Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Portomarín
04/04/2026
18:30 - 19:40
[
Go Back
]
Descripción
X CARREIRA POPULAR
FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN
“a carón do río”
O próximo SÁBADO 4 de abril iremos pola edición X da nosa Carreira
Popular de Portomarín. Ven e goza dun percorrido único, da beleza da nosa
vila, da igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza do século XII) , de San Pedro
tamén do século XII e dunhas fermosas paisaxes a carón do río Miño.
No corazón do Camiño Francés, parada obrigada dos peregrinos a
Compostela e a todo esto engadirlle estar en vísperas da Festa da Augardente
e cun programa para este día que inclue sesión vermú, xantar popular e
verbena con orquesta .
Dende aqui animamos a que vos inscribades o antes posible para que
disfrutedes e sexades testigos dunha carreira popular no corazón do Camiño
de Santiago e nunha vila en festa. De novo da man do GDR como patrocinador
principal da proba e organizada polo Concello de Portomarín, Deputación
Provincial a Secretaría Xeral para o Deporte.
Para descubrilo achégate a correr por Portomarín a tarde do 4 de abril.
Queremos verte. Non faltes!
DATA: sábado 4 de abril de 2026.
ENTREGA DE DORSAIS, CHIPS DE CRONOMETRAXE E CAMISETA
CONMEMORATIVA: De maneira presencial o día da proba (4 de abril) nos
soportáis do PAVILLÓN POLIDEPORTIVO VILLANUEVA CENDÓN a partir
das 16:00 horas.
HORARIO : Categorías escolares: 17:30 h
Categoría absoluta:18:30 h
LUGAR: Praza do Camiño. Portomarín, Lugo
DISTANCIA: dende 100 a 7,300 m (distancia aproximada).
ENTREGA DE TROFEOS E MEDALLAS: está prevista a entrega de trofeos e
medallas unha vez rematada a última proba no Polideportivo a partir das 19:30
h.
1-REGULAMENTO DA PROBA:
-Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.-A saida e a meta
estará situada nas inmediacións da Praza do Camiño antes Condes Fenosa, a
carón da igrexa.
-Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación
dos atletas acompañados.
-O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación nel, en ningún caso se permitirá correr
sen dorsal.
-Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo
que poden utilizar o seu.
-Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do
seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de
comunicación e na internet.
-A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
-A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente
-A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
-Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
-O percorrido estará sinalado cada quilómetro.
-A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
2-CATEGORIAS E DISTANCIAS
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 17:30 H da tarde nos arredores da Praza do
Camiño antes Condes Fenosa.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas
distancias (aproximadas) correspondentes:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA
CHUPETE nad@s en 2022 e 100 metros
posteriores
Categoría A nad@s entre 2018 e
2021
500 metros
Categoría B nad@s entre 2014 e
2017
800 metros
Categoría C nad@s entre 2013 e
2011
1.500 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 18:30 H da tarde con saída da Praza do
Camiño (antes Condes Fenosa de Portomarín) e un percorrido de 7
quilómetros (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
CATEGORÍAS
CATEGORÍA DATA NACEMENTO
Categoría D nad@s entre 1996 e 2010 ( 16 A 30 ANOS)
Categoría E nad@s entre 1982 a 1995 (31 A 44 ANOS)
Categoría F nad@s entre 1972 e 1981 ( 45 A 54 ANOS)
Categoría G nad@s entre 1971 e anteriores ( 55 EN ADIANTE)
3-INSCRICIÓN GRATUITA
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición on-line na páxina: www.championchipnorte.com.
- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O PRAZO DE INSCRICIÓN remata o 29 de MARZO ás 23:59
horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
4- PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da PRAZA DO
CAMIÑO antes Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para
logo dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido por camiños de terra entre
pinos e a carón do río Miño, co mesmo percorrido de anos anteriores. Voltamos
a vila e acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de 7,3 quilómetros.
DESCRIPCIÓN DO RECORRIDO
O recorrido da X CARREIRA POPULAR DE PORTOMARÍN “A CARÓN
DO RÍO”
O recorrido é maioritariamente pista apta para vehículos, camiños rurais
e unha pequena parte discurre polo pobo.
Saida: Da Praza do Camiño, no casco urbano, pola Avenida de Lugo
subiremos por diante do Centro de saúde para continuar ata cruzar a rúa
Avenida de Sarria. Dirixímonos pola carretera asfaltada durante 1 km.
Seguimos polo camiño , xa de terra, baixaremos a dereita , pasaremos baixo
a carretera para continuar a esquerda entre carballos e pinos, en poucos
metros atoparemos o primeiro avituallamiento (cruce donde pasaremos de
volta) e logo dun forte descenso , llanearemos paralelos o río entre piñeiros
para voltar o punto de avituallamiento. Atravesaremos polo paso subterráneo a
carretera Lugo-Portomarin para ascender e cruzar a carretera que vai o
polígono. En unhos metros voltaremos o camiño que nos levou dende o centro
de saúde ata ese mismo punto, baixaremos pola rúa de Lugo ata a liña de meta
situada do mismo punto de saída.
Nos puntos de forte ascenso/descenso donde sexa preciso ter precación
estará sinalizado.
O percorrido estará vixiado por voluntarios e debidamente sinalizado.
5-MEDIDAS DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE
Para a sinalización está previsto marcar con cintas de plástico e sinales
o circuito nos puntos donde haxa mais dun desvío, trazando o circuito desde
días atrás e con varios voluntarios para a correcta balización. Haberá unha
bicicleta que abrirá a carreira e outra que a peche, garantindo deste xeito
calquera imprevisto ou percance que pudera ocurrir.
O mismo que nos tramos con forte pendiente tamén se porán sinais de
advertencia para evitar posibles lesión ou caídas.
6-PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha
medalla conmemorativa e un agasallo. Haberá trofeos para os tres primeiros
atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e
os 3 primeiros atletas (masculinos e femeninos) da clasificación absoluta
levarán:
1º/1ª Clasificad@: cesta de productos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá trofeos para os 3 primeir@s clasificados de cada
categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Os tres trofeos absolutos son acumulables co obtido na categoría.
Os trofeos non recollidos o mesmo día da proba durante a entrega de
premios estarán a disposición dos premiados na Casa do Concello durante un
mes posterior a celebración da misma, en horario de mañá, previo aviso
telefónico ou e-mail.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín.
AVITUALLAMENTO no medio do percorrido e o final da proba para tod@s
atletas .
Haberá unha zona habilitada pola organización no Polideportivo para
degustación de balde de produtos da zona e entrega de premios.
7-INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores
as duchas do pavillón e do albergue municipal.
- Guardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispor de servizo de
guardarroupa no pavillón.
- Aparcadoiros: disporase dunha zona de estacionamento ubicada na
esplanada do campo de fútbol .
-Dereitos de imaxen: todos os corredores polo feito de realizar a inscripción
aceptan a aparición da súa imaxen en videos e fotografías.
[
Go Back
]