Calendario
Ver carrera

Carballo

07/06/2026 10:00 - 11:00

[ Go Back ]

Descripción Regulamento 10K CARBALLO 2026. XIV Carreira Popular 10Km Concello de Carballo
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo
organiza o “10K CARBALLO 2026. XIV Carreira Popular Concello de Carballo”,
proba autonómica oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante)
con distancia homologada, baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA con
probas puntuables para o XII Circuito de Carreiras Deputación da Coruña.
Artigo 2: Participantes e Categorías .
2.-A) No “10K CARBALLO 2026. XIV Carreira Popular Concello de Carballo”, pode
participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, ate un
máximo de 1000 nas probas 10K e 5K de categorías absolutas (Sub20, Sénior e
Máster), 750 para as categorías menores e 750 para pitufos e biberóns, ou un
máximo de 2500 no cómputo global do evento, e considerando as limitacións
impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a
participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
2.-B) A Federación Galega de Atletismo comprobará e validará a inscrición a través
da plataforma de inscrición aloxada na web www.carreirasgalegas.com e o dereito
de participación queda supeditado ó establecido no Regulamento de Competicións
da Real Federación Española de Atletismo, de xeito que aqueles atletas extranxeiros
ou de outras federacións autonómicas distintas á Galega de categorías Máster,
Senior, Sub-23 e Sub-20 poderán ser descalificados se proporcionan datos
incorrectos ou incompletos para a súa inscrición.
2.-C) As datas de nacemento para cada categoría e proba son as seguintes:
Categoría Datas de Nacemento
Sub 20 Nados/as en 2007, 2008
Sub 23 Nados/as en 2004, 2005, 2006
Senior Nados/as en 1992 ate 2003
Máster 1 Nados/as en 1991 ate 1986
Máster 2 Nados/as en 1985 ate 1976
Máster 3 Nados/as en 1975 ate 1966
Máster 4 Nados no ano 1965 e anteriores.
Deportistas con
discapacidade
Ver apartado específico. Poderán participar en cadeira de rodas todas aquelas
persoas que cumpran os requisitos esixidos neste regulamento, con
discapacidade física que xustifique a súa participación en dita modalidade, e
de existir participantes menores con discapacidade, a organización tratará de
integralos na proba que mellor se adapte ás súas características.
Sub 18 2009,2010
Sub 16 2011,2012
Sub 14 2013,2014
Sub 12 2015,2016
Sub 10 2017-2018
Pitufo 2019 2019 (Poderán correr acompañados de un titor)
Pitufo 2020 2020 (Poderán correr acompañados de un titor)
Categoría Datas de Nacemento
Pitufo 2021 2021 (Poderán correr acompañados de un titor)
Pitufo 2022 2022 (Poderán correr acompañados de un titor)
Biberón 2023 2023 (Poderán correr acompañados de un titor)
2.- D) Deportistas con discapacidade.
• Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engranaxes que
axuden á impulsión destas.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual.
C) Persoa con discapacidade intelectual.
• No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á
organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con
discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
• Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha
copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, de forma que
quede acreditado o envío, aos correos electrónicos mbardanca@carballo.gal
• As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán
constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores
condicións posibles.
• Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas con discapacidade
visual.
• O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual de
atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de
Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os guías
das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
• A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip,
será de balde, para o que deberán contactar coa organización a través do
correo electrónico mbardanca@carballo.gal.
• Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario
inscribirse nesa categoría.
• Os atletas deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do
inicio da proba para pasar o control de material, realizado pola organización.
No control de material revisarase os seguintes elementos, que deberán estar
homologados e funcionar correctamente: Casco, elementos de visibilidade,
chasis, rodas, sistema de frenado e sistema de dirección.
2.- E) Xeneralidades
Cada participante acude á proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu
adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos
oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera
incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou
neglixente durante a participación.
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos
naturais, sen axudas materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras en
cadeira de rodas debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics.
Calquera dúbida respecto diso deberá ser consultada coa organización
antes de facer a inscrición.
Exceptuando o definido para atletas con discapacidade, está prohibida a utilización
de calquera vehículo ou material de desprazamento (patíns, carriños, etc.) excepto
aqueles que previa solicitude autorice a organización expresamente.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún
vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na
proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas
participantes. Exceptúase ós proxenitores, titores, adestradores, etc. de menores
con minusvalías ou que sexan autorizados expresamente pola organización así
como os guías para deportistas con discapacidade visual.
Ao mesmo tempo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos,
nin correr acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está
permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
Artigo 3: Datos de carácter personal.
O Concello de Carballo é o responsable do tratamento dos datos dos participantes coa
finalidade de xestionar a súa inscrición e participación na actividade e para a eventual
xestión de imaxes para a promoción da mesma en web e redes sociais do propio Concello
de Caballo. A base lexitimadora é o consentimento do interesado (artigo 6.1.a de o
RGPD) e o exercicio de poderes públicos conferidos ao Responsable (artigo 6.1,e do
RGPD). Serán destinatarios dos datos as entidades encargadas do tratamento como a
Federación Galega de Atletismo que realizará a xestión das inscricións e cando sexa
necesario para a xestión da súa solicitude. Os datos conservaranse polo tempo necesario
para cumprir cas obrigas do responsable. As persoas interesadas poderán solicitar o
acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos, a
través da súa sede electrónica en sede electrónica; CONTACTO DELEGADO DE
PROTECCIÓN DE DATOS E INFORMACIÓN ADICIONAL:
dpd@carballo.gal
Durante a proba deportiva poderán tomarse imaxes para difundirse na web do Concello
de Carballo e as súas redes sociais ou en publicacións propias do Concello de Caballo
para a promoción da proba deportiva. No formulario de inscrición poderá aceptala ou
rechazala.
Artigo 4: Carreiras que compoñen o evento. O evento "XIV Carreira Popular
Concello de Carballo" consta das seguintes carreiras:
A) 10K Carballo 2026. Proba oficial autonómica da FGA sobre distanza homologada
de 10.000 metros para categorías Sub20, Sub23, Sénior e Máster e valedeira para
o XII Circuito de Carreiras Deputación da Coruña).
Ojo morado 5K Carballo 2026.Proba oficial autonómica da FGA sobre distanza homologada
de 5.000 m. para categorías Sub20, Sub23, Sénior e Máster.
C) Carreiras de categorías Menores Sub 18, Sub 14, Sub 12, Sub 10, valedeiras
para o Circuito de Carreiras Deputación da Coruña.
D) Carreiras Pitufos e Biberón.
E) Carreira “100 m. máis pola diversidade”.
Artigo 5: Inscricións.
As inscricións son personais e intransferibles supoñendo a aceptación de todo o
desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os
preceptos legais.
Forma de Inscrición: Na web www.carreirasgalegas.com
Información:
www.carreirasgalegas,com
Oficiñas Carballo Deporte en Vila de Corcubión, SN (CP 15100 Carballo)
Tlf. 981702109.
Mail: carballodeporte@carballo.gal
Prazo de Inscricións. Admítense ate as 23:59 horas do día 3 de xuño de
2026, ou ata acadar as 1000 prazas nas categorías Sub 20, Sub 23, Senior e
Master. O número máximo de prazas para o conxunto das categorías Sub 18, Sub
16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 o máximo de prazas é de 750.
O número máximo de prazas para o conxunto de categorías Pitufos e biberón é de
750.
Forma de inscrición: A inscrición realízase na web www.carreirasgalegas.com ,
independentemente para cada proba incluída no evento.
Non se permite inscrición simultánea da mesma persoa na proba 10K e 5K.
Cuota de Inscrición:
As inscricións para a proba 10K e 5K, dirixidas ás categorías Sub 20, Sub 23,
Senior e Master é de 5,00 € (10K e 5K), que se ingresará a través da pasarela de
pago na páxina de inscrición. www.carreirasgalegas.com
Para o resto de categorías (Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Pitufos e
Biberón) a inscrición é gratuita).
A falsidade ou omisión nos datos proporcionados ca inscrición anularán a
clasificación e premios obtidos.
Artigo 6: Data, Probas, Categorías, Horarios de saída e Peche de control.
A data de celebración é o domingo día 7 de xuño de 2026.
Establécense as categorías masculina e feminina definidas na táboa para as
respectivas probas, subdivididas en masculina e feminina. En canto á categoría
adaptada poderán participar todas aquelas persoas que cumpran os requisitos
esixidos neste regulamento, con discapacidade física que xustifique a súa
participación en dita modalidade.
Celébranse as seguintes probas para as diferentes categorías nos seguintes
horarios e distanzas:
Hora de
Saída Proba/Distanza Categoría Datas de Nacemento Hora final Tempo
Máx.
10:00 h. 10K Carballo e
(10.000 m.
homologado)
Sub 20 2007, 2008
11:30h. 90 min.
Sub 23 2004, 2005, 2006
Senior 1992 ate 2003
Máster 1
1991 ate 1986
Máster 2
1985 ate 1976
Máster 3
1975 ate 1966
Máster 4 Nados no ano 1965 e
anteriores.
10:01 h. 10K/5K (só atletas
silla según Art.
3.D.A)
Competición
adaptada
Regulamento
11:30h. 90 min.
10:45 h.
5K (5.000 m.
homologado)
Sub 20 2007, 2008
111:30h. 45 min.
Sub 23 2004, 2005, 2006
Senior 1992 ate 2003
Máster 1 1991 ate 1986
Máster 2 1985 ate 1976
Máster 3 1975 ate 1966
Máster 4 Nados no ano 1965 e
anteriores.
11:40h. 3.000 m Sub 18, Sub 16 2009,2010, 2011, 2012 12:00h. 20 min.
12:05h. 2.000 m Sub 14, Sub 12 2013,2014, 2015, 2016 12:20h. 15 min.
12:25h. 950 m. Sub 10 2017, 2018 12:35h. 10 min.
12:35h. 100 m. 100 m. Máis pola diversidade- 12:35h.
12:40h. 150 m. Pitufo 2019 2019
12:40h. 125 m. Pitufo 2020 2020
12:40h. 100 m. Pitufo 2021 2021
12:40h. 80 m. Pitufo 2022 2022
12:40h. 50 m. Biberón 2023 2023
As probas Sub 18 e Sub 16; Sub 14 e Sub 12 poderán realizarse por separado se a organización o
considera axeitado ó número de inscritos.
O horario programado para categorías Pitufo e Biberón é o de inicio da primeira das probas.
Artigo 7: Saída para a proba 10K Carballo, Peche de Control e tempos de paso
máximos.
7.1.- Saída 10K. A saída darase ás 10:00 horas.
Os deportistas accederán á zona de saída e ubicaranse no caixón
correspondente en función do dorsal asignado. Deberán estar nos postos de
saída 10 minutos antes da hora prevista de saída (9:50 h.)
No caso de dispoñerse caixóns de saída os deportistas ubicaranse no caixón
correspondente en función do dorsal asignado.
De dispoñerse caixóns, o seu número e as marcas para a inclusión en cada un de eles
determinaranse á vista das marcas declaradas e distribución porcentual das mesmas
unha vez pechadas as inscricións.
7.2.- Tempos de paso máximos e peche de control 10K.
Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo
previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo
con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a
vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da
vía, debendo cumprir as normas e señais.
O peche de control será ás 11:30 horas ou ós 90 minutos dende a saída para
o 10K.
Establécense os seguntes tempos de corte, de xeito que cando un participante non os
cumpra entenderase que non se atopa en condicións de cumplir o tempo
máximo previsto para o peche de control, sendo superados polo vehículo con
bandeira verde, cos efectos definidos no primeiro párrafo de este artigo.
Proba KM1 KM2 KM3 KM4 KM5 KM6 KM7 KM8 KM9 KM10
10K 0:45:00 0:54:00 0:63:00 1:12:00 1:21:00 1:30:00
A organización poderá considerar en función do desenvolvemento xeral das carreiras
non aplicar os tempos de corte ate que non sexa estritamente necesario en orden ás
necesidades do tráfico rodado e da seguridade dos participantes.
Artigo 8: Saída para a proba 5K Carballo, Peche de Control e tempos de paso
máximos.
8.1.- Saída 5K. A saída darase ás 10:45 horas.
Os deportistas accederán á zona de saída e deberán estar nos postos de saída
15 minutos antes da hora prevista de saída (10:30 h.)
8.2.- Tempos de paso máximos e peche de control 5K.
Rexen as mesmas normas xerais que para o 10K.
O peche de control será aos 45 minutos dende a saída do 5K.
Establécese un ritmo máximo de 9 minutos o Km, cos seguintes tempos de corte:
Proba KM1 KM2 KM3 KM4 KM5
10K 0:09:00 0:18:00 0:27:00 0:36:00 0:45:00
Artigo 9: Recollida de Dorsais. Os dorsais e os chips recolleranse na zona
habilitada a tal efecto no primeiro andar do edificio do mercado municipal na rúa
Gran Vía (6876+7H Carballo) (43.213076, -8.688416) nas seguintes datas e
horarios:
O día da carreira dende as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada categoría.
En recollida anticipada o sábado 6 de xuño de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a
20:00 h.
Para a entrega é imprescindible a presentación de dni, licenza federativa ou
documento identificativo válido.
Un deportista poderá recoller varios dorsais a condición de acreditar a condición do
párrafo anterior para o respectivo deportista.
Artigo 10: Utilización dos Dorsais. O dorsal acreditativo é intransferible, e debe
corresponderse única e inexcusablemente co deportista para o que foi emitido pola
organización; deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente
visible na súa totalidade.
A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal
correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte
do Control Técnico ou da Organización.
O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter
en conta en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a
medicamentos, etc.)
Artigo 11: Cromometraxe. En tódalas categorías excepto Pitufos e Biberón o
cronometraxe realízase mediante chip, que cada atleta deberá levar colocado
correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co
mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e
cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión
inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.
Artigo 12: Control Técnico das carreiras. O control técnico das carreiras é
realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima
autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como
os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz
árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos resultados.
Artigo 13: Servizos Médicos. Os médicos da proba e o persoal auxiliar sanitario,
en coordinación co control técnico de carreira poderán descalificar a aquel
participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con
seguridade.
Artigo 14: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas
alleas á proba nos seguintes termos: dende trinta minutos previos, e durante a
celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o
vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir
a proba. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou
outros medios de desprazamento como patíns, etc.
As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras
reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no
circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial
poderá supoñer a descalificación na proba.
Artigo 14.1: Circuito 10 K para categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster.
Homologado con distanza de 10 KM, por ruas do núcleo urbano con de punto de
avituallamento a altura aproximada do KM 5.
Artigo 14.2: Circuito 5K para categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster.
Homologado con distanza de 5 KM, por ruas do núcleo urbano, con saída no PK 5
do circuito 10K e meta no Km 10 do circuito 10K.
Artigo 14.3: Circuito para categorías Sub 18 e Sub 16. Saída e meta na rúa Colón.
Percorrerán unha distanza aproximada de 3 KM completando 3 voltas ó seguinte
circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán,
Colón.
Artigo 14.4: Circuito para categorías Sub 14 e Sub 12. Saída . Saída e meta na
rúa Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 2 KM en 2 voltas ó seguinte
circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón.
Artigo 14.5: Circuito para categorías Sub 10. Saída na rúa Colón e meta na rúa
Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 950 metros en 1 volta ó seguinte
circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón.
Artigo 14.6: Circuitos Pitufos e Biberóns. Saídas e metas nas rúas Valle Inclán e
Colón.
Artigo 14.7: Así mesmo establecerase unha zona de quencementos que
comprende as seguintes rúas dende 20 minutos previos ó inicio da primeira proba,
considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou
espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Gran Vía
dende Desiderio Varela ate Doutor Fleming, Valle Inclán).
Artigo 15: Clasificacións.Establécense as seguintes clasificacións:
15.1.- 10K Carballo
• Clasificación Xeral Absoluta, masculina e feminina.
• Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
• Clasificación Carballeses.
• Clasificación Equipos: Deberán estar compostos por un mínimo de 5
participantes, non existindo límite máximo de compoñentes, clasificando só
os cinco mellores postos. Os equipos deben contar con participantes
femininas e masculinos en proporción libre. A clasificación obterase da suma
dos postos acadados, tendo en conta sempre a primeira clasificada feminina,
e logo consecutivamente os mellores clasificados por posto atendendo
independentemente á categoría feminina ou masculina (Así e como
exemplo: chegada a meta de 1º posto masc., 6º posto masc,2ª posto
feminina, 34º posto masculino, 8º posto feminino e 42º posto
masculino;computarían por esta orde 2 puntos feminino, 1 punto masculino,
6 puntos masculino, 8 puntos feminino e 34 puntos masculino. Será equipo
gañador o que sume menos puntos.
15.2.- 5K Carballo
Clasificación Xeral Absoluta, masculina e feminina.
Artigo 16: Premios e Trofeos.
16.1.-Entreganse trofeos ou medallas a 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino
absolutos no 10K e no 5K, e únicamente para o 10K ós 3 primeiros clasificados
masculino e feminino de cada unha das categorias existentes.
Entregraranse trofeos ou medallas a 1º, 2º, 3º clasificados xerais do 5K.
Entregarase trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os das categorías Sub 18,
Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
16.2.-Tamén se premiará con trofeo ós seguintes participantes:
1º carballés masculino 10k Trofeo e Material Deportivo.
1ª carballesa feminina 10k Trofeo e Material Deportivo.
Atleta feminina e masculino de maior idade.
1º Equipo clasificado.
16.3.-Establécense, a maiores, os seguintes premios en metálico:
Posto Premio Condición
Homes Mulleres
1ª clasificada/o 10K 300,00 € Realizar 35:00 e
menos
Realizar 40:00 e
menos 2ª clasificada/o 10K 200,00 €
3ª clasificada/o 10K 100,00 €
No caso de superarse os tempos sinalados, os premios quedarán reducidos nun 50%.
Récord da proba: 300,00 € (Récord masculino 30:28/Récord Feminino: 34:31)
Artigo 17: Horario de entrega de Trofeos.
Os deportistas deberán presentarse na meta para a entrega de trofeos nos
seguintes horarios:
Categorías Absolutas Sub 20, Sub 23, Senior e Máster: 12:40 horas.
Categorías Menores Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10: 12:45 horas.

[ Go Back ]