Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Baña
03/05/2026
11:00 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
II CARREIRA POPULAR CONCELLO DA BAÑA
DATA: 3 de maio de 2026
LUGAR: Praza do Concello , San Vicente, A Baña
1. O Concello da Baña organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo a
segunda edición da Carreira Popular Concello da Baña, o domingo 3 de maio.
2. As probas realizaranse o domingo, 3 de maio, na localidade de San Vicente,A Baña.
A saída e chegada de cada proba farase na praza do Concello (inmediacións da Casa do
Concello)
3. Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen
licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
4. As inscricións da carreira en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www. carreirasgalegas.com. O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o
mércores 29 de abril ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICIÓN
Categorías escolares (de biberón a sub- 18): GRATUÍTA
Proba absoluta (senior e master ): 7 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido, nin o día da carreira.
5. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza
do Concello, San Vicente) o día anterior á carreira (sábado, 2 de maio) en horario de
17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba
correspondente.
6. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip estará
integrado co dorsal de competición. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu
dorsal, será automaticamente descualificado/a.
7. TROFEOS
Recibirán un trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
establecida no presente regulamento e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da
proba absoluta de 5k e 10k .
Na proba absoluta de 5k e 10k recibirán un trofeo os/as tres primeiros/as
clasificados/as locais empadroados/as no Concello de A Baña.
Tamén recibirán un trofeo os 3 primeiros clubs da carreira absoluta. Os premios non
serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos (agás os
premios aos/ás atletas locais). 10 K
A clasificación de clubs establecerase a través 3 das primeiras persoas clasificadas do
mesmo, sexan homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar
compostos polo menos por 4 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a
licenza federativa en vigor. Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación
de inscritos co seu nome e apelidos e o seu número de licenza ao enderezo electrónico
santiago@atletismo.gal antes do peche de inscricións. A entrega de trofeos farase ao
remate de todas as probas diante da Casa do Concello. Non haberá premios nin trofeos
para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo. Nestas categorías
entregaráselle un agasallo a cada participante.
Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
10. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de
todos os e as participantes. As reclamacións dos resultados oficiais formularánselle ao
xuíz árbitro da competición sen sobrepasar os 30 minutos despois da publicación dos
resultados.
11. Os horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
12. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo de San
Vicente e no campo de fútbol Antonio Martínez
13. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA en vigor.
Establécense as seguintes categorías e horarios, segundo o ano de nacemento:
CATEGORÍA ANO DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
PROBAS ESCOLARES
BIBERÓN 2022 E
POSTERIORES
100 m aprox 13:10 h.
PREBENXAMIN 2019 - 2021 200 m aprox. 13:05 h.
SUB 10 2017 -2018 800 m aprox. 12:55 h.
SUB 12 2015 - 2016
1200 m
aprox
12:40 h.
SUB 14 2013 - 2014
1200 m
aprox
12: 30 h
SUB 16 2011 - 2012
2400 m
aprox
12:10 h
PROBA 5 KM
SUB 18 2009 - 2010 5k 10.00 h 5 km
SUB 20 - 23 2008 -2004 5k 10:00 h. 5 km
SENIOR 2003 - 1986 5k 10:00 h. 5 km
MASTER 1985 - e
anteriores
5k 10:00 h 5 km
PROBA 10 KM
SUB 20 2007-2008 10k 11:00 h 10 km
SUB 23 2004-2005-2006 10k 11:00 h 10 km
SENIOR 2003 - 1992
10k 11:00 h 10 km
MASTER 1 1986-1991
10k 11:00 h 10 km
MASTER 2 1976-1985 10k 11:00 h 10 km
MASTER 3 1966-1975 10k 11:00 h 10 km
MASTER 4 e
seguintes
1965 e
anteriores
10k 11:00 h 10 km
PERCORRIDOS
5 km
10 km
Proba de 2400 m. ( 2 voltas )
Proba de 1200 m. Proba de 800 m.
Proba de 200 m. Proba de 100 m.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
[
Go Back
]