Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Couzadoiro
12/04/2026
10:00 - 13:00
[
Go Back
]
Descripción
“IX CARREIRA DE MONTAÑA "MONTES DE COUZADOIRO 2026”
1) PRESENTACIÓN.
A Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira e a Concellería de Deporte de
Ortigueira orgranizan, o domingo 12 de abril de 2026, xunto coa colaboración da
Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro, a IX carreira e andaina de
montaña "Montes de Couzadoiro 2026".
As probas sairán da pista polideportiva da parroquia de Couzadoiro (Santa Marta
de Ortigueira) a partir das 10:00 h.
2) PERCORRIDOS.
2.1. Carreira de longa distancia 18 km:
A proba estará aberta a calquera deportista que teña os 18 anos cumpridos o día
da carreira.
Celebrarase sobre a distancia de 18 km cun desnivel positivo de 1100 metros.
Avituallamentos:
● Km 5, líquido + sólido
● Km 11, líquido + sólido
● Meta, líquido + sólido
Saída ás 10:00h.
O peche de control será ás 14:00 horas en meta.
2.2. Carreira de curta distancia 12 km:
A proba estará aberta a calquera deportista (federado e non federado) que teña
os 18 anos cumpridos o día da carreira.
Celebrarase sobre a distancia de 12 km e cun desnivel positivo de 700 metros.
Avituallamentos:
● Km 6, líquido + sólido
● Meta, líquido + sólido
Saída ás 10:30h.
O peche de control será ás 14:00 horas en meta.
2.3. Andaina 12 km (non competitiva):
Celebrarase sobre a distancia de 12 km, e cun desnivel positivo de 700 metros.
A proba estará aberta a calquera persoa independentemente da idade cá
excepción de os/as menores de 16 anos, os/as cales terán que ir acompañadas
dunha persoa adulta.
Avituallamentos:
● Km 5, líquido e sólido.
● Meta, líquido e sólido.
Saída ás 10:15h.
O peche de control será ás 14:00 horas en meta.
3) PROGRAMA:
Sábado 11 de abril de 2026
16:00 - Entrega de dorsais na Pizzería do Baleo para as carreiras e para a
Andaina
Domingo 12 de abril de 2026
08:30 - Apertura da dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais na
carpa situada na saída da proba.
09:55 - Fin da entrega de dorsais da carreira de longa distancia.
10:00 - Saída da carreira de longa distancia.
10:10 - Fin da entrega de dorsais andaina.
10:15 - Saída da andaina (12kms).
10:25 - Fin da entrega de dorsais do mini trail (12k).
10:30 - Saída do mini trail (12k).
13:15 - Cerimonia da entrega de premios.
4) PARTICIPACIÓN E MATERIAL OBLIGATORIO (CARREIRA/ANDAINA):
4.1. - Cada participante deberá ser consciente da lonxitude e dificultade da proba,
que pode desenvolverse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento,
polo cal deberá prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados
para a práctica de carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que
os/as corredores/as leron, entenderon e aceptan as condicións do presente
regulamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman posuír
unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
4.2. - Material obrigatorio para as carreiras:
Nas carreiras de longa e curta distancia o materia, todos os participantes
estarán obrigados a levar o seguinte material:
✔ Manta térmica.
✔ Teléfono móbil encendido e con batería.
O material recomendado e obrigatorio poderá variar en función da climatoloxía,
polo que se informará da relación definitiva na mesma semana da proba.
O material obrigatorio poderá ser requirido no control de dorsais, por parte da
organización, e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os
corredores están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou
descualificación da carreira.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberán levalos
durante toda a proba.
Os corredores deberán vestir e calzar roupa adecuada para a actividade a
realizar.
4.3. Material obrigatorio ou recomendado na andaina:
O material recomendado:
✔ Chuvasqueiro ou cortaventos.
✔ Reserva de auga de 1⁄2 litro.
✔ Reserva de alimentos.
✔ Teléfono móbil encendido e con batería.
✔ Vaso ou recipiente similar (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
O material recomendado ou obrigatorio pode variar en función da climatoloxía,
polo que se informará da relación definitiva na mesma semana da proba.
Os participantes deberán vestir e calzar roupa adecuada para a actividade a
realizar.
4.4. O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cores
branca e vermella, pintura ecolóxica, carteis indicadores ou outros elementos
de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a sinalización
e seguila.
4.5. Os tramos que discorran por estradas non estarán cortados ao tráfico rodado,
debendo as persoas participantes respectar as normas de tráfico e indicacións
da organización.
4.6. Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.7. A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
4.8. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir aos/as corredores/as en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o
percorrido.
4.9. A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así
o aconsellan.
4.10. O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo
que non debemos ensucialos nin deterioralos, tirando desperdicios fóra das
áreas de control.
4.11. A persoa participante presta o seu consentimento á organización da “IX
Carreira por Montaña Montes de Couzadoiro 2026”, para que poida ser
utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de toda as formas
posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente,
previa comunicación por escrito dirixida ao Club P.C. Santa Marta de Ortigueira
a través do seu enderezo electrónico: pcsantamartaortigueira@gmail.com
Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma.
A organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de
Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo co disposto en dita lei, a
persoa participante queda informadoa e presta seu consentimento para a
incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da
organización e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con
xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. A
persoa participante poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición, mediante escrito dirixido ao Club P.C. Santa Marta de
Ortigueira a través do seu enderezo electrónico:
pcsantamartaortigueira@gmail.com
5) INSCRICIÓNS:
As inscricións poderanse formalizar a partir do xoves 19 de febreiro de 2026, a través
da páxina web: https://cronotec.es/ cubrindo o formulario habilitado para tal efecto
e efectuando o pago correspondente.
5.1. Carreira longa distancia, 18 km:
Dende o 19/02/2026 ata o 08/04/2025 (ata as 23:59 h): 22€
Inclúe o chip de cronometraxe, un agasallo, os avituallamentos e a
comida/bebida post carreira.
5.2. Carreira curta distancia, 12 km:
Dende o 19/02/2026 ata o 08/04/2025 (ata as 23:59 h): 20€
Inclúe o chip de cronometraxe, un agasallo, os avituallamentos e a comida/
bebida post carreira.
5.3. Andaina, 12 km:
Dende o 19/02/2026 ata o 08/04/2025 (ata as 23:59 h): 20€
Inclúe un agasallo, os avituallamentos e a comida/bebida post carreira.
6) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
6.1. Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa
situada xunto a saída (pistas polideportivas de Couzadoiro), dende as 8:30h ata
5 minutos antes das saídas das probas, e o día antes na Pizzería do Baleo dende
as 16:00h (recomendable retirar o dorsal o día antes).
6.2. Poderán existir controis de tempo ao longo do percorrido. Só aparecerán na
clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e co chip
que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis
establecidos.
6.3. A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe
https://cronotec.es/
7) CATEGORÍAS E PREMIOS:
Premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada unha das seguintes
modalidades:
● Categoría Absoluta: Masculina e Feminina.
● Categoría Veterana: Masculina e Feminina (persoas maiores de 40 anos
cumpridos no mesmo ano da proba).
Nota importante: Os premios non son acumulativos. No caso de que unha persoa
clasifique en varias categorías, prevalecerá o premio de maior rango (a categoría
absoluta sobre a de veterana).
[
Go Back
]