DE CARTÓN
ECOLÓXICO.
Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 19
Kms será de 2:30h.
X VOLTA A ILLA DE ONS
Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 3 líquido
2) Km 6 líquido
3) Km 8 líquido- sólido
4) Km 10 líquido
5) 16 líquido-sólido
A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante Chip (só no
caso da carreira).
Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán instalados na zona de Saída/Meta
Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que
estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva.
Existen duchas a 100 metros da meta.
Categorías Carreira.
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
SENIOR 18 a 39
VETERÁN A 40 A 49
VETERÁN B 50 N DIANTE
NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.
Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
Disporase de servizo de duchas e garda roupa.
Estará totalmente prohibido correr durante a andaina.
Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento,
non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu
dorsal ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxectos de cada
participante.
Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente, a
fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de
asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar
na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.
Todos os participantes deberán firmar e entregar un documento de bo uso e desfrute do
parque nacional en caso de ser requirido polas administracións .(Este documento farase
chegar a través do e-mail subministrado no momento da inscrición)
INSCRICIÓNS.
Carreira: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 35 € por
participante están limitadas a 275 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta,
froita, bebida, camiseta conmemorativa e outros agasallos.
Andaina: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 30 € por
participante están limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo
conmemorativo.
Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o domingo 19 de Abril con dereito a
camiseta conmemorativa e ata o martes 21 de abril ás 23:59 (non se asegura talla na
camiseta)
Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.ccnorte.com a
un custo de 12 € (5 anos ou menos gratis pero deben mercar igualmente a coste 0 € os
billetes) na mesma web ata o domingo 19 de abril e na entrega de dorsais ata o día da
proba.
A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non puidera
participar, o custo do billete non se devolverá en ningún caso.
A organización devolverá a inscrición íntegra so no caso de que se suspenda a proba por
cuestións meteorolóxicas que impidan a celebración da mesma.
A organización non se fai responsable en ningún caso dos gastos externos de cada
participante no caso de que se cancele a proba.
HORARIOS DOS BARCOS
O prezo do billete será de 12 € por persoa, este prezo reducido so será aplicable para
os barcos que saian dende o peirao de Bueu da compañía NABIA o fin de semana da
carreira. Se o tempo e a navieira o permite, habilitarase unha opción para coller o barco o
venres e o sábado.
Os horarios de saída dos barcos será a partir das 08:15h o domingo e van saíndo segundo
se vaian enchendo. Os horarios da volta serán a partir das 17:00. Disporanse os barcos
necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes
horarios non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e o Chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no CENTRO
SOCIAL DE BUEU dende as 08:00h ata as 8:40h.
O venres e o sábado pola mañá, en caso de haber barco, entregáranse dorsais unha hora
antes da saída NO CENTRO SOCIAL DE BUEU (avisarase a semana anterior o horario dos
barcos de todo o fin de semana). O sábado pola tarde o horario será de 17 a 20.
Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o Chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
A clasificación xeral oficial publicarase nas web do club e na web da empresa de
cronometraxe.
CRONOGRAMA
Día Actividade
Domingo
26 de abril do 2026
● 08:00 a 08:40 entrega dorsais
● 08:15 saída barcos
● 11:30 saída carreira
● 11:45 saída andaina
● 14:00 peche carreira
Sábado
25 de abril do 2026
● (Horario pendente confirmar de mañana) entrega dorsais
● 17:00 – 20:00 entrega dorsais
Venres
24 de abril do 2026
● (Horario pendente confirmar) entrega dorsais
[
Go Back
]