Calendario
Ver carrera

Carnota Trail

31/05/2026 9:30 - 14:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO DA XI TRAIL VIkinGO
CONCELLO DE CARNOTA
DATOS XERAIS
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro,
organizan o domingo 31 de maio a XI Trail Viquinga do Concello de
Carnota.
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen, tanto
nenos/as como adultos/as.
*Nota: A organización poderá modificar horarios, percorridos ou suspender
a proba por motivos climatolóxicos ou de seguridade.
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA DESNIVEL HORARIOS
Chupete Mixta
2023 e
posteriores
50 m
(aprox.) 10:45 h
Pitufo Mixta 2019 – 2022
200 m
(aprox.) 10:45 h
Cativos I Masculina
2015 – 2018
1.000 m
(aprox.) 10:30 h
Feminina
Cativos II Masculina
2011 – 2014
3.000 m
(aprox.) 10:05 h Feminina
Trail dos
Medelas
Masculina
A partir do 2010 13.000 m
(aprox.) 600+ 10:00 h
Feminina
Trail das
Laxiñas
Masculina
A partir do 2010 27.000 m
(aprox.) 1450+ 09:30 h Feminina
Trail dos
Medelas
M50
Masculina
1976 e
anteriores
13.000 m
(aprox.) 600+ 10:00 h
Feminina
Trail das
Laxiñas
M50
Masculina
1976 e
anteriores
27.000 m
(aprox.) 1450+ 09:30 h Feminina
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. A saída estará situada no Pavillón Municipal de Lamas de Castelo.
Ubicación: https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9
3. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do
espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de
carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais da vía.
4. Será descalificado quen non complete o percorrido, teña comportamento
antideportivo ou non respecte as indicacións da organización.
5. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.
Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
6. Cada participante debe garantir un estado físico axeitado para afrontar
a proba. Toda aquela persoa participante que teña problemas médicos
deberá indicalo no reverso do dorsal.
7. A Organización porá á disposición das persoas participantes un servizo
de ambulancia para os/as atletas que presenten algún síntoma ou
lesión durante a proba.
8. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
9. Ofrécese un servizo de gardarroupa no Pavillón de Lamas de Castelo.
10. O pavillón contará con aseos e duchas dispoñibles para quen queira
asearse despois da carreira.
11. As inscricións estarán limitadas a 400 participantes para as persoas
participantes en ambos trails (Medelas e Laxiñas) e a 200
participantes para as categorías base.
12. No Trail das Laxiñas establécese un punto de corte de 4 horas no
km 20 do percorrido. As persoas participantes que non cheguen
dentro deste tempo deberán abandonar a proba seguindo as indicacións
da organización.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
13. Existirá dous postos de avituallamento intermedio, para o Trail das
Laxiñas e un posto de avituallamento intermedio para o Trail dos
Medelas, no que se habilitarán papeleiras para tirar os residuos.
14. Pode participar calquera deportista federado ou non. As persoas
inscritas contarán con seguro de accidentes e RC.
15. Só poderán seguir a proba os vehículos autorizados.
16. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
17. Os/as participantes acompañados de animais non contará na
clasificación xeral para a obtención premios.
18. Protección de datos e dereitos de imaxe Protección de datos
(RGPD): en cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de
Datos, os datos persoais facilitados serán tratados polo Concello de
Carnota coa finalidade exclusiva de xestionar a organización e a
seguridade do evento, sen seren cedidos a terceiros sen o
consentimento previo das persoas interesadas.
19. Dereitos de imaxe: a inscrición na proba implica a autorización á
organización para a captación de imaxes (fotografías e vídeos) durante
o desenvolvemento do evento, así como para a súa posterior difusión
en medios de comunicación e redes sociais municipais, coa finalidade de
promover a proba e o deporte no concello.
20. A participación implica a aceptación deste regulamento e as súas
posibles modificacións.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
INSCRICIÓNS
1. A inscrición realizarase en www.cronotec.es.
2. Termos e prezos:
o Prazo ata o 27 de maio ás 23:59 h ou ata cubrir prazas.
o Menores: requiren autorización paterna/materna (modelo
dispoñible en cronotec.es e carnota.gal).
o Prezo inscrición maiores de 18 anos: 10 €.
o Menores: gratuíta.
o Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin devolucións.
o Opción de comida post carreira:
▪ Participantes: 10 €
▪ Acompañantes: 15 €
▪ Menú: ensaladilla, callos, carne ao caldeiro, bebida, café e
postre.
3. A entrega de dorsais será dende as 08:00 h no pavillón de Lamas e
Castelo, ata 15 minutos antes da saída.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Premios:
• Trofeo/medalla aos 3 primeiros/as corredores absolutos do Trail
dos Medelas e dos Trail das Laxiñas.
• Trofeo/medalla aos 3 primeiros/as corredores maiores de 50 anos
do Trail dos Medelas e dos Trail das Laxiñas.
• Trofeo/medalla ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou
nado/a en Carnota.
• Medalla para todas as categorías base:
o Chupetes e Pitufos: medalla para todos/as.
o Cativos I e II: medalla para todos/as e podio para os/as 3
primeiros/as clasificados/as.
• Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes.
• Os trofeos non son acumulativos.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
UBICACIÓN E PERCORRIDOS
UBICACIÓN
https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9
SÉNIOR E M50
O percorrido e o track do Trail das Laxiñas e do Trail das Medelas poderase
consultar na páxina web de www.carnota.gal ou en www.cronotec.es

[ Go Back ]