Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Cuntis
10/05/2026
10:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
INTRODUCIÓN
O XII trail e andaina Vila de Cuntis é unha competición deportiva organizada
polo Club de Montaña Xesteiras que percorrerá diferentes localizacións do
concello de Cuntis. O evento terá lugar o día 10 de maio de 2026 con saída e
chegada na Praza da Constitución.
Nesta nova edición presentamos 2 principais novidades.
A primeira delas trátase dun troco no percorrido, a través do cal enlazamos, en
2 das distancias, os 2 dos castros máis significativos da nosa vila:
CastroLandín e o Castro de Sebil.
Por outra banda, a proba formará parte do calendario oficial da Federación
Galega a de Atletismo, sendo polo tanto puntuable para o Ranking Galego de
Trail Running de dita federación. Ademais, farao sendo proba SERIE OURO. Terá
o valor máximo das Galicia Trail Series, multiplicando os puntos acadados en
meta por 5, sendo o valor máximo en competición.
Tamén puntuarán para o ranking galego de clubs tódolos clubs que presenten
un mínimo de 3 corredores masculinos ou 3 corredoras femininas no
percorrido correspondente á súa categoría, multiplicando por 5 a puntuación
obtida.
Proba Saída Desnivel Categoría Idade
T21K 10:00 1100+
Sénior
Máster 1
Máster 2
Máster 3
Participación aberta a maiores de idade.
PREMIACIÓN
Absolutos:3 primeirxsclasificadxs
Sénior: Nados en 2003 ata 1992.
Máster 1: Nados entre 1991 e 1982.
Máster 2: Nados entre 1981 e 1972.
Máster3: Nados en 1971 e anteriores.
T15k 10:00 750+
Sénior
Máster 1
Máster 2
Máster 3
Sub.23
Participación aberta a todas asidades a partir
de 2010.
PREMIACIÓN
Absolutos:3 primeirxsclasificadxs
Sénior: Nados en 2003 ata 1992.
Máster 1: Nados entre 1991 e 1982.
Máster 2: Nados entre 1981 e 1972.
Máster3: Nados entre 1971 e anteriores.
Sub23: Nados en 2004 ,2005 e 2006.
T.10K 10:30 450+
Sénior
Máster 1
máster 2
Máster 3
Sub.20/18
Sub.16
Participación aberta a todas asidades a partir
de 2011.
PREMIACIÓN
Absolutos:3 primeirxsclasificadxs
Sénior: Nados en 2003 ata 1992.
Máster 1: Nados entre 1991 e 1982.
Máster 2: Nados entre 1981 e 1972.
Máster3: Nados entre 1971 e anteriores.
Sub20 / 18: Nados en 2007 ata 2010.
Sub16: Nados en 2011 a 2012
Andaina
10k
10:30 450+
Participación aberta a todas asidades a partir
de 2011 e anteriores.
1- TRAIL 21K CON 1100M+ CON SAÍDA ÁS 10:00 DA MAÑÁ.
Aberto a un total de 175 participantes.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xii-trail-vila-de-cuntis-21k-2026-248307290
Avituallamentos
Km2 Fonte de Pazos
Km6 Lugar da Paizosa: Completo
Km9 Fonte da Carballeira de Sebil
km12 Lugar de Fuxacos: Completo
Km16 Lugar de Furco: Completo
Puntos de evacuación:
KM5 Traileira da Paizosa. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km6 Avitullamento da Paizosa. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km7 Cruce se Sebil. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km9 Carballeira de Sebil. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km12 Avituallamento Fuxacos. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km13,5 Fábrica da Luz Camiñando 2km a Cuntis.
Km14 Estrada a Mesego Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km16 Avituallamento Furco Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km19 Castrolandín Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Tempo de Corte:
Fábrica da luz (Km 13,5) Hora de corte 12:30 ritmo de 11,5m/km. Aconsellarase
tomar a senda do río camiñando 2km cara Cuntis. Se o participante decide
continuar será baixo a súa propia responsabilidade e a sabendas de que existe
a posibilidade de non poder dispor de avituallamentos nin de apoio por parte
dos voluntarios ou membros de protección civil.
2. TRAIL 15K CON 750M+ CON SAÍDA ÁS 10:00 DA MAÑÁ.
Aberto a un total de 175 participantes.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xii-trail-vila-de-cuntis-15k-2026-248306870
Avituallamento
Km2 Fonte de Pazos
km6 Lugar de Fuxacos: Completo
Km11 Lugar de Furco: Completo
Puntos de evacuación:
Km6 Avituallamento Fuxacos. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km7,5 Fábrica da Luz Camiñando 2km a Cuntis.
Km8 Estrada a Mesego Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km10 Avituallamento Furco Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km13 Castrolandín Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
3. TRAIL 10K CON 450M+ CON SAÍDA ÁS 10:30 DA MAÑÁ.
Aberto a un total de 175 participantes.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/xii-trail-vila-de-cuntis-10k2026-248441820
Avituallamento
Km 5,5 Lugar de Furco: Completo
Puntos de Axuda:
Km2,5 Fábrica da Luz. Camiñando 2km a Cuntis.
Km3 Estrada a Mesego Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km5,5 Avituallamento Furco. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km8 Castrolandín. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
4. ANDAINA 10K CON 450M+ CON SAÍDA ÁS 10:30 DA MAÑÁ.
Aberto a un total de 175 participantes.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/andaina-vila-de-cuntis-10k-2026-
wikiloc-248442076
Avituallamento
Km 5,5 Lugar de Furco: Completo
Puntos de Axuda:
Km2,5 Fábrica da Luz. Camiñando 2km a Cuntis.
Km3 Estrada a Mesego Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km5,5 Avituallamento Furco. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
Km8 Castrolandín. Posibilidade de traslado en coche a Cuntis.
DISTANCIAS E INFORMACIÓN
Haberá un sistema de pagos por tramos ata o prazo límite de inscrición que
será o 7 de Maio de 2026.
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL
RUNNING, polo cal os deportistas federados en trailrunning estarán cubertos
polo seguro da súa correspondente licenza.
Os/as corredores/as que non estén federados/as na Federación Galega de
Atletismo poderán participar na proba cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
Esta licenza de día terá un cargo de 1,35€ máis en concepto de seguro de día
de sobrecosto na inscrición.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
Contémplase a posibilidade de anulación da participación na proba só por
motivos de saúde e acompañado do informe médico pertinente. Neste caso, a
organización ofrecerá a devolución do importe (menos os gastos de xestión da
devolución) ou a reserva dun dorsal para vindeiras edicións.
Ata o 15 de Abril Do 15 de Abril ata o 7 de Maio
21k 21€ 24€
15k 15€ 19€
10k 13€ 15€
andaina 10k 12€ 15€
Os premios da do Trail Vila de Cuntis NON son acumulativos.
PREMIOS POR EQUIPO: haberá premios por equipo na distancia de 21K. Os
equipos serán de 4 integrantes sendo estes 2 chicos e 2 chicas inscritos co
mesmo nome de equipo coincidente co equipo co que están federados.
Contarase a menor puntuación por orde clasificatoria nas diferentes
clasificacións por xénero. En caso de empate, procederase ao desempate
calculando o sumatorio de Tempos dos integrantes dos equipos gañadores. O
montante económico para os equipos serán de 300€ o primeiro equipo
clasificado, 200€ o segundo equipo clasificado e 100€ o segundo equipo
clasificado.
A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR ÁS 13:30. Comezarase pola categoría de
10km - 15km e 21km.
O material obrigatorio rexerase pola normativa oficial en vigor. Este material
estará conformado por:
Un bote, vaso ou recipiente para recoller auga de mínimo 500ml
Dispositivos móbiles con acendido e con máis do 50% de batería.
Manta térmica.
Chifre de emerxencia.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberán
levalos durante toda a proba.
Non está permitido o uso de equipos de música durante o transcurso da proba,
nin tampouco levar tapóns ou auriculares nos oídos por motivos de seguridade.
Non está permitido participar acompañado de animais domésticos coa
excepción dos cans Guía.
Pode existir controis de materiais no medio das diferentes probas.
DESCUALIFICACIÓNS:
Quedará descualificado/a desta proba aquel ou aquela participante que non
cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido,
deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda
as indicacións da organización.
Así mesmo os 'Corredores escoba'
, o responsable de cada control ou os Xuíces
terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se observan
algunha conducta antideportiva, se valoran que o seu tempo en carreira é
excesivo ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao
control máis próximo e facer entrega do dorsal.
OBRIGAS DO PARTICIPANTE:
Os/as participantes están obrigados a presentarse puntual á hora de inicio da
proba na que está inscrito. No caso de haber control de material terá a
consideración de hora de inicio, a hora de chamada a entrada na cámara
de control de material. Aquel participante que se presente tarde na liña de
saída ou comezada a carreira/andaina é libre de realizar o percorrido baixo a
súa responsabilidade e sendo coñecedor da posibilidade de que a balizaxe
puidera ter sido retiradas polo corredor escoba. Neste caso e dependendo das
circunstancias, poderáselle retirar o dereito a entrar na clasificación previa
decisión do Xuíz árbitro principal.
Tamén é obriga dos participantes auxiliar aos accidentados e a respectar as
normas de circulación nos cruces de estrada así como as indicacións tanto dos
membros da Garda Civil, protección civi así como dos voluntarios e xuíces da
proba.
MODIFICACIÓNS:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas obrígano e exista un aviso importante
ou extremo comunicado pola AEMET ou METEOGALICIA, ou por forza maior sen
que iso signifique a devolución do importe íntegro ou parcial da inscrición.
[
Go Back
]