Calendario
Ver carrera

A Merca

12/04/2026 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción DÍA DO DEPORTE 2025 / CONCELLO DA MERCA
O Concello da Merca, organiza O DÍA DO DEPORTE / CONCELLO DA MERCA 2026, cun
percorrido de 10 km e cunha dificultade media; transcurre polos camiños de Solveira,
Matusiños, A Merca, Paradela, Monumento Miguel Angel Blanco , a Peneda da Lebre ,
canastros e remata no pavillón municipal.
Podemos destacar o deseño do trazado desta edición na búsqueda de camiños antigos;
así como, a recuperación doutros actualmente en desuso. Trátase dun percorrido polo
Concello da Merca na provincia de Ourense, enclave natural do río Arnoia. Queremos ter
en conta neste roteiro, o castro da Peneda da Lebre,o monumento a Miguel Angel
Blanco, o maior conxunto de Canastros de España e segunda concentración do
continente europeo, situado na poboación da Merca
DATA: 12 de abril de 2026 (domingo)
LOCALIDADE: A Merca (Ourense)
DATA E LUGAR
LUGAR DE SAÍDA: Pavillón municipal da Merca o día 12 de abril
1.- INSCRICIÓNS
• CROSS 150 participantes .
ANDAINA SIN LÍMITE.
XINCANA INFANTIL SIN LÍMITE
• As inscricións realizaranse mediante plataforma dixital. web e app Saudeter
A data tope será o 9 de abril ás 23:59. A partir desa data,no caso de haber prazas
dispoñibles, a organización aceptará inscricions sin garantías de entrega de camisetas,
das tallas ou do agasallo correspondente.
A inscrición inclúe:
• Participar na proba. CROSS OU ANDAINA
• Dorsal para CROSS
• Agasallo participación. (100 CAMISETAS PARA CROSS, RESTO AGASALLO)
• Cronometraxe PARA CROSS
• Dispositivo electrónico para control de tempos. PARA CROSS
• Servizo de vestiarios, aseos e duchas
• Servizo médico e de ambulancia
• Pincho ao final da ruta
* Non se devolverá o importe pagado o inscribirse en ningún caso
2.- PERCORRIDOS E DISTANCIAS
ROTEIRO 10 KM
(*) Ás distancias poden sufrir alguna alteración. En calquera caso avisaríase con
antelación.
3.- PERIODOS DE INSCRICIÓN E PREZOS
-CROS 150 participantes ata o 09 de abril a las 23:59 10 €

-ANDAINA SIN LÍMITE ata o 09 de abril a las 23:59 5 €

-XINCANA INFANTIL SIN LÍMITE GRATUITO
4.- PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS E TROFEOS
Podrán participar no CROSS os corredores, inscritos na mesma e que teñan unha
condición física apropiada.
TROFEOS por categorías:
1ª ABSOLUTO FEMININO
2ª ABSOLUTO FEMININO
1º ABSOLUTO MASCULINO
2ª ABSOLUTO MASCULINO
1ª FEMININA SENIOR MAIOR DE 45 ANOS
1º MASCULINO SENIOR MAIOR DE 45 ANOS
1ª FEMININA SUB 23
1º MASCULINO SUB 23
1ª CATEGORIA LOCAL FEMININO
1ª CATEGORIA LOCAL MASCULINO
Poderán participar na ANDAINA as persoas inscritas na mesma
Poderán participar na XINCANA tódolas nenas e nenos de 3 ata 12 anos
5.- PROGRAMA/HORARIO
9 HORAS
– Entrega dos dorsais CROSS (pavillón municipal)
– Entrega agasallo andaina
Día do evento (domingo 12/04/2026)
09:00 Entrega dorsales ata 15 minutos antes de cada proba (en pavillón
municipal)
10:00 Saída (proba cronometrada)
10:00 Saída andaina libre
11:30 Xincana infantil no interior do pavillon municipal
6.- SEÑALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará señalizado por carteis indicadores, cinta de balizar e por persoal da
organización e protección civil.
O chip entregase conxuntamente co dorsal e terá que ser devolto ao remate da proba (a
non devolución implica o pago de 10€ a organización)
A meta para o Cross cerrarase ás 12 horas.
8.- MATERIAL RECOMENDADO
• Será RECOMENDADO calzado técnico
• Teléfono móbil co número da organización gardado, con batería suficiente.
• Recomendamos:chaqueta impermeable, gorra, roupa térmica, guantes(en función da
climatoloxía)
9.- OBRIGAS DOS CORREDORES.
• Os participantes están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización. Éste
levarase nun lugar visible na parte dianteira durante todala proba e non poderá ser
doblado nin recortado
• A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo a organización.
• A seguir as instruccións dos membros da organización.
• A non saírse do itinerario sinalado.
• A comunicar a súa retirada , entregando o dorsal. O corredor asume toda a súa
responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou cuando sexa
descalificado. Si decide continuar no percorrido será baixo a súa absoluta
responsabilidade.
• É obrigación de cada participante portar consigo calquera residuo que xenere: envases,
papeles, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola
organización
• Non danar e non perxudicar a flora e fauna.
10.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
• Non auxiliar o participante que o necesite
• Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización
• Non levar o dorsal visible.
• Atallar, saírse do itinerario sinalado, especialmente nas zonas máis sensibles, co fin de
non danar o medio ambiente.
• Non realizar o percorrido completo.
11.- CANCELACIÓNS E/OU MODIFICACIÓNS
A organización das probas resérvase o dereito a modificar horarios e percorridos ou
suspender calquera das probas, si así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou
de seguridade. Só no caso da suspensión da proba se procederá a devolución do 100%
da cuota de inscrición. Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
12.- COMPROMISO DOS CORREDORES
Será obrigatorio por parte de todolos participantes preservar o noso entorno, estando
prohibido tirar desperdicios ou lixo contaminante. Será motivo de descalificación
incumplir esta norma elemental por parte dos participantes. Cada corredor será
responsable de todo perxuicio ou lesión que poidera causar a sí mismo ou a terceiros,
exonerando a organización de calquera responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
Os participantes están obligados a socorrer a outros participantes durante o roteiro.

[ Go Back ]