Calendario
Ver carrera

Moaña

19/04/2026 12:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1. PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados, sin importar condición,
sexo ou nacionalidade, sempre atendendo o regulamento da proba. O
control da carreira estará a cargo do Club Atletismo Samertolameu.
2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Para a XVII Carreira Pedestre Concello de Moaña as categorías de
competición serán as seguintes, na sua modalidade masculina e femenina
respectivamente:
PITUFO Nados do 2021 en adiante
PREBENXAMIN Nados en 2019 e 2020
SUB 10 (BENXAMIN) Nados en 2017 e 2018
SUB 12 (ALEVIN) Nados en 2015 e 2016
SUB 14 (INFANTIL) Nados en 2013 e 2014
SUB 16 (CADETE) Nados en 2011 e 2012
SUB 18 XUVENIL Nados entre 2009 e 2010
SUB 20 JUNIOR Nados entre 2007 e 2008
SUB 23 PROMESA Nados entre 2004, 2005 Y 2006
SENIOR de 2003 en adiante ata cumprir 35 anos
MASTER A, 35 a 44 anos
MASTER B, 45 a 54 anos
MASTER C, mayores de 55 anos
3. DISTANCIAS E HORARIO
O percorrido das probas consta de varios circuitos, adaptándose a cada
categoria.
O percorrido da proba popular, será totalmente chan, é de 10km
HOMOLOGADOS POLA RFEA
Existe a posibilidade de facer soamente 1 volta o circuito (5km),
para a cal existirá clasificación absoluta independente.
As probas escolares terán a súa saída no centro da pista onde se lles
indicara o percorrido.
10.30 h BENXAMÍN, 700 m aprox
10.40 h.PREBENXAMIN, 400m aprox
11.00 h PITUFOS, 100 m aprox.
11.15 h CADETES, 2500 m aprox.
11:30 h INFANTILES, 1500 m aprox.
11:45 h ALEVINS, 1000m aprox.
12:00 h CARREIRA POPULAR (xuvenil, junior, promesa, senior,
veteranos A, B e C) 10 km (2 voltas circuito e entrada meta) e 5km
(1 volta circuito e entrada en meta).
13:30 h ENTREGA DE PREMIOS (Pistas de Atletismo Concello de
Moaña)
A saida da carreira popular (10km/5km) terá lugar na estrada Xeral enfrente
as pistas de atletismo quedando a meta dentro das pistas de atletismo.
O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 20 min.
Os atletas que non consigan completar a primeira volta ó circuito
(5km) nun tempo de 40 minutos non poderán continuar na carreira e
a sua clasificación será a dos 5km.
O percorrido da proba estará indicado, controlado, e sinalizado cada
kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos
municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
Asimesmo a carreira estará supervisada polos Xuices da FGA.
4. INSCRICIONS
Prazo de inscrición:
 NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O DIA DA PROBA.
 O prazo de inscrición abrese o día 1 de Marzo as 00:00 horas
 O prazo para as inscricións finaliza o Mércores 15 de Abril ás
23:59:59 horas.
Prezo de inscrición:
 CATEGORIAS INFERIORES: GRATUITA
 CATEGORÍAS XUVENIL E POSTERIORES: (inclue bolsa do
corredor)
 Ata o 1 Abril as 23:59:59
 12 €
 Do 2 de Abril o 15 de Abril as 23:59:59
 15 €
Realización de inscrición:
 Na web www.carreirasgalegas.com
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
Haberá un límite de 750 inscritos na carreira popular (10K/5K) e de 400 para as
carreiras escolares.
Teléfonos de información: 611455454
5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba dende as 09.30 horas, nas pistas de atletismo, ata
30 minutos antes do inicio da mesma.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos e nenos (excepto pitufos) estará
controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da
recollida do dorsal. O finalizar a proba, tódolos atletas deberán devolver o
chip
6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Na XVII Carreira Pedestre Concello de Moaña, outorgaranse os seguintes
premios:
CATEGORIAS INFERIORES
 Trofeo para o tres primeiros clasificados
 100 medallas para atletas prebenxamins e pitufos
PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 10 KM
 Trofeo o primeiro/a atleta de Moaña.
 Trofeo aos tres primeiros/as corredores/as de cada categoría e
sexo.
 Premios en metálico aos 3 primeiros/as clasificados/as da Carreira
Popular 10 km tanto en homes como mulleres.
› 1º/ª Clasificado/a: 150 €
› 2º/ª Clasificado/a: 100 €
› 3º/ª Clasificado/a: 75 €
PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A
PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA
IDENTIDADE.
PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 5 KM
 Trofeos os 3 primeiros clasificados.
 Non haberá premios por catégorias.
 Non haberá premios en metálico.
7. SERVIZOS A DISPOSICIÓN DOS PARTICIPANTES
 Festa fin de carreira a partir das 12:15 horas.
 Servicio médico na zona de chegada.
 Ambulancia na zona de chegada.
 Haberá Servizo de Duchas no Polideportivo frente as pistas de
atletismo.
 Haberá avituallamento liquido durante a proba absoluta,
aproximadamente nos km 2’5, 5 e 7’5.
 Entregarase bolsa do corredor a tódolos participantes que rematen a
proba absoluta (5km/ 10km).
8. SEGUROS. Os participantes da proba estarán amparados por un seguro de
responsabilidade civil concertado por o Concello de Moaña e o propio do Club
Atletismo Samertolameu, e pola licencia de dia contratada pola organización.
Aqueles atletas que teñen licencia federativa, estarán cubertos polo seguro da
propia licenza.
9. Toda persoa que corra SIN estar inscrita, o fará baixo a sua responsabilidade, e
non poderá participar de trofeos, premios, nin obsequios. Ademais, non estará
amparada por o seguro da proba.
10. O percorrido estará debidamente controlado, indicado, e sinalizado cada km,
ademais, existirá un posto de avituallamento aproximadamente nos puntos
kilométircos 2’5, 5 e 7’5.
11. Os servizos sanitarios e ambulancia estarán ubicados na zona de saida.
12. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados por a
organización. Non está permitido o acompañamento dos participantes nas distintas
carreiras.
13. Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sin
dobrar. A non observancia ou pérdida do dorsal será causa de descalificación.
14. A organización reservase o dereito de modificar este regulamento si as
circunstacias o aconsellan (informando oportunamente)
Calquera circunstancia acontecida que non esté recollida en este regulamento,
resolverase según o criterio da organización, e a sua decisión será inapelable.
15. Tódolos participantes debidamente inscritos, por o mero feito de tomar a saida,
aceptan o presente regulamento, e en caso de dúbida, ou de xurdir algunha
circunstancia non recollida no mesmo, aceptarán as decisións do comité
organizador.
16. A Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que
poidan sufrir os participantes da proba, salvo aqueles que queden amparados por
as polizas de seguros contratadas por a organización (a cobertura destas polizas
estará a disposición de tódolos participantes que así o desexen)
17. DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descualificados a
criterio da Organización e dos Xuices da FGA.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
 Todo atleta que mostre comportamentos antideportivos.
 Todo atleta que sexa acompañado durante a proba.
 Todo atleta que non leve o dorsal claramente visible na parte dianteira.

[ Go Back ]