Calendario
Ver carrera

Coruña - Matogrande - Xuxán

12/04/2026 10:00 - 11:00

[ Go Back ]

Descripción X CARREIRA POPULAR MATOGRANDE-XUXÁN
12 DE ABRIL DE 2026
REGULAMENTO ESPECÍFICO
ARTIGO 1. DATA DE REALIZACIÓN
Domingo, 12 de abril de 2026.
ARTIGO 2. INSCRICIÓNS E COTAS
INSCRICIÓNS
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 5 de abril de 2026.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.
Participación no circuíto e inscrición en cada unha das carreiras, segundo o indicado no art. 4 do
regulamento xeral do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2026:
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a través da
web www.coruna.gal/carreraspopulares.
Existen as seguintes posibilidades de inscrición:
1. Inscrición única ao Circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha
das carreiras, con necesidade de confirmar a participación de xeito individual para cada carreira.
Esta modalidade de inscrición é a única forma de puntuar para o circuíto e optar aos premios.
CIRCUÍTO: INSCRICIÓN ÚNICA E DORSAL ÚNICO
O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das Bases do Regulamento do
Circuíto Coruña Corre 2026 e rematará ás 23.59 h do domingo 3 de maio, data na que finaliza o prazo de
inscrición para a 3.ª carreira do circuíto, a XVII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, que se
realizará o 10 de maio de 2026
2. Inscricións a cada carreira de forma independente. É obrigatorio inscribirse en cada carreira, desde
a apertura de inscricións de cada carreira ata as 23:59 h. do domingo anterior á data de celebración
da mesma. A organización poderá cerrar as inscricións no suposto que se chegase ao límite de
inscricións da carreira.
Esta forma de inscrición non puntúa para o global do circuíto aínda que se participe en todas as
carreiras do mesmo.
COTA DE INSCRICIÓNS, segundo o indicado no art.5 do regulamento xeral do circuíto de Carreiras Populares
Coruña Corre 2026:
INSCRICIÓN AO CIRCUÍTO
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos, familia numerosa e
Carné Xove
Cota 15,00 € 10,00 €
Chip 15,00 € * 15,00€ *
Total 30,00 € 25,00 €
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
*Chip circuíto: Os participantes que merquen o chip para a presente edición poderán devolvelo ao remate da última
carreira e recuperarán a fianza de 5€
A cota de inscrición para participar ÚNICAMENTE nesta X CARREIRA POPULAR MATOGRANDE-XUXÁN será
de 5 € máis 3 € polo chip refugable (non reutilizable), coa excepción das persoas desempregadas, maiores de
65 anos, familias numerosas e beneficiarias do Carné Xove, que será de 3 € máis 3 € polo chip refugable.
INSCRICIÓN A CADA CARREIRA (DE FORMA INDEPENDENTE))
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos, familia numerosa e
Carné Xove
Cota 5,00 € 3,00 €
Chip refugable 3,00 € 3,00€
Total 8,00 € / carreira 6,00 € / carreira
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
ARTIGO 3. HORARIOS DE SAÍDA E DISTANCIAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.00 ABSOLUTA 6.700 m aprox.
11.00 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11.45 SUB 18* Que cumpran 17 e 16 anos durante este ano. 2.500 m aprox.
12.00 SUB 16* Que cumpran 15 e 14 anos durante este ano. 2.500 m aprox.
12.15 SUB 14 Que cumpran 13 e 12 anos durante este ano. 1.500 m aprox.
12.30 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.45 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos durante este ano. 800 m aprox.
13.00 PEQUES* Que cumpran 7 anos ou menos durante este
ano.
100 m aprox.
13.30 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*
*Horarios orientativos en función da participación.
ARTIGO 4. LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
LUGAR
 Sábado 11 de abril: Centro Comercial Cuatro Caminos
HORARIOS
 Sábado 11 de abril, desde as 11:00h a 20:30 h.
ARTIGO 5. LUGAR DE SAÍDA E META
 Saída: Rúa do Parque Infantil “Xuxán-Plaza” (Tramo entre rotondas da Rúa Cernadas)
 Meta: Rúa do Parque Infantil “Xuxán-Plaza” (Tramo entre rotondas da Rúa Cernadas)
(Ver circuíto na páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares.)
ARTIGO 6. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
Ás 11.00 horas.
ARTIGO 7. SERVIZO DE DUCHAS
Colexio Liceo La Paz. Horario: das 10.30 ás 13.00 h
ARTIGO 8. SERVIZO DE GARDARROUPA
O día da carreira, de 9.30 ás 11.15h. no Colexio Liceo La Paz
ARTIGO 9. USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas deportivas ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip
amarelo das/os propietarias/os (non se devolve).
Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste).
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
ARTIGO 10. AVITUALLAMENTO NA META
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
ARTIGO 11. CLASIFICACIÓNS
Poderase consultar a clasificación da carreira a través do código QR do dorsal.
ARTIGO 12. LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS
NA EXPLANADA DO COLEXIO LICEO LA PAZ
Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, onde se custodiarán os trofeos non
recolleitos durante un prazo máximo de 15 días.

[ Go Back ]