Calendario
Ver carrera

Moraña

19/07/2026 10:30

[ Go Back ]

Descripción XII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2026 MORAÑA

1.- O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña, o Club
Moraña en Ruta e coa Deputación de Pontevedra, organizan a XII Carreira Carneiro ó
Espeto 2026, que terá lugar o domingo 19 de xullo a partir das 10:30h, estando
situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

2.- A carreira está aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter
licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10
km. aproximadamente. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada
categoría. O circuíto discorre polas seguintes rúas: Rúa 5, Rúa 6, Rúa 2, Rúa 1, Rúa 6,
carreteira Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, (vuelta 2) Rúa
6, carreteira Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, Rúa 5.

4.- Ás 10:30h será a primeira carreira. A entrega de premios será a partir das 13:10h.
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 10 minutos. Ao cumprirse
este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán
nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva
responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e
seguridade viaria.

5.-Categorías (masculina e feminina):

Escolares
Chupetes: De 0 a 3 anos (poderán correr acompañados dun adulto). Non é competitiva.
Pitufos: Nacidos nos anos 2021-2022
Sub8: Nacidos nos anos 2019-2020
Sub10: Nacidos nos anos 2017-2018
Sub12: Nacidos nos anos 2015-2016
Sub14: Nacidos nos anos 2013-2014
Sub16: Nacidos nos anos 2011-2012

Absoluta:
Sub18: Nacidos nos anos 2009-2010 (só 5,4Km, 1 volta)
Sub23: de 18 a 22 anos cumpridos o día da proba.
Sénior: de 23 a 34 anos cumpridos o día da proba.
Master A: de 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
Master B: de 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
Master C: de 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
Master D: de 65 en diante.

Para que una categoría séa recoñecida debe ter o menos catro participantes na
mesma, en caso de ser inferior, se lle incluirá na categoría inferior o superior.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA

Sub18 / Absoluta 10:30h - 5,4Km / 10Km
Sub16 / Sub14 11:45h - 2,6Km (2 Voltas) (E)
Sub12 12:00h - 1,6Km (F)
Parellas 12:15h - 1,3Km (E)
Sub10 12:30h - 1,1Km (D)
Sub8 12:40h - 800m (C)
Pitufos 12:50h - 300m (B)
Chupetes 12:55h - 50m (A)

6.- Este ano seguimos apostando pola carreira de parellas. As parellas poderán ser
masculinas, femininas ou mixtas. Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán
que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán desclasificadas as parellas nas que os
seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada
participante.

7.- Premios:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da xeral,
excepto os chupetes, que levarán todos medalla, o non ser unha proba competitiva.
Na de 5Km levarán trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos, así coma
os tres primeiros clasificados/as da categoría Sub18.
Os premios non son acumulativos, excepto os dos corredores locais.
Haberá trofeos para a primeira parella masculina, feminina e mixta.
Haberá trofeo para o primeiro e primeira de Moraña da carreira absoluta 10 Km.
Haberá trofeo para o corredor ou corredora de máis idade.
Camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.
Como en anteriores edicións, faremos diversos sorteos de obsequios doados por distintas
casas colaboradoras entre todos os dorsais, que se levará a cabo unha vez rematado o
plazo de inscripción, e se publicará nas distintas redes sociais.
Como en anos anteriores teremos a carreira absoluta de 10Km e 5Km. Levarán premios
en metálico os tres primeiros/as absolutos da carreira de 10Km.
Os premios en metálico serán os seguintes:

Carreira 10 Km
CAT. ABSOLUTOS M/F
1º 200€ / 200€
2º 100€ / 100€
3º 50€ / 50€

Haberá un premio de 100 euros para o club con máis participantes que rematen a carreira
de 10Km. Mínimo 20 atletas.
Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que
establezan un novo record:

Masculino: David De La Fuente 30:05
Feminino: Edymar Brea 34:37

8.- Inscricións:
As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o
xoves 16 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo,
DNI e teléfono.

Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.

Inscrición absoluta, Sub 18 en diante (5Km e 10Km): 8 €
Prezo inscrición parellas: 8€ a parella
Categorías: Sub16, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8 e Pitufos: 1 € (levarán chip)
Categoría chupetes: gratuíta

9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.

11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.

12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito
de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a
Organización en caso de dúbidas.

13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un quilo de
comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha
carreira solidaria.

15.- A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas
participantes a partir das 12:30h.

16.-Dereitos de imaxe:
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a
publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou
internet. O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde
relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante
admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera
formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet,
carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen aos
organizadores (Atletismo +9 Moraña, Moraña en Ruta e Concello de Moraña).

17.- Outras consideracións:
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas
categorías escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán
comunicadas aos participantes. Calquera aspecto non recollido neste regulamento
resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, para probas en
ruta en vigor. A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que
os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destes nas
probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan
extraviarse ou danarse. Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o
presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.

[ Go Back ]