Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vilatuxe
06/06/2026
8:00 - 15:00
[
Go Back
]
Descripción
1- DESCRICIÓN PROBAS
As carreiras Trail Longo, Trail Medio, Trail Curto, Pequetrail e Andaina celebraranse o día 6 de xuño de 2026
con saída e chegada dende a praia fluvial do Pozo do Boi en Vilatuxe, e rexeranse polo presente
regulamento.
1.1 O Trail Longo: darase a saída as 8:00 horas; terá un percorrido aproximado de 33.4 km e discorrerá
por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando un desnivel positivo de 2300 metros
aproximadamente, do que resultan uns 4600 metros acumulados.
1.2 O Trail Medio: darase a saída as 9:00 horas; terá un percorrido aproximado de 20,4 km e discorrerá
polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de 1297 metros aproximadamente, do que
resultan uns 2594 metros acumulados.
1.3 Trail Curto: sairá as 10:00; terá un percorrido aproximado de 14,0 km e discorrerá polos mesmos
montes, acumulando un desnivel positivo de 737 metros aproximadamente, do que resultan uns
1474 metros acumulados. Poderán participar tódalas persoas debidamente inscritas con 15 anos
de idade (cumpridos no ano en curso).
1.4 Andaina: Darase a saída as 10:05 horas, xusto a continuación do trail Curto. O percorrido
consta de 13.3 km.
1.5 O Pequetrail: celebrarase a partir das 16:00;
terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
a) esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
c) xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
2- CATEGORÍAS
CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA
2.1 TRAIL LONGO
Categoría absoluta: a partir de 19 anos, cumpridos o ano de referencia.
o Subcategorías masculina e feminina: veterana A e B.
Subcategoría veterana A:
Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir, que non cumpra os 50 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana B:
Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir, que non cumpra os 60 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana C:
Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
2.2 TRAIL MEDIO
Categoría absoluta: a partir de 19 anos, cumpridos o ano de referencia.
2.3 TRAIL CURTO
Categoría absoluta: a partir de 15 anos, cumpridos o ano de referencia.
TÓDOLOS PARTICIPANTES MENORES DE IDADE QUE QUEIRAN PARTICIPAR NESTA PROBA, DEBERÁN ACHEGAR
O XUSTIFICANTE DE CONSENTIMENTO PATERNO/MATERNO/TITOR, QUE SE ADXUNTA COMO ANEXO NO
FINAL DESTE REGULAMENTO, E ENVIÁNDOO Ó CORREO ELECTRÓNICO dscvilatuxe@gmail.com
3- PREMIOS PARA AS DIFERENTES PROBAS
3.1 TRAIL LONGO:
- Entregarase un trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina;
ademais ás/aos tres primeiros de cada categoría, atendendo ás categorías propias da carreira
especificadas anteriormente.
- Nesta distancia tamén existirán premios económicos para os/as 5 primeiros/as da clasificación xeral
absoluta coas seguintes cuantías:
1. 400€
2. 200€
3. 100€
4. 50€
5. 50€
- Existirá unha clasificación por clubes na que os tres mellores obterán trofeo. Dita clasificación
confeccionarase sumando os tempos das tres primeiras corredoras e os tres primeiros corredores de
dito club en entrar en meta.
- Dito premio terá un importe asignado para o club gañador de 400€. O club gañador será aquel que
obteña menor tempo unha vez sumados os tempos dos seis membros.
3.2 TRAIL MEDIO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina.
3.3 TRAIL CURTO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina.
4 - INSCRICIÓNS E DEVOLUCIÓNS:
4.1 INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse a través da páxina championchipnorte.com.
O prazo de inscrición comezará o martes 9 de decembro do 2025 ás 22:00h ata o luns 1 de xuño do 2026
as 23:59 h.
Haberá dous tramos de prezos para as inscricións nas catro probas. Os prezos e tramos son os
seguintes
DISTANCIA DENDE APERTURA ATA O 9 DE
ABRIL
DENDE O 10 DE ABRIL ATA O 1 DE
XUÑO
TRAIL LONGO 35€ 40€
TRAIL MEDIO 30€ 35€
TRAIL CURTO 20€ 25€
ANDAINA 20€ 20€
* Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil,
bolsa do corredor, avituallamentos, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
* No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase online na plataforma de
inscrición. O DÍA DA PROBA NON SE REALIZARÁN INSCRICIÓNS.
4.2LÍMITE DE PRAZAS:
O límite de prazas xeral establécese en 600 para o total das probas, exceptuando o pequetrail.
As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
No momento en que as probas Trail Longo, Trail Medio, Trail Curto e andaina sumen as 600 prazas, non
se poderán inscribir máis corredores e corredoras.
4.3 DEVOLUCIÓNS:
Existen tres tramos para as devolucións. Os importes a reembolsar en cada prazo especifícanse a
continuación:
o Dende a apertura de inscricións ata o 28 de febreiro: 70% do total da inscrición
o Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 50% do total da inscrición
o Dende o 1 de maio ata o día da proba: non se realizarán devolucións
Unha vez que se tramita a baixa, o corredor recibirá o importe correspondente segundo o tramo de
cancelación. Dito pago, será realizado na mesma conta dende a que se realizara a inscrición
Sempre que un/ha corredor/a tramite a baixa e correspondente devolución, estará renunciando ós
agasallos e privilexios que a propia inscrición lle outorgaba.
No caso de suspensión da proba por causa de forza maior, a organización reservase o dereito de
aprazar a mesma para unha nova data, a cal se dará a coñecer con tempo suficiente a todos os
inscritos, non sendo este motivo causa xustificada para a devolución do importe da inscrición.
O dorsal é persoal e intransferible. Si a organización detecta algún/ha corredor/a facendo uso dun
dorsal doutra participante, procederase a correspondente sanción a ámbolos dous corredores/as.
5- PERCORRIDO E ENTORNO:
5.1- SINALIZACIÓN E CONTRÓIS
O percorrido estará sinalizado con bandeirolas vermellas co logo da proba.
Tamén se empregarán cintas para cortar os cruces, así como indicadores verticais das diferentes
distancias e direccións.
5.2- TEMPOS DE CORTE
5.2.1- TRAIL LONGO
Km LUGAR TEMPO HORA
6 MOA 1 H 09:00
14 ZOBRA 2 H 45’ 10:45
17.9 TRIGUEIRA 3 H 45’ 11:45
27.8 BUSTELOS 5 H45’ 13:45
33.4 META 7 H 15:00
Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que
nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura.
Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control, terán potestade para retirar
da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e
facer entrega do dorsal.
5.2.2- TRAIL MEDIO
Km LUGAR TEMPO HORA
6 MOA 1H 30’ 10:30
12.9 AMEIXEDO 3H 45’ 12:45
20.4 META 5H 30’ 14:30
Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que
nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura.
Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control, terán potestade para retirar
da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e
facer entrega do dorsal.
5.3- AVITUALLAMENTOS
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de reducir ao máximo os
residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se dispensarán vasos a os participantes.
Existirán 5 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte
modo:
TRAIL LONGO TRAIL MEDIO TRAIL CURTO ANDAINA
MOA 6 km 6 km 6 km 6 km
ZOBRA 14 km
TRIGUEIRA 17.9 km
AMEIXEDO 22.3 km 12.9 km
BUSTELOS 27.8 km 15.1 km
META 33.4 km 20.4 km 14.0 km 13.3 km
5.4- RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que desexe retirarse ó longo da proba, poderá facelo en calquera dos puntos de
avituallamento, sempre e cando o seu estado físico llo permita.
No caso de non poder achegarse a un punto de avituallamento, o/a corredor/a deberá poñerse
en contacto ca organización a través do número de teléfono incluído no dorsal, ou ven mediante
aviso doutro corredor.
Será motivo de descualificación , desfacerse de refugallos fóra das zonas de avituallamento.
Será motivo de descualificación, o non cumprimento de calquera dos puntos deste regulamento.
Será motivo de descualificación, calquera comportamento incívico, tanto co entorno como co
diferente persoal integrante da proba.
Será motivo de descualificación, non portar de maneira visible o dorsal subministrado pola
organización
6- OBSERVACIÓNS:
a. A recollida de dorsais poderá realizarse o venres día 5 de xuño entre as 17:00h e as 20:00h no hall
de entrada do Concello de Lalín. Tamén se poderán retirar o mesmo día da carreira na zona de
saída e meta (Pozo do boi), dende as 07:00h da mañán ata media hora antes da saída de cada
proba.
b. A charla técnica celebrarase no mesmo lugar que a retirada de dorsáis, e terá lugar as 20:00h do
venres día 5.
c. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante autoriza á
organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu
consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de
tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria
que a organización considere oportuno executar.
d. Tódolos temas aclarados neste regulamento, son os que rexen sobre a proba. Para o resto de
temas normativos, aplicarase o regulamento vixente da FGM.
e. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas durante o transcurso
da proba.
f. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben
visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.
g. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función
dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o
obrigan ou por forza maior.
h. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a
informar de calquera incidencia nos controis de paso.
i. A pesar do persoal disposto pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están
obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
j. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando
totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad
ou similar polo circuíto.
k. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos
obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda
responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a
proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española
de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
l. Existe un período de reclamación de 30 minutos, dende a publicación dos resultados de cada
categoría. Durante este período tamén se poderá asignar a unha persoa substituta, no caso de non
poder asistir a entrega de premios.
m. Non será posible recoller nin reclamar posteriormente un premio si o beneficiario se ausenta da
entrega sen previa xustificación, e sen asignar un substituto.
n. No caso de non presentación e non xustificación da ausencia na entrega de premios, dito
corredor/a perderá automáticamente a clasificación na súa categoría, pasando inmediatamente
o/a seguinte en orde.
o. Os premios das diferentes categorías da proba, non serán acumulables.
[
Go Back
]