Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Santiago - C. das letras
17/05/2026
10:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
XII CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
A empresa XURDIR coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a
través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Cultura, organiza o
domingo 17 de maio de 2026 a XII Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que
partirá dende o Pico Sacro, seguindo o Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura. A
maiores desta proba de 15 km, farase unha carreira de 5 km no entorno da Cidade da
Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.
Tamén contaremos con carreiras para as distintas categorías infantís e xuvenís de
sub6 a sub16).
Esta Carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das
Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, réxese polo seguinte
REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A XII Carreira Camiño das Letras terá lugar o domingo 17 de maio de 2026 e constará
de dúas probas absolutas (15 e 5 km) na que poderán participar atletas federados e non
federados que correrán (estes últimos) coa licenza de día da Federación Galega de
Atletismo.
PROBA ABSOLUTA DE 15 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a sub18) sairá ás 10.00 horas dende as
proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 km ao longo da Ruta da Prata
ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista
pola organización para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán seguir a
proba serán os designados pola organización.
A carreira de 15 km pecharase ás 12:00 horas
PROBA ABSOLUTA DE 5 KM
A saída desta proba (categoría absoluta a senior) será as 10:05 da Cidade da Cultura
con percorrido polo Gaiás e o Bosque de Galicia seguindo un circuíto de 5 km.
A Carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
PROBAS DE MENORES
As probas das categorías “escolares” (de sub 6 a sub 16) realizaranse a partir das
12:00 horas por un circuíto na Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos
de tempo:
12:00 h Sub 14 – Sub 16 H/M 2,5 km aprox.
12:20 h Sub 10 – Sub 12 H/M 1,5 km aprox.
12:35 h Sub 8 H/M 500 m aprox.
12:45h Sub 6 H/M 300 m aprox.
Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización e do xuíz árbitro
da proba, en función do número de participantes de cada categoría. As categorías sub 6
e sub 8 non son categorías federadas.
2. Categorías de Competición por PROBA:
Proba 15 KM e 5 KM
SUB 18 M/F Nados/as entre 2009 e 2010
SENIOR M/F Nados desde 2008 ata categoría Master
MÁSTER 1 M/F De 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
MÁSTER 2 M/F De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
MÁSTER 3 M/F De 50 anos e superiores
ABSOLUTA M/F Calquera das categorías anteriores
PROBAS DE MENORES:
SUB 6 M/F Nados/as no ano 2021 e posteriores
SUB 8 M/F Nados/as nos anos 2019 e 2020
SUB 10 M/F Nados/as nos anos 2017 e 2018
SUB 12 M/F Nados/as nos anos 2015 e 2016
SUB 14 M/F Nados/as nos anos 2013 e 2014
SUB 16 M/F Nados/as nos anos 2011 e 2012
3. INSCRICIÓNS:
Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com :
As inscricións estarán abertas ata o xoves 14 de maio ás 23.59 horas. Non se
admitirán inscricións fóra do prazo establecido.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
PROBA CATEGORIAS PREZO
Proba menores De sub 6 a sub 16 Do 31/03 ao 14/05: Gratuíta
Proba absoluta
15 km aprox.
De Senior a Absoluta Do 31/03 ao 14/05: 13 €
Proba de 5 km
aprox.
De Senior a Absoluta
Sub 18
Do 31/03 ao 14/05: 6 €
Do 31/03 ao 14/05: 3 €
4. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase na sede de Xurdir ubicada no Outeiro do Castiñeiriño
73, Baixo A, nos seguintes días e horarios:
Sábado 16 de maio de 9:00 a 20:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na Secretaría da competición
situada na Cidade da Cultura o propio 17 maio
-Para a carreira de 15 quilómetros entregarase entre as 8.00 e as 9.00 horas
- Para a carreira de 5 quilómetros de 8:30 a 9:30 .
- Os dorsais das categorías escolares poderanse recoller ao longo da mañá antes da
hora de cada unha das probas.
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal.
Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de
forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O
incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descalificación.
5. Premios e agasallos
Todos os participantes que se inscriban nas probas recibirán xunto a entrega do
dorsal e como agasallo da organización, un libro e máis o diploma Camiño das
Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos
Camiños de Santiago.
A entrega de premios aos gañadores/as na zona de meta da Cidade da Cultura a
partir das 13:00 horas aprox. Os premios non serán acumulativos.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 15 km recibirán un trofeo
deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 5 km recibirán un trofeo deseñado
especialmente e un lote de libros
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría establecida neste
regulamento recibirán un lote de libros.
- O colexio do que máis atletas rematen as probas recibirán un trofeo e un lote de
libros.
Premios a Clubs:
Daranse premios económicos a clubs federados. A clasificación por club será
establecida a través dos oito primeiros/as corredores/as da carreira de 15 km en
cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos
puntos acade.
En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu décimo compoñente.
Na confección do club non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubs nin filiais
do mesmo. Imprescindible que na inscripción individual figure de xeito correcto o nome
do club e a súa licenza como atleta federado.
1º Club: trofeo , premio económico de 200 euros e lote de libros
2º Club: trofeo , premio económico de 150 euros e lote de libros
3º Club: trofeo, premio económico de 100 euros e lote de libros
6. Avituallamentos
Estableceranse 2 puntos de avituallamento nos quilómetros 7 e 12 aprox. da proba de
15 km, onde se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a
hidratación dos participantes de ambas probas (5 e 15 km) coa entrega de auga e froita.
7. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia. Deoutra
banda, disporase de servicio de masaxistas para aqueles sofran algún percance muscular.
SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE
15 K M
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA
FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:45 HORAS EN DIRECCIÓN Á
ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS.
8. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os
resultados oficiais.
[
Go Back
]