Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
As Pontes
21/03/2026
18:00 - 19:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO XXXIII CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ
21 de marzo de 2026
Carreira NON FEDERADA
O Concello das Pontes organiza a XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé. A proba non federada
desenvolverase nun circuíto duns 6.400 metros e trascorrerrá sobre asfalto e terra.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o sábado 21 de marzo de 2026.
Comezará ás 16:30 horas e a liña de saída e meta estará situada no Parque da Fraga (43.449547,
-7.841761 )
CIRCUÍTO
A proba absoluta levarase a cabo sobre a distancia de 6.400 metros aproximadamente e transcorrerá
sobre asfalto e terra. A ruta estará debidamente sinalizada e libre de tráfico rodado. Está prohibido
usar como zonas de carreira aquelas que non estean expresamente sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza
maior.
CONTROL DE CARREIRA, DORSAIS E CHIPS
A carreira estará cronometrada e haberá dorsais e chips, persoais e intransferibles, que serán
exclusivos desta carreira e deberán colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente
visible, sen obstrucións e sen manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal
e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente
inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou
persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
DESCUALIFICACIÓNS
A organización resérvase a facultade de retirar da proba a ou ao atleta que manifeste un mal estado
físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos corredores
que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, servizos médicos ou membros
da organización debidamente identificados.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por
ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
A categoría Biberón empezará ás 16:30 horas, as categorías sub8 e sucesivas comezarán a
continuación, consecutivamente, ata rematar coa Absoluta, polo que as persoas inscritas deberán
estar atentas á hora de saída, que será anunciada con suficiente antelación pola megafonía da
organización.
MENORES
Biberón Nados/as no 2021 ou posteriores - 80 METROS
Sub 8 Nados/as en 2019-2020 - 1 VOLTA CIRCUÍTO A
Sub10 Nados/as en 2017-2018 - 2 VOLTAS CIRCUÍTO A
Sub12 Nados/as en 2015-2016 - 2 VOLTAS CIRCUÍTO B
Sub14 Nados/as en 2013-2014 - 3 VOLTAS CIRCUÍTO B
Sub16 Nados/as en 2011-2012 - 4 VOLTAS CIRCUÍTO B
Sub18 Nados/as en 2009-2010 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
ABSOLUTA
Sub20 Nados/as en 2007-2008 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Sub23 Nados/as en 2004-2005-2006 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Sénior Nados/as en 2003 ata 1992 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Máster 1 Nados/as en 1991 ata 1986 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Máster 2 Nados/as en 1985 ata 1976 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Máster 3 Nados/as en 1975 ata 1966 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
Máster 4 Nados/as antes do ano 1965 - 1 VOLTA CIRCUÍTO C
PECHE DE CONTROL DA CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois da/o primeira/o clasificada/o da categoría absoluta
INSCRICIÓNS E COTAS
Faranse a través da url https://emesports.es/eventos, estará operativa a partir da publicación deste
regulamento ata o xoves día 19 de marzo ás 23:59h. A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa
participante (agás para menores de 18 anos que será de balde)
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais o mesmo día da proba no local do Hexágono, sito na área
recreativa Xosé Ferro (43.450817, -7.840951), en horario de 14:30h a 16:30h.
SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá de ambulancia e a colaboración da Policía Local e de Protección Civil
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro
obrigatorio deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte
posterior do dorsal indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo
sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.), así como
teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
AVITUALLAMENTOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de As Pontes (A Fraga).
PREMIOS
CATEGORÍA MENORES
Nas categorías Biberón todas/os as/os participantes levarán unha medalla.
Entrega de medalla ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CATEGORÍA ABSOLUTA
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os da clasificación absoluta xeral recibirán unha medalla e os
seguintes premios metálicos:
1º. Clasificada/o: 300 euros (masculino/feminino)
2º. Clasificada/o: 200 euros (masculino/feminino)
3º. Clasificada/o: 100 euros (masculino/feminino)
SUB CATEGORÍAS CATEGORÍA ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría, integrada na categoría absoluta, recibirán
unha medalla
PREMIO AO MELLOR PONTÉS/A
O primeiro clasificado pontés e a primeira pontesa recibirán un trofeo e unha cesta con produtos
locais. (Para optar a esta categoría será necesario estar empadroada/o no Concello das Pontes).
ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles as medallas no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas
de cada unha das categorías. As/os atletas deberán situarse na zona próxima á meta no momento no
que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada
unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu premio,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se
lle entregará o premio a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta. Agradecémoslles ás persoas
responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente que o comuniquen
na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Concello das Pontes, durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os premios non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que
renuncian a el.
[
Go Back
]