Calendario
Ver carrera

Coruña - Rosales

31/05/2026 10:00 - 11:00

[ Go Back ]

Descripción XIII CARREIRA POPULAR OS ROSALES
31 DE MAIO DE 2026
REGULAMENTO ESPECÍFICO
ARTIGO 1. DATA DE REALIZACIÓN
Domingo, 31 de maio de 2026.
ARTIGO 2. INSCRICIÓNS E COTAS
INSCRICIÓNS
Data límite e cota de inscrición na carreira:
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 24 de maio de 2026.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.
Participación no circuíto e inscrición en cada unha das carreiras, segundo o indicado no art. 4 do
regulamento xeral do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2026.
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a través da
web www.coruna.gal/carreraspopulares.
COTA DE INSCRICIÓNS, segundo o indicado no art.5 do regulamento xeral do circuíto de Carreiras Populares
Coruña Corre 2026:
2
INSCRICIÓN AO CIRCUÍTO
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos, familia numerosa e
Carné Xove
Cota 15,00 € 10,00 €
Chip 15,00 € * 15,00€ *
Total 30,00 € 25,00 €
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
*Chip circuíto: Os participantes que merquen o chip para a presente edición poderán devolvelo ao remate da última
carreira e recuperarán a fianza de 5€

A cota de inscrición para participar ÚNICAMENTE nesta XIII CARREIRA POPULAR OS ROSALES será de 5 €
máis 3 € polo chip refugable (non reutilizable), coa excepción das persoas desempregadas, maiores de 65
anos, familias numerosas e beneficiarias do Carné Xove, que será de 3 € máis 3 € polo chip refugable.
INSCRICIÓN A CADA CARREIRA (DE FORMA INDEPENDENTE)
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos, familia numerosa e
Carné Xove
Cota 5,00 € 3,00 €
Chip refugable 3,00 € 3,00€
Total 8,00 € / carreira 6,00 € / carreira
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
3
ARTIGO 3. HORARIOS DE SAÍDA E DISTANCIAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.00 ABSOLUTA 5.935 m aprox.
11.00 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11.15 SUB 18* Que cumpran 17 e 16 anos durante este ano. 2.500 m aprox.
11.30 SUB 16* Que cumpran 15 e 14 anos durante este ano. 2.500 m aprox.
11.45 SUB 14* Que cumpran 13 e 12 anos durante este ano. 1.500 m aprox.
12.00 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.15 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.30 PEQUES* Que cumpran 7 anos ou menos durante este
ano.
100 m aprox.
13.00 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*
*Horarios orientativos en función da participación.
ARTIGO 4. LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
LUGAR:
 Sábado 30 de maio: Centro Comercial Cuatro Caminos
HORARIO:
 Desde as 11:00h a 20:30 h.
4
ARTIGO 5. LUGAR DE SAÍDA E META
 Saída e Meta: Av. Fernando Suárez García, próximo ao Polideportivo Municipal dos Rosales
(Ver circuíto na páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares.)
ARTIGO 6. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
Ás 11.00 horas.
ARTIGO 7. SERVIZO DE DUCHAS
Polideportivo dos Rosales. Horario: das 10:30 ás 13:00 h.
ARTIGO 8. SERVIZO DE GARDARROUPA
O día da carreira, de 9.30 ás 11.15h. no Polideportivo dos Rosales.
ARTIGO 9. USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas deportivas ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip
amarelo das/os propietarias/os (non se devolve).
Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste).
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
5
ARTIGO 10. AVITUALLAMENTO NA META
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
ARTIGO 11. CLASIFICACIÓNS
Poderase consultar a clasificación da carreira a través do código QR do dorsal.
ARTIGO 12. LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS
ZONA DE SAIDA E META DA CARREIRA
Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, onde se custodiarán os trofeos non
recolleitos durante un prazo máximo de 15 días.

[ Go Back ]