Calendario
Ver carrera

Leiro

05/07/2026 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción Regulamento da 42 edición Carreira Popular de Leiro

1. INFORMACIÓN XERAL
DATA: domingo, 5 de Xullo de 2026
HORA: a partir das 10:00 h.
LUGAR: Leiro (Ourense). Zona de Saída-Meta e Organización na Área Recreativa do Salgueiral (ó lado do Campo de Fútbol)
DISTANCIA: de 100 m. A 10.000 m. aprox.
ORGANIZA: Concello de Leiro
Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada polo Comité Galego de Xuíces.
COORGANIZA: Atletismo Arenteiro
INSCRICIÓN/INFORMACIÓN: ver no regulamento: en championchipnorte.com e en Carreiras Galegas (Portal da FGA).
https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/
https://www.facebook.com/Carreira-Popular-de-Leiro-102421812399376
https://www.instagram.com/concello.leiro
https://www.youtube.com/@carreirapopularleiro4120

A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que sexan necesarios co fin de cumprir coa normativa e outros motivos de carácter organizativo. De ser o caso, estes cambios serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

2. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas:
A: PITUFOS F/M 2021 e posteriores.
B: SUB 8 F/M 2019, 2020
C1: SUB 10 F/M 2017,2018
C2: SUB 12 F/M 2015, 2016
D1: SUB 14 F/M 2013,2014
D2: SUB 16 F/M 2011,2012
E: SUB 18 F/M de 2009,2010
F: SUB 20 / SUB 23 M/F atletas nados/as entre 2004 e 2008
G: SÉNIOR M/F atletas nados/as entre 2003 e ata Máster
H: MÁSTER A M/F atletas de 35 a 40 anos.
I: MÁSTER B M/F atletas de 41 a 50 anos.
J: MÁSTER C M/F atletas de 51 a 60 anos.
K: MÁSTER D M/F atletas de máis de 61 anos.

EQUIPOS: Haberá unha clasificación por equipos (que poderán estar formados por mulleres, homes ou mixto) e confeccionarase inscribindo ós integrantes do equipo no apartado que está habilitado para tal efecto na páxina de inscrición de championchipnorte (importante cubrir ben este apartado, senón non se terá en conta para a clasificación)
Para que un equipo teña clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 7 corredores do mesmo equipo. Para confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 6 primeiros corredores clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e así sucesivamente. . En caso de empate resolverase a favor do equipo que o seu primeiro corredor obteña o mellor posto na clasificación xeral.
Para puntuar para o equipo teñen que disputar a distancia de 10 km. na proba absoluta.

3. PERCORRIDO:
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1ª 10:00 F,G,H,I,J,K 10 km (ABSOLUTA) e 5 Km.
2ª 10:00 E 5 Km.
3ª 11:30 D1,D2 2 Km.
4ª 11:45 C1,C2 1,2Km.
5ª 12:00 B 700m.
6ª 12:15 A 250m.

Avituallamento líquido nos km. 1,5, Km. 4,2, Km. 6,5, Km. 9,2 e sólido-líquido na meta.
Os quilómetros estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.

Toda información sobre os recorridos e da proba en:
https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/

4. INSCRICIÓNS
DISTANCIA E CATEGORÍA PREZO PRAZO
5Km 10Km
excepto categoría E que será gratuíta.
8 € + 1 € ós non propietarios/as de chip amarelo
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 20:00h do 1 de Abril ata as 24:00h do 30 de xuño.
9 € + 1 € ós non propietarios/as de chip amarelo
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 00:00h do 1 de xullo ata as 24:00h do 3 de xullo.

A,B,C1,C2,D1,D2 GRATUÍTA
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 20:00h do 1 de Abril ata as 24:00h do 3 de xullo.
Nas dependencias do Concello de Leiro en horario de oficina.

Os 300 primeiros inscritos nos 10Km. e os 100 primeiros inscritos nos 5Km. recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de modificación nin devolución de cota de inscrición a ningunha persoa inscrita. A organización resérvase o dereito de inscribir a algún atleta.
Na inscrición será obrigatorio poñer un tempo aproximado de realizar 10 km.

5. PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partir das 12:30 h. na zona de Saída-Meta na Área Recreativa do Salgueiral.
Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos.
• Medallas para todos os participantes das categorías A,B.
• Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías C1,C2,D1,D2,E.
• 5Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
• 10Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos. Máis agasallos a determinar pola organización. Máis 200 € 1º F/M, 100 € 2º F/M, 50 € 3º F/M.
• 10Km. Trofeos (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías F,G,H,I,J,K.
• 10Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros equipos clasificados. Máis 300 € 1º, 200 € 2º, 100 € 3º. O resto de equipos que rematen a proba segundo as normas deste regulamento, recibirán tamén un trofeo segundo a súa clasificación final.
• Os trofeos (obsequio do evento) non son acumulativos, salvo os indicados.
• As categorías A,B,C1,C2,D1,D2,E, os 300 primeiros inscritos nos 10 km e os 100 primeiros inscritos nos 5Km tamén recibirán camiseta conmemorativa do evento.
• Sorteos de agasallos facilitados polos colaboradores entre todos os participantes. Estes sorteos faranse durante o período de inscrición(cos inscritos en cada momento) e o día antes da proba.
• Para recibir os premios, trofeos, agasallos terá que estar a persoa titular no lugar e hora que determine a organización. Fóra do día da proba non se entregará ningún premio, agasallo nin trofeo perdendo todo dereito de reclamación por parte do seu titular.

6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Na Área Recreativa do Salgueiral ó lado do Campo de Fútbol o día da proba desde as 8:30 da mañá ata 15 minutos antes de cada proba.
A organización con antelación suficiente, facilitará a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.

7. ZONA DE QUECEMENTO E SAÍDA
A organización sinalizará unha zona específica para realizar o quecemento os participantes, aínda que non será obrigatorio utilizar esta zona especifica, podendo cada atleta facer o quecemento de forma específica onde el o considere, sen invadir os circuítos da carreira (se están participando atletas nas diferentes probas) e as estradas que non estean destinadas a tal fin.

8. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os resultados oficiais.

9. RESPONSABILIDADE
A persoa participante co feito da inscrición na proba declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse ás persoas participantes polas súas imprudencias ou neglixencias, nin dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira .
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

10. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia.

11. LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Todos/as os/as corredores/as, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome, da súa imaxe e vídeos nas clasificacións, nos medios de comunicación e na Internet por parte da organización e dos seus entes colaboradores . En todo caso os seus datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril (GDPR) e na Ley Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD), coa finalidade de exercicio das competencias asumidas por este Concello e manter a relación co administrado. Os datos serán conservados de conformidade coa normativa aplicable, mentres exista un interese público para manter o fin do tratamento, así como para fins estatísticos, e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seu donimización dos datos ou a destrución total dos mesmos. Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo que fose necesario para a tramitación do procedemento ou por obriga legal. Así mesmo, infórmaselles que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose a CONCELLO DE LEIRO. Rúa Gabino Bugallal, 39 32420 Leiro (Ourense). Email:info@concellodeleiro.com, así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

12. OUTROS SERVIZOS
Os participantes disporán dunha zona ampla onde estacionar os seus vehículos, próxima á zona de Saída-Meta.
As duchas e vestiarios estarán habilitadas no campo de fútbol e na cancha polideportiva.
Disporemos de servizo de gardarroupa na zona de recollida de dorsais.

En caso de non poder ofertar algún destes servizos ou poder ofertar algún servizo a maiores, facilitaráselle con antelación suficiente a información a todos os participantes nos medios de difusión e información utilizados pola organización para a promoción do evento.

13. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS ESTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase segundo o regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo para probas de calendario autonómico: Ligazón: https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-24/Reglamento%20de%20Competición.pdf

14. CONSIDERACIÓNS DERRADEIRAS
A organización contará coa colaboración de protección civil, organismos municipais e forzas e corpos de seguridade competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido, na que en todo momento os participantes da proba farán caso ás súas instrucións.
Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descualificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
Todos os inscritos fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.
Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA, RFEA e WA, por esta orde.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición a persoa participante consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e responsabilidade civil así como a xestión da licenza de día e ránking popular de probas de ruta. En todo caso, e tal e como establece a Lei de protección de datos persoais, a persoa interesada pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo (Avda. de Glasgow, 13, 15008, A Coruña).

Carreira Popular de Leiro

[ Go Back ]