Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Moeche
31/05/2026
11:45 - 12:45
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DA XI CARREIRA POPULAR DE MOECHE
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Moeche organiza a XI Carreira Popular de Moeche. A proba terá
lugar o domingo 31 de maio de 2026 dende as 11:00 horas, con saída e chegada
nas inmediacións do Recinto Feiral situado no núcleo urbano de San Ramón e
discorrerá polas vías do Concello de Moeche.
A proba está incluída no “XII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” e no
calendario oficial das competicións da FGA
Para levar a cabo esta carreira cóntase coa colaboración da Deputación da
Coruña, Federación Galega de Atletismo, Protección Civil, Xeoparque Cabo Ortegal,
Lácteos Moeche, Supermercado A Tendiña Moeche, A Tenda de Iria, clínica de
fisioterapia Fisioche –Ben, Asociación de veciños Labacengos e Asociación de veciños
val de Moeche.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas nados/as dende o ano 2023,
federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade, que posúan unha
condición física mínima para poder completar o seu percorrido e acepten as
condicións de este regulamento.
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 3
3. CATEGORÍAS E ORDE DE SAÍDA:
4. INSCRICIÓNS:
A inscrición será gratuíta para os/as atletas das categorías menores (nados no
ano 2009 ou posteriores) e de 5 € para os/as atletas da categoría absoluta
(nados no ano 2008 ou anteriores) ; e poderá realizarse a través da páxina
web da www.carreirasgalegas.com da Federación galega de Atletismo.
CARREIRA CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA SAIDA
1 Pitufos M/F 2021-2022-2023 75 m 11:00
2
Sub 8 M/F 2019 - 2020 200 m 11:05
3 Sub 10 M/F 2017-2018 500 m 11:10
4 Sub 12 M/F 2015-2016
1000 m
11:20
Sub 14 M/F 2013-2014
5
Sub 16 M/F 2011-2012 2000 m 11:30
Sub 18 M/F 2009 - 2010
6 Absoluta M/F 2007 e
anteriores
Sub 20 M/F:
2007-2008
6500 m 11:45
Sub 23 M/F
2004-2005-
2006
Senior M/F
2003 - 1992
Máster 1 M/F
1991 - 1986
Máster 2 M/F:
1985-1976
Máster 3 M/F
1975 - 1966
Máster 4 M/F:
1965 e
anteriores
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 4
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no teléfono 666488801
ou por correo electrónico: daniel.feijoo@moeche.gal.
O prazo de inscrición rematará o mércores 27 de maio ás 23:59 h.
Límite de prazas: 500 ( 250 adultos / 250 menores, se non se cubre unha
categoría, podería ampliarse a outra )
Non se admitirán inscricións fóra do prazo.
Non se fará devolución da inscrición, agás por motivos debidamente
xustificados.
A inscrición da proba é persoal e intransferible.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
regulamento da proba.
A realización da inscrición inclúe un agasallo conmemorativo da proba.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Ao longo do percorrido a organización establecerá controis para regular a
axeitada participación dos e das atletas.
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as
persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas. A/o
participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para
realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade. A
organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que
cubrirá os incidentes inherentes á proba.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de
comunicación, cartelería e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte
expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley
de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(nave do Mercado), ata 15 minutos antes antes da saída de cada proba.
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 5
6. GARDARROUPA:
A organización habilitará un servizo de gardarroupa, pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado na nave do mercado.
7. SPEAKER:
A proba estará amenizada por un speaker, que dará ánimos a todas/os as/os
participantes.
8. SERVIZO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores servizo de duchas.
(Pavillón Municipal de Deportes). A 500 metros da saída.
https://goo.gl/maps/j6x8Eqzx5GLyjubP8
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO
CASA DO CONCELLO
NAVE DO MERCADO
(saída-meta)
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 6
9. PERCORRIDOS:
A saída e meta situaranse diante da nave do Mercado do recinto feiral e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo arredor de toda a
localidade.
É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no peito,
debendo chegar á meta con el.
En todas as carreiras haberá ciclistas abrindo e pechando o grupo de atletas.
Na carreira de adultos, en caso de haber dobrados, estes deberán facilitar o
paso dos/as atletas máis rápidos/as botándose cara a esquerda do trazado.
Nos tramos de dobre sentido de carreira, os/as corredores/as deberán ir pola
esquerda da calzada para non entorpecer o paso dos/as demais
corredores/as.
O percorrido da categoría absoluta é maioritariamente sobre asfalto, con
pequenos tramos de herba e terra.
As distancias sinaladas son aproximadas.
A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require; e na distribución das saídas dependendo
da cantidade de inscritos.
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 7
75m
SAÍDA
CATEGORÍA PITUFOS ( 2021 - 2022 – 2023 )
META
PLANOS DOS PERCORRIDOS
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 8
200m
SAÍDA-CHEGADA
CATEGORÍA SUB 8 (2019 - 2020)
BENXAMÍN (2007-2006)
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 9
CATEGORÍA SUB 10 (2017 - 2018)
BENXAMÍN (2007-2006)
500m
SAÍDA-CHEGADA
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 10
CATEGORÍAS SUB 12 (2015-2016)-SUB 14 (2013-2014)
1000m
SAÍDA-CHEGADA
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 11
CATEGORÍAS SUB 16 (2011 – 2012) – SUB 18 (2009 - 2010)
(2 VOLTAS DE 1000 METROS)
SAÍDA-CHEGADA
2000m
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 12
CATEGORÍA ABSOLUTA 6500 METROS
(DÚAS VOLTAS)
1ª VOLTA: 3000 M
2ª VOLTA: 3500 M
Inicio 2ª volta
Meta
SAÍDA
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 13
10. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ao final da proba por cortesía de
SUPERMERCADO A TENDIÑA MOECHE , A TENDIÑA DE IRIA. En caso de que a
temperatura sexa excepcionalmente alta para a época do ano, habilitarase un
avituallamento líquido no punto intermedio da carreira absoluta.
11. VEHÍCULOS:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ao longo do percorrido. Queda totalmente
prohibido seguir aos corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera
supoñer para os atletas, así como a participación de animais.
12. APARCADOIROS:
No núcleo urbano de San Ramón hai suficientes prazas de aparcadoiro sempre que
non entorpeza o circuíto das carreiras. Recoméndase estacionar nas inmediacións do
Pavillón polideportivo ou da casa do Concello
13. PREMIOS :
A organización premiará aos tres primeiros/ras clasificados/as de cada
categoría Masculina e Feminina a partir da categoría Sub 8 . Os/as
primeiros/as clasificados/as de cada categoría masculina e feminina tamén
levarán como agasallo un queixo doado por LÁCTEOS MOECHE.
Os/as corredores da categoría Pitufos recibirán todos/as unha medalla, xa que
estas non son probas competitivas.
Trofeo para o mellor Modestino e mellor Modestina (empadroados no Concello
de Moeche) en categoría absoluta.
A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría
absoluta (ás 13:00 horas aprox.) Os premios non son acumulativos, a
excepción dos trofeos a mellor modestino/a.
O corredor e a corredora de máis idade recibirán un vale por por dúas sesións
de fisioterapia doado pola clínica FISIOCHE-BEN.
Regulamento XI Carreira Popular de Moeche 2026
Concello de Moeche 14
14. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil durante o transcurso do evento.
Esta carreira disporá de ambulancia medicalizada para atender posibles
incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente
regulamento i en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas
participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
15. DESCUALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por xuíces da federación galega de Atletismo e por
persoal voluntario; e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que
incumpra o regulamento ou mostre unha actitude antideportiva e irrespectuosa contra
participantes, organización, espectadores e medio ambiente.
[
Go Back
]