Calendario
Ver carrera

Begonte

28/06/2026 11:00 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción ARTIGO 1: DATA
A IX Carreira Popular Concello de Begonte celebrarase o 28 de xuño de 2026 dende as
10.00h e o punto de encontro e saída tanto da andaina como das carreiras estará situado
no Club Fluvial de Begonte.
ARTIGO 2: PARTICIPACIÓN
Poderán participar nesta proba tódalas persoas que o desexen. Cada atleta participa
voluntariamente e declara, baixo a súa responsabilidade, que se encontra en condicións
físicas óptimas para realizar a proba.
ARTIGO 3: CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
HORA DE
INICIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO / DISTANCIA
IDADES
10.00 ANDAINA Todas as idades. 7000 m.
11.00
SENIOR Nad@s en 2009 a 34 anos 7000 m.
Veteráns A 35 a 44 anos 7000 m.
Veteráns B 45 a 55 anos 7000 m.
Veteráns C 56 anos en adiante 7000 m.
12.15* C Nados/as en
2010-2011-2012-2013
2000 m.
12.35* B Nados/as en 2014-2015-2016 1000 m.
12.45* A Nados/as en 2017 e 2018 500 m.
12.50* Mini Nados/as en 2019 e 2022 150 m.
*Os horarios das carreiras menores poderán variar dependendo do número de inscritos/as.
Na carreira absoluta tamén se establecerá unha clasificación por equipos, tanto na
categoría masculina como na feminina. A puntuación realizarase pola suma dos tempos
dos tres primeiros integrantes do equipo. Cada equipo deberá ter un mínimo de catro
integrantes en cada categoría. A inscrición dos equipos farase a través de invitación.
ARTIGO 4 : CIRCUÍTO
O circuíto transcorrerá por vías asfaltadas e estará completamente pechado ó tráfico e
acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non
exista unha diferenciación natural. O percorrido estará sinalizado en cada punto
quilométrico.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen empregar
ningunha zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira as beirarrúas, zonas
axardinadas, etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar o trazado oficial,
suporá a descualificación do/da infractor/a.
ARTIGO 5: PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
O control de chegada da proba absoluta pecharase 60 minutos despois da saída da
mesma. Pasado ese tempo, o participante que continúe participando na carreira deberá
retirarse do circuíto oficial da competición.
ARTIGO 6: INSCRICIÓN, PRAZOS E COTAS
A inscrición realizarase online na páxina web www.championchipnorte.com.
O prazo para inscribirse rematará o mércores, 25 de xuño de 2026, ás 23:59 horas.
O custe da inscrición na carreira absoluta será de 8€ + 1€ de aluguer de chip dende a data
de apertura ata o 31 de maio de 2026 e de 10€ +1€ dende o 1 ata o 25 de xuño de 2026.
inscrición na andaina e nas carreiras menores será gratuíta. Non se admitirán inscricións
o día da proba.
A inscrición na carreira dá dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil
e de accidentes, así como a facer uso de tódolos servizos establecidos pola Organización
para os/as participantes (ludoteca e inchable para os nenos/as, duchas no Pavillón
Municipal de Begonte, gardarroupa, aparcadoiros, etc.), e dun agasallo conmemorativo
da carreira. Ademais, proporcionarase auga e avituallamento sólido a tódolos
participantes en cada unha das carreiras no punto de avituallamento situado nun lugar
visible despois da meta. E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes
poderán degustar uns aperitivos gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial
de Begonte.
Non se devolverá o importe da inscrición por motivos alleos a Organización.
ARTIGO 7: ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba, dende as 09.00h ata 1h
hora antes da saída da carreira absoluta e 1/2h antes para as carreiras menores, no
punto de información do Club Fluvial de Begonte.
Os dorsais son persoais e intransferibles e deberán levarse durante toda a proba
visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poderse facer ningunha modificación
no mesmo, nin dobreces que impidan unha correcta identificación.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola Organización
excepto para os/as propietarios/as de chip amarelo championchip, que poderán utilizar o
seu. A andaina e a categoría Mini levarán a cabo a súa proba sen utilización de chip.
O chip irá correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á altura do
nocello.
Ao finalizar a carreira os/as corredores/as deberán OBRIGATORIAMENTE devolver o
chip facilitado pola Organización no punto de información onde recolleron o dorsal.
Non serán admitidos/as pola Organización corredores/as que non estean inscritos ou
corran sen dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a outra carreira. Impedirase
que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
ARTIGO 8: SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips de Multisports Galicia, S.L.
Existirán varios puntos de control ó longo do percorrido. Os/As participantes que non
cumpran co paso por tódolos puntos de control descualificaranse, o que suporá a non
aparición nas listas de resultados oficiais finais.
ARTIGO 9. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS.
Carreira Absoluta
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º MEDALLA +
AGASALLO
MEDALLA +
AGASALLO
2º MEDALLA +
AGASALLO
MEDALLA +
AGASALLO
3º MEDALLA +
AGASALLO
MEDALLA +
AGASALLO
Categorías B, C , Senior, Veteráns A, B e C.
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º MEDALLA MEDALLA
2º MEDALLA MEDALLA
3º MEDALLA MEDALLA
Por equipos
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo + 150€ Trofeo + 150€
2º Trofeo + 100€ Trofeo + 100€
3º Trofeo + 75€ Trofeo + 75€
4º Trofeo + 50€ Trofeo + 50€
Trofeo ao primeiro atleta local masculino e feminino empadroado.
Trofeo para o equipo que teña o maior número de atletas inscritos/as. (Non
contarán os/as anotados/as na andaina).
Medalla para tódolos corredores da Categoría Mini. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
Medalla para tódolos corredores/as da Categoría A, así como MEDALLA ESPECIAL
DA CARREIRA para os tres primeiros/as clasificados/as, tanto masculino como
feminino.
Os premios e trofeos NON son acumulativos, excepto no caso do/a gañador/a do trofeo ó
primeiro/a atleta local.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Begonte a través dunha
transferencia bancaria. Os/As participantes que resulten gañadores/as da carreira
absoluta recollerán nese intre un vale do premio. Para poder realizar a transferencia do
premio ó/a gañador/a, deberá presentar copia do vale, copia do DNI e certificación do
número da conta bancaria nas oficinas do Concello ou remitir a documentación a través
da sede electrónica do Concello de Begonte http://begonte.sedelectronica.es/info.0,
(instancia xeral, tramitación electrónica), antes do 8 de xullo de 2026.
ARTIGO 10: ENTREGA DE PREMIOS
Os/As atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no
momento no que se faga o anuncio pola megafonía, así como estar pendentes da
chamada de cada unha das categorías. A hora aproximada da entrega dos premios será
entre a 13.15h -13.30h. Os/As gañadores/as deberán estar presentes na entrega de premios,
salvo causa xustificada.
Agradecemos ás persoas responsables dos clubs que, se teñen constancia de que algún
atleta non está presente, o comuniquen na zona habilitada para a entrega de premios o
antes posible e así evitar esperas innecesarias.
Aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola ausencia no momento da entrega,
debéranse poñer en contacto co Concello durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos e medallas non recollidas.
ARTIGO 11: DESCUALIFICACIÓNS
Os/As membros da Organización resérvanse a facultade de descualificar ao/á infractor/a
que, comprobada calquera irregularidade, non leve visible ou seu dorsal, manipule ou
ceda o seu dorsal a alguén, altere os datos facilitados á organización con respecto ós que
figuren non seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, manifeste
un mal estado físico ou non facilite á Organización a documentación que se lle requira.
Descualificáranse aos/ás corredores/as que non respecten as indicacións da Garda Civil,
Protección Civil, Servizos Médicos ou membros da Organización debidamente
identificados/as.
Os/As corredores/as descualificados/as non terán opción aos premios.
Os/As membros da Organización tamén se reservan o dereito de admitir a inscrición de
todas aquelas persoas que non cumpran cos valores do deporte ou que teñan calquera
tipo de causa ou sanción aberta por motivos de dopaxe, racismo, xenofobia, etc.
ARTIGO 12: RESPONSABILIDADE
Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de RC e de accidentes, que
cubrirá aqueles accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba.
Tódolos inscritos/as participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lles permite estar en condicións físicas
óptimas para realizar a proba, eximindo á Organización de dita responsabilidade.
A Organización:
- responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero
declina toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por
abandono do itinerario establecido, neglixencia do participante, imprudencia ou
inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición.
- disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración
da Garda Civil e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do percorrido.
- non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os participantes desta proba.
- non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e /ou errónea por parte do/a corredor/a ou en quen este delegue.
- non se fai responsable da perda de obxecto ou documentación dos/as
participantes.
ARTIGO 13: RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com.
ARTIGO 14: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas e vestiarios masculinos e femininos: unha vez rematada a proba estarán
a disposición dos/as corredores/as vestiarios con duchas femininas no Pavillón
Municipal de Begonte
- Gardarroupa: Os/as participantes poderán dispor de servicio de gardarroupa no
punto de información do Club Fluvial.
- Aparcadoiros: os atletas contarán con zonas de aparcadoiro detrás do Pavillón
Municipal de Begonte, na Praza do Concello, e no Club Fluvial de Begonte. Neste
último, permitirase a entrada ata ás 9.30h, e non se permitirá a saída ata finalizada
a entrega dos premios.
- Ludoteca e inchable: Disporase de ludoteca gratuíta para os/as nenos/as atletas e
os/as fillos/as dos participantes mentres se disputan as carreiras.
- Servizo de ambulancia con médico.

[ Go Back ]