Calendario
Ver carrera

Ordes

24/05/2026 11:00 - 12:20

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola
clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY * 2022 e posteriores 300 metros
PREBENXAMÍN * 2019-2020-2021 300 metros
SUB 10 2017-2018 1.200 metros
SUB 12 2015-2016 1.200 metros
SUB 14 2013-2014 2.400 metros
SUB 16 2011-2012 2.400 metros
SUB 18 2009-2010 8.500 metros
SUB 20 Nados/as en 2007-2008 8.500 metros
SUB 23 Nados/as en 2004-2005-2006 8.500 metros
SENIOR Nados/as en 2003 ata 1992 8.500 metros
MASTER 1 Nados/as en 1986 ata 1991 8.500 metros
MASTER 2 Nados/as en 1976 ata 1985 8.500 metros
MASTER 3 Nados/as en 1966 ata 1975 8.500 metros
MASTER 4 Nados/as antes de 1965 8.500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
Para o control da carreira (excepto categorías baby e prebenxamin) todos os
participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu
dorsal e que irá colocado na parte de atrás do dorsal.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de saída 5 minutos
antes do inicio de cada proba, situada na Alameda de Ordes (ao carón da
Casa Consistorial).
HORA CATEGORÍA
10:00 h Baby e Prebenxamín
(300 metros)
10:10 h Sub 14 e Sub 16
(2400 metros)
10:40 h Sub 10 e Sub 12
(1200 metros)
11:00 h Sub 18, Sub 20, Sub 23, Senior e Máster
(8500 metros)
4. INSCRICIONS:
- Categorías de Baby a Sub 18: faranse cumprimentando os campos
indicados a través do formulario de inscrición presente na web
www.carreirasgalegas.com.
- Categorías Sub 20-Sub 23, Senior e Master, poderán facelo visitando a
páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos
que deberán efectuar para formalizar a inscrición.
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- DE SUB 18 A MÁSTER: 5,00 €
Para máis información, poderán utilizar o teléfono do Departamento de
Deportes do Concello de Ordes: 981 680002 (ext. 5).
O prazo de inscrición rematará o mércores 20 de maio de 2026 ás 23:59
horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN
situada a carón da Casa do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da
proba correspondente.
5. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS:
A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase acordo co disposto no artigo 17 da normativa RFEA. Máis
información de esta norma no seguinte ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2020/05 reglamento_comp.pdf
6. PERCORRIDO
Ao longo do percorrido, a organización situará controis nos cales se poderá
descualificar a calquera atleta que incumpra a normativa da competición
(saírse do percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros
atletas…).
O percorrido da proba de 8.500 metros estará sinalado cada quilómetro.
Todo atleta que chegue a liña de meta sen o seu dorsal colocado
correctamente na zona do peito, en toda a súa extensión será
automaticamente descualificado.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría sub 10
(en mulleres e homes), distribuídos como segue:
- SUB 10
- SUB 12
- SUB 14
- SUB 16
- SUB 18
- ABSOLUTA (SUB 20 - SUB 23 – SENIOR)
- MASTER 1 e 2
- MASTER 3 e 4
Tamén se outorgará trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán
estar censados) da clasificación xeral formada polas categorías SUB 20, SUB
23, SENIOR e MASTER, ó participante máis novo e o máis veterano que logre
concluír a proba da súa categoría.
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
PREMIOS INDIVIDUAIS
Tres primeiros clasificados da clasificación xeral formada polas categorías
SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 120 € (Iguais para
mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 75 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
Computarán os corredores das categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e
MASTER
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 150 €
3º Equipo Clasificado: 100 €
*A clasificación por clubs federados será establecida a través dos 4
primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Os clubs federados, para
optar aos premios en metálico, estarán formados por aqueles que na
inscrición individual indiquen ao club que pertencen e o número de licencia.
A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou feminina, pero
todos puntuarán nunha soa clasificación.
Haberá servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de
tódolos atletas ao finalizar as probas. (Ubicación:
https://acortar.link/W0B4kx)
Tódolos atletas que logren concluír a proba recibirán avituallamento e unha
camiseta conmemorativa do evento.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó
Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos mesmos.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.

[ Go Back ]