Calendario
Ver carrera

Toques

12/04/2026 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
O presente documento pretende establecer os conceptos regulamentarios e
organizativos e as consignas básicas da VI Subida a San Cidre.
Artigo 1.- Organización
O Concello de Toques, baixo o control técnico da Federación Galega de
Atletismo, organizará o domingo 12 de Abril de 2026 a partir das 10:00 horas da mañá,
a 6ª edición da carreira (trail running) SUBIDA A SAN CIDRE. Este evento deportivo
inclúe:
 Carreira de larga distancia: 17 quilómetros dirixida a participantes maiores de idade.
 Carreira de curta distancia: 8 quilómetros dirixida a participantes maiores de 16 anos.
 Carreira de menores: unha ou varias voltas sobre percorrido de 400 metros, dirixidas
a menores de idade.
As probas estarán baixo o arbitraxe, supervisión e control do comité de xuices da
Federación Galega de Atletismo.
Artigo 2 .-Categorías de participantes:
Para a CARREIRA DE 17 K, establécense as seguintes categorías en función
de idade e xénero:
CATEGORIA XÉNERO IDADE
Absoluto Masculino e Feminina Calquera das categorías
Sub 20 Masculino e Feminina Nados entre 2007 e 2008
Sub 23 Masculino e Feminina Nados entre 2006 e 2004
Sénior Masculino e Feminina Nados entre 2003 e 1992
Máster 1 Masculino e Feminina Nados entre 1991 e 1986
Máster 2 Masculino e Feminina Nados entre 1985 e 1976
Master 3 Masculino e Feminina Nados entre 1975 e 1966
Máster 4 Masculino e Feminina Nados antes do anos 1966
Empadroados Masculino e Feminina Participantes de calquera categoría
empadroados/as en Toques
Para a CARREIRA DE 8 K, establécese unha categoría única:
CATEGORIA XÉNERO IDADE
Absoluta Masculino e feminina
Maiores de 16 anos cumpridos no
momento de realizar a inscrición.
Para as CARREIRAS DE MENORES a participantes en idade escolar,
establécense as seguintes categorías, en función de idade e xénero:
CATEGORIA XÉNERO IDADE
Sub 18 Masculino e feminina nados/as en 2009 e 2010
Sub 16 Masculino e feminina nados/as en 2011 e 2012
Sub 14 Masculino e feminina nados/as en 2013 e 2014
Sub 12 Masculino e feminina nados/as en 2015 e 2016
Sub 10 Masculino e feminina nados/as en 2017 e 2018
Sub 8 Masculino e feminina nados/as en 2019 e 2020
Pitufos Masculino e feminina nados/as en 2021 e posteriores
Artigo 3.- Horarios das carreiras:
A Subida a San Cidre é unha carreira de monte e pistas forestais (estilo trail os
adultos; e estilo campo a través os menores) con varias distancias según a categoría.
A saída de todas as probas estará ubicada no Lugar Souto, nas inmediacións do
Pavillón Polideportivo Municipal, no Concello de Toques.
 Ubicación do lugar de saida >>:
https://www.google.com/maps/place/42%C2%B058'04.8%22N+7%C2%B058'26.2
%22W/@42.967995,-
7.9765249,482m/data=!3m2!1e3!4b1!4m4!3m3!8m2!3d42.967995!4d7.97395?authuser=0&entry=ttu&g_ep=EgoyMDI1MDEwNy4wIKXMDSoASAFQ
Aw%3D%3D
 42°58'04.8"N 7°58'26.2"O
(*) Pode haber variacións nos horarios de saída en función da inscrición no peche da mesma
A carreira Subida a San Cidre (Distancia Longa e Curta) transcorrerá 100%
polo monte da Grela, de Buxán, San Cidre, e Paradela (no mapa marcado en azul) con
saída e chegada no mesmo emprazamento, Lugar de Souto (450 m), no Concello de
Toques.
HORARIOS: Hora de Saída Categorías Distancia
SUBIDA A SAN
CIDRE 17 K
10:00 horas Todas (ver artigo 2) 17 K
SUBIDA A SAN
CIDRE 8 K
10:00 horas Todas (ver artigo 2) 8 K
CARREIRAS DE
MENORES *
(ESCOLARES)
10:10 horas Sub 18 e Sub 16 2000 metros
10:20 horas Sub 14 e Sub 12 1200 metros
10:30 horas Sub 10 800 metros
10:40 horas Sub 8 400 metros
11:00 horas Biberóns 60 metros
 DISTANCIA LONGA
O percorrido de 17 quilómetros (en azul e vermello no mapa da seguinte páxina)
ten un desnivel acumulado de 1300 metros aproximadamente (de subida e baixada),
considerando o itinerario completo, isto é, desde o inicio ata o punto máis alto da proba,
sito ao seu paso polo Cruceiro de San Cidre (712 m);
Perfil Distancia Longa (17 K)
 DISTANCIA CURTA
O percorrido de 8 quilómetros (en vermello no mapa da seguinte páxina) ten un
desnivel acumulado de 500 metros aproximadamente (de subida e baixada),
considerando o itinerario completo, isto é, desde o inicio ata o punto máis alto da proba,
sito ao seu paso polo monte de Buxán (Paradela).
Perfil Distancia Curta
Así mesmo a orografía e posible climatoloxía adversa farán que sexa unha proba
esixente para a cal requírese unha boa preparación en ambas carreiras. Ademáis de
calzado axeitado para transitar polos camiños do percorrido, é recomendable levar
indumentaria e/ou equipamento coa finalidade de garantir un correcto desprazamento e
una xornada confortable.
CARREIRAS DE MENORES
As carreiras para menores de idade terán lugar nas inmediacións da zona de SaídaMeta (marcado en laranxa no mapa). O tipo de superficie por onde os/as participantes
realizarán a carreira será mixto, combinando asfalto e herva, e ademáis, sobre un
circuito con distancia específica en cada categoría sobre un percorrido de 400 metros.
Artigo 4.- Avituallamentos
A organización habilitará un avituallamento no percorrido de 17 quilómetros
aproximadamente entre os quilómetros 8 e 10, ademáis do ubicado na zona de meta.
Neles os participantes poderán fornecerse de auga, bebida isotónica, comida e froita,
ademáis doutros produtos proporcionados pola organización.
Para a carreira de 8 quilómetros e as probas de menores de 18 anos haberá só
avituallamento en meta.
Artigo 5. -Límite de prazas.
Establecerase, un límite de 100 prazas na carreira de longa distancia e 50 na de
curta distancia (total 150), e 25 prazas por cada proba dos menores de idade. Unha vez
se chegue a esas cifras na inscrición, pecharase á mesma en cada carreira programada.
Artigo 6.-Participación
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter
limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN
ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O
INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN
INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple
testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación na proba de 17 quilómetros é de 18 anos
(cumpridos con anterioridade ao mesmo día da proba).
A idade mínima de participación na proba de 8 quilómetros é de 16 anos
(cumpridos con anterioridade ao mesmo día da proba).
Os menores de idade, poderán participar nas probas con distancias específicas
para menores de 18 anos (cumpridos con anterioridade ao mesmo día da proba).
Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na
proba.
O corredor da Subida a San Cidre deberá levar o dorsal facilitado pola
Organización en todo momento, nun lugar visible (parte anterior do corpo) non podendo
ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO,
CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.
Artigo 7.- Normativa hixiénico-sanitaria fronte a circunstancias adversas.
Neste aspecto, aplicarase a normativa vixente na data de celebración da proba,
feito que será comunicado previamente aos participantes mediante as páxinas web.
Artigo 8.-A Carreira
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora branca e vermella e
senalética específica creada para a proba.
O percorrido estará pechado ao tráfico naqueles tramos onde o percorrido
transite por vías de asfalto, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións no
resto do percorrido, aínda que a organización terá marcado o percorrido para maior
información dos participantes e dos vecinos que poidan ser afectados.
Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos
MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento
deste punto, implicará a descualificación inmediata. As probas estarán controladas de
modo electrónico mediante o sistema de chip - dorsal. Os participantes deberán portar o
dorsal-chip durante todo o percorrido, situándoo na parte anterior do corpo
(recomendable zona próxima ao peito), xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos
non se realizasen correctamente.
Artigo 9.-Inscrición
A inscrición ao Cross de San Cidre iniciarase o 1 de Marzo ás 12:00 horas da mañá
a través da páxina web da proba (www.toques.gal) e a través da plataforma
www.carreirasgalegas.com e finalizará o día 8 de Abril de 2026 ás 23:59 horas e os
prezos de inscrición serán de:
Subida a San Cidre – Distancia Longa (17 km.)
 Quince euros (15 €) ata o domingo 5 de Abril de 2026 ás 23:59 horas.
 Vinte euros (20 €) desde o luns 6 de Abril de 2026 ás 00.00 horas ata fin de
prazo (8 de Abril ás 23:59).
Subida a San Cidre – Distancia Curta (8 km.) Incluíndo sub´18
 Dez euros (10 €) ata o domingo 5 de Abril de 2026 ás 23:59 horas.
 Quince euros (15 €) desde o luns 6 de Abril de 2026 ás 00.00 horas ata fin
de prazo (8 de Abril ás 23:59).
Probas para menores de 18 anos (Biberóns, de 400 m., 800 m. 1.200 m. e 2.000
m.)
 Gratuitas.
A inscrición á proba inclúe:
 Dereito de participación.
 Seguro de accidentes deportivos e RC
 Bolsa do corredor.
 Peza ou obsequio participación.
 Servizos médicos obrigatorios.
 Avituallamiento nos puntos habilitados.
RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase na Aula da Natureza sita próxima ao CEIP de
Toques o mesmo día da carreira a partir das 08:30 horas e ata media hora antes do inicio
de cada proba. Recoméndase ir con tempo para evitar colas de última hora.
Artigo 10.- Premios e agasallos.
Na VI Subida a San Cidre daranse os seguintes premios:
 Trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as das categorías Senior, Absoluto,
Master 1, Master 2, Master 3 e Master 4; e Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub
10 e Sub 8, establecidas no presente reglamento, tanto das probas escolares,
como da proba de 17 K;
 Premio aos/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba de 8 K en ruta.
 Establécese a categoría especial "empadroados en Toques" cos tres primeiros e
primeiras clasificados/as (17 km), os cales tamén serán premiados, a maiores do
trofeo.
Premios NON acumulativos.
 No hipotético caso de que un/unha participante faga podio en dúas categorías, o
premio ou trofeo será entregado ao seguinte participante da clasificación na
categoría.
Artigo 11.-Dereitos de imaxe
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a
proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega
de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen
ningún límite temporal para empregalos. Esta condición é aceptada polo participante no
momento de oficializar a inscrición.
Artigo 12.- Reclamacións aos resultados
As clasificación das probas de 8 K e 17 K serán expostas unha vez finalicen. Poderán
realizar reclamación aos resultados oficiais de xeito verbal ao xuiz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Artigo 13.-Cancelacións
Só se admitirán cancelacións á proba aos atletas inscritos que o comuniquen antes do 6
de Abril ás 23:59 h. ao mail mauro.noguerol@toques.gal. A devolución do importe será
do 50% do importe pagado pola inscrición.
Artigo 14.-Servizo gardarroupa
A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.
Artigo 15.- Normas ambientais
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de
carácter especial para co medio ambiente:
- Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que
albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes
deben actuar con coidado e responsabilidade.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e
RFEA.

[ Go Back ]