Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vigo - Invasión Celeste
26/04/2026
10:00 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
INVASIÓN CELESTE BY PROFAND
1. A Fundación Celta de Vigo organiza a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo |
Invasión Celeste By Profand. Proba que se disputará o vindeiro 26 de abril de 2026 con
saída na Sede do Celta na Rúa Príncipe e meta no estadio Abanca Balaidos.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido urbano de 10 k e 5 k nas categorías
absolutas, 1.000 metros en categorías Base e 50 metros os Chiquiceltas.
3. A Carreira terá tres diferentes saídas:
10:00 – Homes e mulleres (absolutas)
• Percorrido urbano de 10K e 5K.
• Saída na Sede do celta.
• Meta no estadio Abanca balaidos.
11:30 – Homes e mulleres (menores)
• Percorrido de 1K. Unha volta ao exterior do estadio e meta no interior.
11:45 – Chiquiceltas
• Percorrido de 50 metros dentro do Estadio.
4. Categorías
Proba CHIQUICELTAS 50m
• Nenos e nenas nados en 2020, 2021, 2022 e 2023
Proba 1K
• Cat A: entre 2018 e 2019 (7-8)
• Cat B: entre 2014 e 2017 (9-12)
• Cat C: entre 2011 e 2013 (13-15)
Proba 5K
• M/F Sub-23: de 2004 a 2010 (16-22)
• M/F Absolutos: nados en 2003 e anteriores (+23)
• Inclusiva.
• Andaina non competitiva
Proba 10K
• M1 / F1: de 1987 a 2003 (23-39)
• M2 / F2: de 1977 a 1986 (40-49)
• M3 / F3: de 1967 a 1976 (50-59)
• M4 / F4: de 1957 a 1966 (60-69)
• M5 / F5: 1956 e anteriores (+70)
• Inclusiva. (homes e mulleres)
Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na
liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas
serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.rccelta.es mediante pago con
tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 19 de abril de 2026. Non é preciso estar
federado e non se admiten inscricións fóra do prazo marcado.
6. O custo da inscrición é de:
• Chiquiceltas e 1K: 10 €.
• 5K e 10K:
• 13 € ata o 26 de marzo
• 16 € entre o 27 de marzo e o 19 de abril
7. Os dorsais e chips serán entregados:
• Sábado 25 de abril de 10:00 a 21:00h: A Sede para todas as probas.
• Domingo 26 de abril de 8:30 a 9:30h: A Sede para as probas de 10K e 5K.
• Domingo 26 de abril de 9:30 a 11:00h: Abanca Balaidos para 1K e Chiquiceltas.
8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión Celeste.
9. A saída das probas no interior do Estadio Abanca Balaidos poderá realizarse accedendo
dende a grada de Río Baixo, sita na rúa Avenida de Citroën.
HORARIOS
• 10:00 Saída 10K e 5K (proba absoluta, saída dende A Sede, Rúa do Príncipe)
• 11:30 Saída 1K
• 11:45 Saída Chiquiceltas
ENTREGA DE TROFEOS
• 12:30 h – Estadio Abanca Balaidos (Este horario poderá ser modificado pola
organización)
ENTREGA MOCHILAS CORREDORES 10K e 5K Na rúa Velázquez Moreno, lateral de A Sede –
Furgoneta do RC Celta – serán trasladadas a Balaidos para a súa devolución ao remate da
proba.
10. Ao longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime
oportunos, podendo descualificar a calquera participante que realice algunha
irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
11. Premios: Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.
Chiquiceltas non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán uma
medalla.
12. Avituallamento: Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na
zona de meta.
13. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a
outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo ao regulamento en vigor.
14. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes
disporán de seguro de accidentes para o día da carreira contratado pola organización.
15. Conforme á L.O. 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte
dun ficheiro, cuxo responsable é Fundación Celta de Vigo, con domicilio social en Rúa do
Príncipe 44, 36202 Vigo (Pontevedra).
16. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de
Datos (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos
dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle de que os seus datos persoais serán tratados
pola Fundación Celta de Vigo, con domicilio social na Rúa do Príncipe 44, 36202 Vigo
(Pontevedra), na súa condición de responsable do tratamento.
Os datos facilitados serán tratados coas seguintes finalidades: (i) xestionar a súa inscrición e
participación na carreira Invasión Celeste; e (ii) no caso de que outorgue o seu
consentimento expreso mediante a marcación da casiña habilitada para tal efecto,
remitirlle comunicacións comerciais, promocionais ou informativas relacionadas con
actividades, eventos ou servizos vinculados á organización. A base xurídica do tratamento é
a execución do contrato de inscrición para a carreira e, se é o caso, o consentimento
expreso para o envío de comunicacións comerciais, que poderá ser retirado en calquera
momento sen afectar á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Os seus datos poderán ser comunicados a terceiros que interveñan na organización e
xestión do evento, os cales actuarán en calidade de encargados do tratamento en virtude
dos correspondentes contratos subscritos conforme á normativa vixente. Os datos persoais
conservaranse durante o tempo necesario para a xestión da inscrición e participación no
evento e, posteriormente, durante os prazos legalmente establecidos para atender posibles
responsabilidades derivadas do tratamento.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do
tratamento e portabilidade dos datos mediante solicitude dirixida ao correo
electrónico lopd@celta.gal. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a
Autoridade de Control competente.
17. Polo mero feito de inscribirse, o participante ou o representante legal do menor
participante declara o seguinte: «Atópome en estado de saúde óptimo para participar na
Carreira da Fundación Celta de Vigo. Comprométome, durante o desenvolvemento da
competición, a contribuír na medida do posible coa Organización para evitar accidentes
persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e
calquera outro tipo de material audiovisual no que poida figurar, aceptando a publicación
do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou internet, sen
esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto
[
Go Back
]