Calendario
Ver carrera

Moraña

15/11/2026 9:00

[ Go Back ]

Descripción II Trail Monte Acibal
O Club Atletismo +9 Moraña e a Comunidade de Montes en Man Común de Amil, organiza a II edición do Trail Monte Acibal, o domingo 15 de noviembre de 2026 a partir das 09:00 horas constando de tres probas de carreira oficiais para o Ranking Galego, e outra carreira para os mais pequenos.
As proba están dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
En adultos disputarase sobre 3 distancias trail (21, 15 e 9 km aprox.) estando aberta a proba de 9 km a categorías inferiores a partir de 14 anos , tamén haberá unha carreira para as categorías sub12 e sub 14 de 5 km, e outra de 1 km para os mais pequenos, categorías sub8 e sub10.

REGULAMENTO:

TRAIL MONTE ACIBAL

Artigo 1.- Lugar de saida das probas:
As probas sairán desde a Casa Cultural de Amil.
- Casa Cultural Amil, A Chan, 36669 Moraña, Pontevedra
- https://maps.app.goo.gl/NRN7p7NGFcNtCHLb8

Artigo 2.- Horarios e distancias:

O Trail Monte Acibal terá os seguintes horarios e distancias:

- Control de material obrigatorio na saida de 08:20 a 08:50 h.
Saida 09:00 h.
Trail Longo (Classic): Desafío Acibal, 22 km aprox., 1.200 m +

- Control de material obrigatorio na saida de 09:00 a 09:20 h.
Saida 09:30 h.
Trail Medio (Classic): Desafío Acibal, 16 km aprox., 700 m +


- Control de material obrigatorio na saida de 09:20 a 09:50 h.
Saida 10:00 h.
Trail Curto (Preclassic): Desafío Amil, 8 km aprox., 500 m +

- 10:30 h.
Minitrail: 5 km., 300 m +

- 11:00 h.
Pequetrail: 1 km, 100 m +

Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da saída.

Artigo 3.- Limite de prazas:

- Trail Longo: Desafío Acibal, 2006 e anteriores, absoluta 200 inscritos (modalidade Classic).

- Trail Medio: Desafío Acibal, 2006 e anteriores, absoluta 200 inscritos (modalidade Classic).

- Trail Curto: Desafío Amil, 2011 e anteriores, absoluta 200 inscritos (modalidade Preclassic).
- Minitrail: de 2013 a 2016, 100 inscritos (categorías sin ranking nesta modalidade)
- Pequetrail: de 2017 a 2020, 100 inscritos (categorías sin ranking nesta modalidade)

Artigo 4.- Categorías de competición.

- Categorías individuáis para a distancia do trail longo.
- Sénior M/F: de 2006 a master.
- Master A M/F: Nados entre 1991 e 1981.
- Master B M/F: Nados entre 1980 e anteriores.
- Absoluta M/F: Todas as categorías.

- Categorías individuáis para a distancia do trail medio.
- SUB 23 M/F: Nados entre 2004 e 2006.
- Sénior M/F: Nados entre 2003 a master.
- Master A M/F: Nados entre 1991 e 1981.
- Master B M/F: Nados entre 1980 e anteriores.
- Absoluta M/F: Todas as categorías.

- Categorías individuais para a distancia do trail curto.
- SUB 16 M/F: 2011 – 2012.
- SUB 18 M/F: 2009 – 2010.
- SUB 20 M/F: 2007 – 2008.
- Sénior M/F: 2006 e anteriores.
- Absoluta M/F: Todas a categorías anteriores.

- Categorías individuais para a distancia do mini trail.
- SUB 12 M/F: 2015 – 2016
- SUB 14 M/F: 2013 – 2014

- Categorías individuais para a distancia do pequetrail.
- SUB 8 M/F: 2019 - 2020
- SUB 10 M/F: 2017 - 2018

Artigo 5.- Ranking Galego de Trail Running.

- Os participantes federados optarán á bonificación correspondente como proba Serie Prata dentro do ranking galego de Trail running nas seguintes modalidades:
- Proba Longa, 22k: Ranking Classic, Absoluto e Master.
- Proba Media 16k: Ranking Classic, SUB 23
- Proba Curta, 9k: Ranking Preclassic Sub 20, Sub18 e Sub 16.

Artigo 6.- Participación e Seguro / Licenza de día.

- Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes subscribirase un seguro (licenza de día).

Artigo 7.- Tempos máximos de realización das probas.

- Trail longo: Desafío Acibal, 22 km, 4 horas.
- Trail medio: Desafío Acibal, 16 km, 3 horas.
- Trail curto: Desafío Amil, 9 km, 2 horas.
- Minitrail: 5 km, 1 hora.
- Pequetrail: 1 km, 30 min

Artigo 8.- Inscricións, prezos e plazos.

- As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal .
- Apertura de inscricións 11 de setembro de 2026.
- Peche de inscricións: 11 de novembro de 2026.
- Prezo da inscrición:
Tramo 1, do 11 de setembro o 11 de outubro.
- Trail longo: 16 €.
- Tral medio: 10 €
- Trail curto: 8 €.
- Minitrail: 3 €.
- Pequetrail: 1 €
Tramo 2, do 11 de outubro o 11 de novembro
- Trail longo: 20 €.
- Trail medio: 15 €
- Trail curto: 10 €
- Minitrail: 5 €.
- Pequetrail: 2 €

Artigo 9.- Recollida de dorsais.

Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:

- Domingo 15 de novembro: a partir das 07:00 h e ata 15 minutos antes do comenzo de cada proba no lugar de saída.

Artigo 10.- Premios e agasallos.

- Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
- Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos das
probas de Trail Curto, Medio e Longo.
- AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
- A entrega de premios realizarase a partir das 13:00 horas aproximadamente na Casa Cultural de Amil.
- Premios NON acumulativos.

Artigo 11.- Abastecementos.

Haberá 1 punto de abastecemento no trail medio e 2 puntos de abastecemento no Trail Longo, e na meta das tres modalidades. Será responsabilidade do deportista portar sistema de hidratación para facer uso dos mesmos.

- Abastecemento trail medio, Apedrado: km 8,6 aprox (líquido e sólido)
- Abastecemento 1 trail longo, Pastizal: km 7 aprox. (líquido e sólido);
- Abastecemento 2 trail longo, Apedrado: km 14 aprox. (líquido e sólido);
- Avituallamento META (todas as probas): (líquido e sólido).
- A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará permitida.
- As zonas de abastecemento estarán acoutadas en inicio e fin. Non estará permitido
abandonar o abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as
posibles ‘codias’ de froita como poden ser mondas de plátano ou laranxa.

Artigo 12.- Material obrigatorio.

O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descualificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
- Listaxe de material obrigatorio:
- Dorsal visible na parte frontal.
- Manta térmica.
- Chifre.
- Teléfono Móbil (operativo).
- Sistema de hidratación, (trail longo e medio,Classic).
- Listaxe e material recomendado:
- Curtaventos ou chaqueta impermeable.

Artigo 13.- Información complementaria.

O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumprir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Do Acibal garanta un
uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.

Artigo 14.- Normativa

- Aceptación do regulamento

Todas/os as/os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.

[ Go Back ]